TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 may. 2014

REPORTAXE DA XIV ANDAINA "VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS"



Este sábado 10 de maio celebrouse a XIV edición do programa de andainas deportivo-culturais que organiza o Concello do Rosal e que levou aos participantes a percorrer a ruta “Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas”.

Estiveron presentes nesta andaina –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, así como os concelleiros Mauro Fernández Teixeira e Mabel Franco Pérez. Igualmente, destacar a participación do recoñecido arqueólogo Pablo Novoa Álvarez, afincado no Rosal.

O punto de encontro e saída desta nova camiñata –guiada polo escritor e investigador local Juan Ramón Martínez Barbosa, na imaxe- foi o Alto de San Vicente (xuradía de Marzán).


Visitáronse os montes do Campo do Couto, onde se chegou ao punto máis elevado do concello do Rosal (546 metros de altitude), cunhas vistas panorámicas impresionantes ao Val e á desembocadura do Miño.

Así mesmo, durante a andaina, se observaron no lugar das Cortes, nas proximidades da Fonte do Home, os petróglifos –gravados cruciformes- de época histórica (séculos IV-V d. C.).

0 comentarios:

Publicar un comentario