FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2015

O rosaleiro Raúl Fernández, Medalla de Bronce no Campionato de Galicia


Tal e como podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o pasado domingo 27 de decembro "disputouse en Ferrol o Campionato de Galicia de Ciclocross con dous novos podiums, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González".

Dende o CC. O Rosal recálcase que "Comezaba a categoría de Promoción e como xa vén sendo habitual o infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como o nome o di, ésta e unha categoría de promoción, polo que non lle foi adxudicado o Subcampionato de Galicia. O seu compañeiro Iago Álvarez chegaba un chisco máis retrasado e entraba no 7º posto".

"Continuaba a categoría Cadete e María Correa loitaba o indecible pero tiña que contentarse co 6º posto da clasificación, o mesmo que Mario Fernández quen tamén noutra grande loita, acadaba o 5º posto.

En Júnior os nosos representantes estaban ao nivel habitual e Xoel Villa entraba na 15ª posición, Adrián Santomé na 16ª i Ero Sobrino vítima de dous pinchazos, na 17ª.

En Féminas era Zaida a que nos voltaba a dar outra alegría ao conquistar ese Subcampionato que tanto loitou durante toda a carreira e que sen dúbida merecía. Parabéns Zaida".

Para rematar, afírmase dende o Club Ciclista O Rosal, "non podemos deixar de comentar que o "gran" Raúl Fernández agora enrolado no SuperFroiz, tamén se levaba a Medalla de Bronce en Sub23".


A Cabalgata dos Reis Magos en O Rosal sairá do Calvario o 5 de xaneiro



A Cabalgata dos Reis Magos no Rosal dará a saída o vindeiro martes 5 de xaneiro ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario co seguinte percorridoO Calvario (10.00h), Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Martín (11.00h), Viso dos Eidos, Novás (11.15h), Parada, Marzán (11.40h), Sanxián e Portecelo (12.00h), Cachada, Fecha (12.50h), Pancenteo, Cunchada, Pías (13.30h). Tabagón (15.20h), A Portela, Eiras, Morán (16.20h), Valdemiñotos, Couselo (16.35h), A Lomba, Urgal, Barrio Novo (16.50h), Cumieira de Abaixo, Cumieira de Arriba, Sandián.

A partir das 17.00 horas na Praza do Calvario recibirase aos Reis Magos e para rematar, disfrutarase dunha Gran Chocolatada.

16 dic 2015

A rosaleira Eva Baz Cerqueira presenta unha comunicación en Barcelona


A rosaleira Eva María Baz Cerqueira (á esquerda da imaxe) vén de realizar unha tesina de final de carreira sobre a arquitectura mariñeira no barrio da Marina en A Guarda, co título Barrio de A Marina. Descaracterización o evolución


Segundo confesa a Noticias O Rosal, Eva escolleu a realización deste traballo "por sentirme identificada con este lugar, xa que parte das miñas raíces están na Marina".


Eva María Baz, xunto coa súa compañeira lusa Renata Sousa Monteiro, que realizou o traballo A rua e as meias casas de pescadores de Caminha, elaboraron unha comunicación para participar nas "XXXVIII Jornadas Internacionales sobre la Intervención en el Patrimonio Arquitectónico" que se celebran dende mañá, xoves 17, ata o domingo 20 de decembro en Barcelona


A organización corre a cargo do Col·legi d'Arquitectes de Catalunya e a Agrupació d'Arquitectes per a la Defensa i la Intervenció en el Patrimoni arquitectónica, este ano centrándose na "Arquitectura Tradicional: Essència o Forma".


O obxectivo desta intervención é dar a coñecer entre as dúas participantes "o patrimonio que temos, e que en moitos casos non valoramos, evaluando os procesos evolutivos das casas mariñeiras tanto en A Guarda como en Caminha, para poñer en cuestión en que momento se pode chegar a perder por completo este patrimonio, non protexido".


Tanto Eva, a nosa veciña do Rosal, como a súa compañeira caminhense Renata, cren que é necesaria "a concienciación tanto da comunidade mariñeira como das partes intervintes para a protección, tanto do patrimonio material como inmaterial, para que así pervivan a memoria e con ela a identidade".

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa a Eva e a Renata e moita sorte!

14 dic 2015

O Zampalibros, musical infantil didáctico, o 26 de decembro en O Rosal


O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o vindeiro sábado 26 de decembro (18:00 horas) a xira do espectáculo teatral didáctico e musical, O Zampalibros (para todos os públicos).

Trátase do proxecto de fin de estudos do actor e produtor rosaleiro Javier Lago Martínez, quen realizou interpretación textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

As entradas están á venda na Xoguetería Galopín de O Rosal a un prezo único de 6 €.

Velaquí vos deixamos o "teaser" de Zampalibros.

A II Carreira Popular San Silvestre O Rosal será o 31 de decembro de 2015


A II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal 2015 terá lugar o xoves 31 de decembro, organizada polo Concello, coa colaboración do Comercio da vila.

Inscricións (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000, no Facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es


3 dic 2015

O Club Ciclista O Rosal segue colleitando éxitos en Galicia e Portugal

Iago, Mario, Zaida, María e Diego. (Fotos: Club Ciclista O Rosal)

A guardesa María Correa e o rosaleiro Mario Fernández, ambos pertencentes ao Club Ciclista O Rosal, son os actuais líderes da Copa Galicia de Ciclocross, con Zaida González moi ben situada tamén no segundo posto en categoría júnior.  


Segundo se pode ler na web da Federación Galega de Ciclismo, "Paulo González, en Élite e Sub 23 masculino, e María Correa, Cadete feminino, situáronse como novos líderes nas súas categorías despois da disputa da terceira proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocross celebrada o pasado sábado en Dumbría. 


Na idade Junior non hai variacións en ambas clasificacións. Sara Trigo (Salvaterra) non puido lograr a súa terceira vitoria consecutiva. Rematou segunda e mantivo o maillot de líder. Ten 420 puntos e unha diferencia de 80 respecto a súa inmediata perseguidora Zaida González (C.C. O Rosal). María Rodríguez (Coruxo) é terceira con 270. 


María Correa aproveitou en Cadete feminino a ausencia de Carla Fernández (Redondela) para asaltar o liderado. A do conxunto do Rosal manda agora con 300 puntos, 30 máis que Carla e Ana Belén Domínguez (Marín). Na competición masculina outro representante da formación rosaleira, Mario Fernández, conserva o trono, pero Adrián Barros (Coruxo) recurtou distancia e situouse a 30. Jacobo Álvarez (Redondela) completa o podio con 260".


A Copa Galicia de Ciclocross regresará este domingo día 6 de decembro en Boiro coa súa cuarta proba puntuable. 

Por outro lado, comezou a Taça de Portugal, cos tres primeiros podiums para o Club Ciclista O Rosal, con Diego Santomé (2º), María Correa (3ª) e Zaida González (3ª).

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa ao club da vila e a todos os seus integrantes. Que veñan moitos máis éxitos! 

2 dic 2015

Concerto da Agrupación Musical do Rosal na honra da súa patroa, Santa Icía



Por medio da presente informamos da programación que se vai realizar con motivo da celebración de Sta. Icía (patroa dos músicos) e das festas do Nadal.

Sábado, 5 de decembro
• 18,30 h. Misa na honra da nosa patroa na Igrexa Parroquial de Santa Mariña acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

• 20,30 h. Concerto de Santa Icía a cargo da banda de música Agrupación Musical do Rosal coa incorporación dos novos músicos, baixo a batuta do seu novo director José Javier Bascoy Iglesias, que interpretarán un programa centrado na música de orixe celta e irlandesa.

• 22,30 h. Cea-Baile no Restaurante Juan - O Rosal. Prezo: 20,00 €
Menú: aperitivos, langostinos á prancha, carrilleiras de tenreira, postre, café e chupitos.

O importe da cea terá que ser aboado por todas as persoas que desexen asistir. Os interesados poden anotarse na oficina ata o día 2 de decembro.

Venres, 11 de decembro
• 20,30 h. Audición de adultos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Venres, 18 de decembro
• 20,00 h. Audición de alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Sábado, 19 de decembro
• 20,30 h. Audición de alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Domingo, 20 de decembro
• 18,00 h. Festival de Nadal a cargo do Coro Infantil, Coro de Voces Brancas Medio Tempo, Minibanda, Banda Infantil e nenas/os de Iniciación Musical. Durante o transcurso do acto realizarase a entrega dos premios do I Concurso Infantil de Carteis de Nadal. Tamén estarán expostos na entrada principal do auditorio os carteis dos gañadores e finalistas do concurso.

Sábado, 26 de decembro
• 19,00 h. Concerto de Nadal na Igrexa do Rosal a cargo da Coral da Agrupación Musical do Rosal (será ao rematar a misa diaria).

Domingo, 27 de decembro
• 17,00 h. Nestes momentos aínda non está confirmado (debido a un posible sorteo), pero posiblemente a Coral da Agrupación Musical do Rosal participará no XIII Concurso de Corais da Catedral de Tui.

Domingo, 3 de xaneiro
• 17,00 h. Igual que pasa coa Coral de Adultos todavía non está confirmado pero seguramente o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal participe no XVIII Concurso de Villancicos da Catedral de Tui.

Mércores, 6 de xaneiro
• 18,30 h. Concerto de Reis, a cargo da banda da Agrupación Musical do Rosal

Informamos que como todos os anos dende a Agrupación xogamos na Lotería do Nadal, esta vez co número 15.668. Pódese adquirir na oficina e nalgúns establecementos da zona.

Tamén temos a venda de novo as tarxetas do xogo do Euromillón. Por tan só 4,00 € que custa cada tarxeta participará nos sorteos dos martes e venres durante todo un ano. ¡Non quedes sen ela!

Os deportistas do Rosal seguen colleitando éxitos en todas as disciplinas

                                                        Óscar Vicente, no máis alto do podium. (Foto: Diario de Mallorca)

O Concello do Rosal dende a súa web, felicita de novo aos seus deportistas máis destacados nas últimas datas, como son Gabriel Marcelli Carballido, Verónica Pérez Pacheco, Óscar Vicente Rodríguez, Diego Santomé Pérez, Mario Fernández Lorenzo, Brayan González Barbosa ou Iván Pereira Pérez.

A Cea de Nadal do Acanor Atlético Novás será o sábado 12 de decembro


Informa: Acanor Atlético Novás de balonmán.

O Acanor Atlético Novás retoma anos despois a Cea de Nadal e celebrará o fin deste 2015 no Restaurante Juan de O Rosal, un dos colaboradores principais do club, o vindeiro sábado 12 de decembro ás 22:30 horas.

Con menú de 25 € para adultos e 15 para nenos e nenas de ata 15 anos, a velada estará amenizada por DJ Guille, con copas a 3 € e ademais haberá photocall, sorteo de premios e moitas sorpresas.

Compra xa a túa entrada en: Bar A Competencia, Alimentación Armán, Comercial Erredos, Restaurante Juan ou no pavillón. Para máis info: 697 480 912.