FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 mar 2013

O ATLETA ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, VENCEDOR DO PRESTIXIOSO DUATLÓN DE AVIGNON (FRANCIA)

Foto: Christophe Guiard

O atleta rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez vén de impoñerse no Duatlón Avignon -primeira proba do Gran Prix de Francia, o circuito nacional máis prestixioso do mundo- seguido de Emilio Martín, vixente campión mundial, que finalizou en segunda posición, sendo terceiro o subcampión mundial Antoine Duvivier.


Velaquí vos deixamos a última entrada do seu adestrador, Iván Muñoz, que non pode estar máis orgulloso: "Brutal actuación en GP Avignon. 1º Óscar Vicente y 2º Emilio Martín".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Óscar, e que sigas colleitando éxitos e triunfos alá por onde vaias. Parabéns!!

GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO GAÑA A PRIMEIRA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE TRIAL EN 125 CC



Informa: José María Marcelli / Valencia

O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido vén de disputar e gañar esta fin de semana en Bocairent (Valencia) a primeira proba do Campionato de España de Trial en 125 cc, categoría xuvenil.

Foto: (Todo Trial)

Gabriel venceu -nunha competición moi reñida- con 0 puntos, seguido de Pablo Suárez con 1 e terceiro Eric Miquel, con 2 puntos.

A próxima proba para o noso veciño será en Pobladura de las Regueras (León) o 22 de xuño.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa e moita sorte!!

19 mar 2013

EL III TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL U.D. RIBERA CONCELLO DE O ROSAL SE CELEBRA EN A MATA EL SÁBADO 30




El próximo sábado 30 de marzo se celebra el III Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera Concello de O Rosal en el campo de fútbol de A Mata.
  • Los 160 jugadores de trece y catorce años y sus entrenadores comerán juntos en el Restaurante Juan.
  • En esta edición, como novedad, participan equipos de Ourense y Portugal.

Informa: Manuel A. Villa.

Por tercer año consecutivo el campo de fútbol de A Mata acogerá el Torneo Infantil U.D. Ribera Concello de O Rosal
El sábado día 30 de marzo es la fecha escogida por la organización. Se pretende así mantener el día y el formato de las anteriores ediciones.
Este año el cartel lo forman equipos de contrastada calidad en el fútbol base gallego como el Val Miñor, Coruxo, Areosa o Porriño. Como novedad participará un equipo de Ourense y otro de Portugal; Ponte Ourense y Valenciano respectivamente.  No podían faltar el Sp. Guardés (finalista el año pasado) y el Ribera como anfitrión.
La organización invita a todos los equipos a comer en el Restaurante Juan y por la tarde una merienda en las instalaciones deportivas.
Los partidos comenzarán a las nueve de la mañana en fase de clasificación y acabará con la gran final a las siete de la tarde. Habrá trofeos para todos los equipos participantes, para el mejor portero y máximo goleador.
En la pasada edición fueron más de 2000 personas las que pasaron por el campo de fútbol de A Mata.  

La organización dispone de una página web para consultar horarios de los partidos, grupos, etc.    
También se podrá consultar los diferentes menús que, los bares y restaurantes colaboradores, ofertan para ese día.
Para que este evento se pueda realizar es importante la colaboración del U.D. Ribera, Empresas y Casas comerciales e instituciones como Deporte Galego, Diputación y Concello de O Rosal.

O AUDITORIO DO ROSAL ACOLLE ESTE SÁBADO 23 DE MARZO UN CONCERTO DO GRUPO DE PERCUSIÓN ODAIKO




Informa: Monserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical.


O grupo de percusión ODAIKO ofrecerá este sábado 23 de marzo ás 21.00 horas un concerto no auditorio do Rosal no que os instrumentos de percusión serán os protagonistas. Conectando sempre coa música de raíz, Odaiko é unha mestura de boa música cun toque de humor que conecta co público para mostrar de forma entretida e emocionante todo o que se pode crear cos instrumentos de percusión.

O seu espectáculo Galician on board é unha viaxe musical-percusiva a través das diferentes culturas, dende a oriental, africana, latinoamericana ata a percusión tradicional galega.

Con xa dez anos dende os seus inicios, Odaiko participou en numerosos festivais en diferentes países, colabora con diferentes artistas e conta con dous traballos discográficos do seu espectáculo, cd e dvd. O grupo está formado na actualidade por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso, todos eles percusionistas galegos cunha variada formación estilística e experiencia en diferentes formacións instrumentais, e estarán acompañados pola voz de Xiana Lastra.

Este acto está organizado pola Agrupación Musical do Rosal que a pesar de atoparse nuns momentos complicados continúa loitando por fomentar a cultura musical do noso pobo, e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello do Rosal e Comunidade de Montes de Santa Mariña.

Nos vos perdades este fantástico espectáculo!! Esperámosvos.

NOTA. - Informar ó público que habitualmente asiste os nosos actos, que o concerto da banda que estaba previsto para este domingo día 24 queda aprazado para o domingo 7 de abril ás 18,30 h.



18 mar 2013

A BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL, VÉN DE SER GALARDOADA CO PREMIO PROVINCIAL Á CULTURA 2012

Agrupación Musical do Rosal. (Foto: A.M.R.)

Segundo se comunica no seu perfil de facebook, a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal "vén de ser galardoada pola Deputación de Pontevedra co PREMIO PROVINCIAL Á CULTURA 2012, premio que recoñece os méritos de persoaxes e institucións pontevedras en pro do compromiso cultural".

"Premio que nos dá aínda máis forza para seguir mellorando e traballando nestes momentos complicados polo tema económico.

Moitísimas grazas a todos polas felicitacións que levamos recibindo nestes días. Un saúdo, Agrupación Musical do Rosal".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!




16 mar 2013

HOXE CELÉBRASE A II OLIMPIADA DE FUTBOLÍN E KARAOKE. O ROSAL 2013




Hoxe, sábado 16 de marzo, a partir das 21:00 horas celebrarase a II Olimpiada de Futbolín e Karaoke O Rosal 2013.
Lideran o ranking e a clasificación xeral destas olimpiadas Luis Martínez Pereira e Daniel Portela Pereira, con 40 puntos, tras a súa brillante actuación na I edición que tivo lugar o 26 de xaneiro (Campións en Futbolín e Terceiros en Fifa 2013).
O evento está organizado polo Bar Troya (Marzán-O Rosal) e a web sociocultural galega Homeclaro.com (de momento en Facebook, Twitter e Youtube), que vén de colaborar –entre outros- co Bar O Chancarello (A Guarda) ou co club Mecalia Atlético Novás de balonmán (Primeira División Nacional).
Minutos antes do comezo da II Olimpiada se realizará un pequeño acto de entrega de premios e diplomas de anteriores campionatos.
            A partir das 0:00 horas en diante, “Session by Dj Trinta”.

CLASIFICACIÓN FINAL I OLIMPIADA O ROSAL FUTBOLÍN-FIFA 2013

FUTBOLÍN
1º: WACHINIS (Dani e Luis): 25 puntos.
2º: OKLAHOMA THUNDER JANDER (Tuka e Juan): 18 puntos.
3º: GAAAASSSS (Trinta e Carlos): 15 puntos.
4º: SANTIYORS (Santi e Yors): 12 puntos.
5º: PIM PAM GOL (Adri e Pini): 10 puntos.
6: MINI DÚO (Marcos Diego e Braian): 8 puntos.
7º: NO MAR (Quesy e Gus): 6 puntos.
8º: GERA-DEIVIS (Gera e David): 4 puntos.
9º: MINI DÚO 2 (Marcos López e Carlos Diego): 2 puntos.
10º: INTER NADOS (Pipu e Peter): 1 punto.

FIFA 2013

1º: PARIS SAINT GERMAIN (David e Adri): 25 puntos.
2º: F.C. BARCELONA (Tuka e Juan): 18 puntos.
3º: MANCHESTER UNITED (Dani e Luis): 15 puntos.
4º: ZENIT (Santi e Yors): 12 puntos.
5º: CHELSEA (Marcos López e Carlos Diego): 10 puntos.
6: MANCHESTER CITY (Gera e David): 8 puntos.
7º: REAL MADRID (Marcos Diego e Brian): 6 puntos.
8º: BAYERN MUNICH (Trinta e Carlos Díaz): 4 puntos.
9º: NO MAR (Quesy e Gus): 2 puntos.
10º: INTER NADOS (Pipu e Peter): 1 punto.

  
CLASIFICACIÓN XERAL I OLIMPIADA 
FUTBOLÍN-FIFA 2013

1º.- Dani e Luis: 25 + 15. Total: 40 puntos.
2º.- Tuka e Juan: 18 + 18. Total: 36 puntos.
3º: Adri e Pini: 10 + 25. Total: 35 puntos.
4º.- Santi e Yors: 12 + 12. Total: 24 puntos.
5º.- Trinta e Carlos Díaz: 15 + 4. Total: 19 puntos.
6º.- Marcos Diego e Braian: 8 + 6. Total: 14 puntos.
7º.- Gera e Deivis: 4 + 8. Total: 12 puntos.
8º.- Marcos López e Carlos Diego: 2 + 10. Total: 12 puntos.
9º.- Quesy e Gus: 6 + 2. Total: 8 puntos.
10º.- Pipu e Peter: 1 + 1. Total: 2 puntos.

6 mar 2013

PÍAS CELEBRA A TRADICIONAL FEIRA DE SAN GREGORIO OS DÍAS 9 E 10 DE MARZO




Os días 9 e 10 de marzo celébrase en Pías (San Miguel de Tabagón-O Rosal) a tradicional Feira de San Gregorio, avogado da cabeza e o estómago.
Este é o programa:

EXPOSICIÓNS
-Exposición de escultura e obras do escritor Praxíteles González, que presentará o seu novo libro Yo también fui contrabandista en el Estuario del Miño.
-Exposición de pintura a cargo de Jesús Rodríguez Alfonso.
-Exposición de encaixe de palillos e palillada.
-Exposición e venda de antigüidades.
Celebrarase a VIII Feira de Artesanía.

ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA DE SAN GREGORIO
Sábado 9 de marzo: ás 20:15 horas, Misa rezada.
Domingo 10 de marzo: ás 10:00 horas, misa rezada. E ás 12:00 horas, Misa Solemne con sermón e procesión, acompañada polo grupo de galitas A Boalleira.

SÁBADO 9 DE MARZO
-O grupo de gaitas A Boalleira percorrerá as rúas do pobo.
-A partir das 17 horas, espectáculo de cetrería (aves rapaces).
-Ás 18 horas, actuación para nenos/as e pais/nais do Grupo de Animación Infantil "Xerpo Cultural".
Apertura da Cantina, coa degustación de viños das adegas do Rosal, acompañados de queixo, chourizos, empanadas e venda da tradicional Rosca de Roxóns (xa na XVI edición). Amenizará a Feira a charanga "Os Da Orde".

DOMINGO 10 DE MARZO
-Polbo á feira todo o día.
-Pola mañá, actuación do grupo de gaitas A Boalleira.
-A partir das 18 horas, actuación do grupo de pandereteiras do Rosal, Ir e Vir.
-Ás 19:30 horas, actuará o grupo folk de Tui, A Nosa Xente.

5 mar 2013

HOMENAXE A PABLO HERBELLO, ESTE SÁBADO 9 DE MARZO A PARTIR DAS 19:00 H., NO PAVILLÓN MUNICIPAL DO ROSAL




Tal e como se pode ler no evento creado polo Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial de facebook, este sábado 9 de marzo ás 19:00 horas celebrarase unha "nova xornada de liga, a número 20".

"Partido moi importante e ante un rival que chega a O Rosal con bos números na segunda volta (Seis do Nadal), e aínda que as posibilidades de clasificarse para a fase de ascenso sexan mínimas, poden ser xuíz neste último tramo de competición. A súa primeira víctima foi o sábado pasado o Construccións Solla, que só puido lograr un punto no seu feudo". 

"O significado especial deste partido virá ao final, onde ao remate dos 60 minutos realizaráselle a Pablo Herbello unha máis que merecida homenaxe na que estarán presentes compañeiros e ex compañeiros que tivo na súa longa etapa no Rosal". 

4 mar 2013

A FEIRA DE ARTESANÍA ARTE-PAI TERÁ LUGAR OS DÍAS 23 E 24 DE MARZO NA PRAZA DO CALVARIO (O ROSAL)




O sábado 23 e o domingo 24 de marzo celébrase na Praza do Calvario, de 10 da mañá ás 9 da noite, ARTE-PAI. O ROSAL 2013, organizado por ARCO Baixo Miño.

Haberá exposición e venda de arte e artesanía. O sábado 23 de marzo a partir das 12 da mañá, actuará a Charanga 5+1, con obradoiros infantís sobre as 4 da tarde.

Xa o domingo 23, ás 16 horas, actuación de Orquestra Cé Pantasma.

No recinto poderanse atopar stands solidarios: mercado solidario, recollida de alimentos e Banco de tapóns. 

ARTE-PAI contará con oferta gastronómica e sorteos.

O DOMINGO 17 DE MARZO CELÉBRASE O I TORNEO ESCOLAR DE TENIS CONCELLO DO ROSAL, NAS PISTAS DE PÍAS E A MATA


Por mor do mal tempo do día 10, finalmente será o vindeiro domingo 17 de marzo cando se celebrará nas Pistas polideportivas de Pías e no colexio da Mata do Rosal o I Torneo Escolar Concello do Rosal, de 9:30 a 14:30 horas. Participarán rapaces e rapazas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Trátase dun torneo benéfico, sendo a inscrición 2 quilos de comida non perecedoira (lentellas, arroz, etc). Información: 680 124 239 ou ben no correo edtorosal@hotmail.es

Haberá regalos para todos os participantes, sorteo e entrega de trofeos.