FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 nov 2012

PRESENTACIÓN NA PRAZA DO CALVARIO DA CAMPAÑA "MERCA NA RÚA" NO ROSAL




Segundo se pode ler na web do Concello "O pasado luns comezou a campaña “Merca na rúa” no Rosal. A súa finalidade é dinamizar o comercio local, incentivando o consumo no pequeno comercio no Rosal e durará desde o 26 de novembro ao 7 de decembro. É promovida e organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra a través da Oficina Provincial de Comercio  REDIC.



A campaña foi presentada polo deputado provincial Pablo Baquero e o alcalde do Rosal,  Jesús Mª Fernández Portela. Asistiron tamén as concelleiras de Cultura e Servizos Socias e o presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal, ACOR. 

Nunha pequena carpa situada na Praza do Calvario, informarase das bases que regulan a participación nesta campaña e do sorteo dos premios, que terá lugar o último día da campaña, o 7 de decembro na Sala de exposición do Concello".

BINGO SOCIAL E BAILE A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL





Informa: Iván Diego Martínez / A. Musical do Rosal

Este sábado, no salón do Restaurante Juan, BINGO-BAILE SOCIAL para recaudar fondos para a Agrupación Musical do Rosal, despois de que a Xunta de Galicia lle quitara a subvención de máis de 20.000€ que viña recibindo nos últimos anos.

Tralo bingo, unha gran festa con prezos máis que populares, a partir das 22:00h e cunha gran pantalla xigante para non perderse tampouco ese interesante Real Madrid - Atlético de Madrid. Pásate e colabora para poder seguir mantendo viva esta Agrupación.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE LORENA GONZÁLEZ SOBRE O MOSTEIRO DE OIA



Durante todo o mes de decembro Lorena González expón as súas fotografías na Sala de Exposicións do Concello de O Rosal (Praza do Calvario) sobre o Mosteiro de Oia.

Estará aberta ao público dende o 1 de decembro ata o día 31 de decembro de 2012 en horario de 10h a 13h de luns a sábado.

Lorena González, natural do concello oiense preséntanos novas pespectivas e enfoques dun ben tan cercano a nós e tan descoñecido. Unha visión que a artista quixo plasmar captando co seu obxetivo o grande lirismo e, por veces, misterio dos recunchos do Mosteiro de Oia, a xoia cisterciense da comarca, nunha mostra de espectaculares fotografías que convidamos a visitar.

Esta exposición permítenos acceder ao recinto privado e descubrir este monumento arquitectónico en pedra, declarado Monumento Histórico Artístico en 1931, e que é un exemplo claro da austera arquitectura cisterciense e único de esa orde no litoral. Construido en 1132 baixo o mandato do Rei Alfonso VII, foi un importante baluarte defensivo ante as constantes invasións marítimas e grande centro de poder na zona do Val do Miño, Miñor e aredores, chegando incluso a gran parte do Norte de Portugal.

28 nov 2012

O NOVÁS XOGA HOXE UN AMIGABLE NA CAÑIZA. HORARIOS DA FIN DE SEMANA



Segundo se pode ler no perfil oficial do facebook e no twitter do Mecalia Atlético Novás, o equipo senior desprazarase hoxe ata A Cañiza para disputar un amigable contra a escuadra que dirixe José Ramón Baldo. Igualmente estes son os horarios definitivos para esta fin de semana do 1 e 2 de decembro:

- Primera Nacional: MECALIA AT. NOVÁS - OAR A CORUÑA 1/12/12 19:00 h. Pabellón Municipal de O Rosal.
- Primera Autonómica: VIÑA COSTEIRA - 4MIÑO AT. NOVÁS 01/12/12 18:00 h. Pabellón Municipal de O Consello.
- 2ª División Gallega Cadete: BM TUI - AT. NOVÁS 01/12/12 18:30 h. Novo Pabellón Tui.
- Autonómica Infantil Masculina: AT. NOVÁS Descansa.
- Provincial Alevín Mixto: AT. NOVÁS - AT. GUARDÉS 30/11/12 18:00 h. Pabellón Municipal de O Rosal.

27 nov 2012

XAVI DÍAZ VOLVE A GALICIA CO SEU NOVO EQUIPO, O BM VILLA DE ARANDA (BURGOS)


Xavi Díaz coa súa nova equipación (Foto: Club BM Villa de Aranda)

O rosaleiro Xavi Díaz, volve a Galicia o próximo sábado 8 de decembro para disputar un novo partido da ASOBAL (máxima categoría do balonmán nacional e considerada por moitos como a mellor liga do mundo) co seu flamante equipo, o Club BM Villa de Aranda (Aranda de Duero-Burgos).

O porteiro de Fornelos enfrontarase para a semana aos seus antigos compañeiros do Academia Octavio de Vigo, pero antes ten un compromiso este sábado, día 1 no Pol. Príncipe de Asturias de Aranda de Duero contra o ARS Palma del Río (Córdoba).

Velaquí vos deixamos o enlace á entrevista que Xavi Díaz concedeu á Radio Municipal de Tui, onde fai un repaso da súa estadía en Burgos co seu novo club e as sensacións que ten para o próximo compromiso fronte ao seu ex-equipo.

NOVOS ARTISTAS DO BAIXO MIÑO, NA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DA CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE ESTÁS (TOMIÑO)



O Calvario baixo o Arco da Vella. (Foto: Juan Ramón Martínez)

A Cafetería do Centro Social de Estás (Tomiño) acollerá dende este mércores 28 de novembro ata o domingo 23 de decembro, unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes do Baixo Miño e Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia traspasa fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía).

Chalés adosados. (Foto: Chus López)

Sara Gándara, Chus López, María Pérez e Juan Ramón Martínez, son os catro autores dunhas instantáneas que principalmente amosarán lugares ben coñecidos da Comarca e -outros tamén por descubrir- do noso fértil e fermoso territorio galego, pero iso si, dende unha óptica moi diferente á cotidiá.

A exposición estará aberta todos os días, en horario da cafetería, dende as 10:30 horas da mañá.

26 nov 2012

O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTUOU NA VILA DA GUARDA E SEGUE COLLEITANDO ELOXIOS POLA SÚA VOZ


(Foto: Pablo González/TVG)

O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso "Recantos" do Luar-TVG, ven de actuar, tamén en solitario, nas Festas de San Cayetano, na Guarda.



En concreto, foi o sábado 24 de novembro, como colofón e con motivo da celebración da Romaría de Santa Catalina, na Cruzada, despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina.

Coa famosa cantante Lolita, en Luar

José Pérez, que ven de clasificarse para unha nova fase no concurso da Televisión de Galicia, coa canción "Xúrame", de Juan Camacho, intentará de novo sorprender ao público -e á audiencia- co coñecido tema "Libre", de Nino Bravo.

José co cantante Francisco, que nos consta, o felicitou pola súa gran voz

¡¡Dende Noticias O Rosal, desexámoslle moita sorte!!

O AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL ACOLLE "O SEÑOR DAS DUNAS", UN ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN CON AREA



Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, o domingo 2 de decembro a partir das 18:00 horas celebrarase no Auditorio Municipal un espectáculo de animación con area, denominado "O señor das dunas".


22 nov 2012

HORARIO DAS CATEGORÍAS DA U.D. RIBERA DE FÚTBOL PARA ESTA FIN DE SEMANA (24 E 25 DE NOVEMBRO)


Velaquí vos deixamos o horario das diferentes categorías da U.D. Ribera

Destacar que o equipo senior e o xuvenil xogarán na casa (Estadio Municipal da Mata). O primeiro, disputará o seu encontro o domingo 25 de novembro ás 16:15 horas e o segundo, o sábado 24 ás 16:00 horas.

O feminino desprázase ata Arcade, os cadetes xogan contra o Racing Castrelos B, o infantil contra o Oiense C.F., o alevín fronte ao A.C. Tomiño B e o benxamín contra o ERizana C.F. B.

A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL "MERCA NA RÚA" CHEGA A O ROSAL





Informa: 
Alma María Pérez Aguiño
Coordinadora Oficina Provincial de Comercio REDIC


A Campaña de Dinamización Comercial "Merca na rúa" chega a O Rosal o luns 26 de novembro. Estará tamén en cinco concellos da nosa provincia.

Este é o cuarto ano que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia se unen para poñer en marcha “Merca na Rúa”, unha campaña de dinamización comercial que desde o ano 2009 leva xa percorridas 20 vilas da provincia de Pontevedra e repartidos 60.000€ en vales de compra entre 520 persoas agraciadas.

Trátase dunha actividade dinamizadora do comercio que trata de actuar como revulsivo e incentivar o consumo no comercio local. Xunto co programa formativo “Vende máis Nadal” e as diferentes accións que se están desenvolvendo nos mercados municipais co programa “Rías Baixas, Territorio Gastronómico”, o compromiso da institución provincial e o seu apoio decidido ó binomio turismo - comercio como sectores fundamentais na actividade económica das Rías Baixas

A campaña “Merca na Rúa” busca principalmente fomentar as ventas e incentivar o consumo no comercio local. Promocionar o comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo, animar as rúas comerciais das vilas e premiar a fidelidade dos clientes do pequeno comercio.

Esta iniciativa, enmárcase dentro das actuacións a desenvolver pola Deputación de Pontevedra tralo compromiso acadado coa sinatura dun importante convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia centrado en traballar en prol do modelo comercial de Galicia, o comercio de proximidade.

“Merca na Rúa” estase desenvolvendo en 5 vilas da nosa provincia. Terá unha duración de 2 semanas en cada unha e repartirá 2.450€ en vales de compra para mercar no comercio local de cada unha das 5 localidades.

Os obxectivos específicos desta campaña son:

-        Animar as rúas comerciais das vilas, dar a coñecer o comercio local e fomentar o asociacionismo entre os comerciantes.
-        Incentivas o consumo no comercio local.
-        Mellorar a imaxe do espazo comercial e dos establecementos que o forman.
-        Potenciar os centros das vilas como lugares de referencia para as compras. Dinamizalos xa que o comercio da vida ás rúas.

Para acadar estes obxectivos, levarase a cabo unha importante campaña publicitaria e de difusión das actuacións de “Merca na Rúa” de xeito que teña a máxima participación posible e os participantes sexan os máis posibles.
  

ANTECEDENTES

1ª edición. Ano 2009

Orzamento 55.000€
Concellos nos que se levou a cabo: O Grove, Ponteareas, Gondomar, Pontecaldelas, A Estrada.

2ª edición. Ano 2010

Orzamento 125.000€
Concellos nos que se levou a cabo:Forcarei, Cambados, Poio, Redondela, Valga, Porriño, Tui, Silleda, Cangas do Morrazo e Caldas de Reis.

3ª edición. Ano 2011

Orzamento 60.000€
Concellos nos que se levará a cabo:Cuntis, Ribadumia, Soutomaior, Nigrán e Vilagarcía de Arousa.

4ª edición. Ano 2012

Orzamento 50.000€
Concellos nos que se levará a cabo: Meaño, Bueu, Illa de Arousa, O Rosal e Sanxenxo.

CONCELLO
DURACIÓN DA CAMPAÑA
SORTEO DOS VALES DE COMPRA
MEAÑO
12 ó 24 de novembro
-----------
BUEU
19 de novembro ó 1 de decembro
1 de decembro
O ROSAL
26 de novembro ó 8 de decembro
7 de decembro (20:00h)
ILLA DE AROUSA
26 de novembro ó 7 de decembro
8 de decembro
SANXENXO
3 ó 15 de decembro
15 de decembro





DINÁMICA DA ACTIVIDADE

A dinámica que seguirá a campaña “Merca na Rúa” en cada unha das vilas nas que se desenvolva será a seguinte:

-      Entre o luns e o martes da primeira semana, uns promotores repartirán entre os comercios interesados en participar de cada vila: cartelería e folletos publicitarios para informar e publicitar a actividade.
-      Estes promotores actuarán como dinamizadores da campaña “Merca na Rúa” durante as dúas semanas de duración da mesma en cada localidade. Instalarase unha pequena carpa da organización nun lugar céntrico de cada vila a modo de punto de información no que haberá tamén material publicitario da campaña.
-   Os consumidores que queiran participar nos sorteos dos vales de compra deberán presentar aos promotores dinamizadores ou na carpa da organización da campaña “Merca na Rúa”, os tickets das compras realizadas nos pequenos comercios da localidade correspondente entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 18:30h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra.
-      Os promotores da campaña “Merca na Rúa” selarán aos consumidores o ticket presentado para que non poida ser reutilizado xa que cada ticket dará dereito a un único boleto de participación.
-   A outra metade do boleto será depositado polo promotor/a ou polo propio consumidor nas urnas habilitadas a tal efecto na carpa da organización.
-      O sorteo dos vales de compra se celebrará en cada localidade o sábado da 2ª semana.
-     O sábado da 2ª semana en cada una das 5 vilas, levarase a cabo o sorteo público dos vales de compra por valor de 2.450€€ (20 vales de 100€ e 3 de 150€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ó longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas ó efecto.
-  Durante a festa de peche de campaña, desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e de entretemento dirixidas ós máis cativos.


21 nov 2012

COCIÑA-REPOSTERÍA DE NADAL NO ROSAL





1º.- COCIÑA DE NADAL NO ROSAL

En cada sesión de 2.5 horas realizarase un menú económico consistente en:
· Entrante
· Plato principal
· Postre
Así como a súa presentación na mesa. Aproveitaremos tamén para facer coas sobras ricos e orixinais pratos para aforrar.

Podemos facer en cada sesión:
· Cea de Noiteboa,
· Cea de Fin de Ano
· Cea de Noite de Reis

O prezo de cada sesión é de 11,50€
Realizarase os sábados de 10.00 a 12.30 ou nun día da semana pola tarde-noite...en función do que soliciten os participantes.

2º.- REPOSTERÍA DE NADAL NO ROSAL

¿Queres aprender a facer un bizcoito con forma de árbore de Nadal?

¿Ou un tronco de Nadal?

¿Ou unhas galletas de figuras de Nadal?

Este é o teu obradoiro entón. Sesións de 2 horas de duración para cada unha das receitas.

Cada obradoiro ten un prezo de 8€.

Realizaranse os sábados pola mañá de 10.00 a 12.00 ou un día de luns a xoves de 20.00 a 22.00, o que a maioría escolla. Comezamos en canto teñamos o grupo mínimo.

INSCRICIÓNS NO SERVIZO DE INFORMACIÓN XUVENIL DO ROSAL (986 609450)

ESTE DOMINGO, PRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "LADRÓN E FAMILIA"


Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, o "Teatro do Astracán" presenta na vila a obra "Ladrón e Familia", dirixida por Evaristo Calvo. A función terá lugar este domingo 25 de novembro a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.

Entre os actores poderemos ver a vellos coñecidos como Pedro Brandariz e Fran Campos, Saleta Fernández, Rogelia dos Outeiros, Abrahán Sande ou Alberte Torres.

A ACTRIZ RAQUEL QUEIZÁS OFRECERÁ UN CONTACONTOS ESTE SÁBADO NO ROSAL



Este sábado 24 de novembro a partir das 12 da mañá, na Biblioteca Municipal do Rosal, terá lugar o contacontos "A maleta da avoa", a cargo da actriz Raquel Queizás.


Esta actividade está organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo.

20 nov 2012

HORARIOS DEFINITIVOS DOS EQUIPOS DO ATLÉTICO NOVÁS (24-25 NOVEMBRO)




Segundo podemos ler no perfil oficial de facebook do Mecalia Atlético Novás, estes son os "Horarios definitivos del fin de semana del 24 al 25 de noviembre".

"- Primera Nacional: CISNE BM - MECALIA AT. NOVÁS 24/11/12 17:30. C.G.T.D Xunta de Galicia.
- Primera Autonómica: 4MIÑO AT. NOVÁS - BM RASOEIRO 25/11/12 11:30 Pabellón Municipal de O Rosal.
- 2ª División Gallega Cadete: AT. NOVÁS - BM CHAPELA 24/11/12 12:00 Pabellón Municipal de O Rosal.
- Autonómica Infantil Masculina: S.A.R. "B" - AT. NOVÁS 24/11/12 10:00. La Bombonera.
- Provincial Alevín Mixto: S.A.R. "A" - AT. NOVÁS 24/11/12 10:00 La Bombonera".

RESULTADOS DE TODOS OS EQUIPOS DA U.D. RIBERA (17-18 DE NOVEMBRO)



Segundo podemos ver na web do club de fútbol Unión Deportiva Ribera de O Rosal, estes foron os resultados desta fin de semana (17 e 18 de novembro) en todas as súas categorías.

Destacar o empate do equipo senior en calidade de visitante fronte ao C.D. Ribadelouro, a vitoria do xuvenil contra o S.R. Casablanca ou mesmo as goleadas do equipo alevín por 8-0 ao Racing Vilariño e a do benxamín fronte ao San Cayetano por 4-1.


VÍDEO ÍNTEGRO DA ACTUACIÓN DE JOSÉ PÉREZ EN RECANTOS (LUAR-TVG)



Velaquí vos deixamos o vídeo íntegro da actuación do rosaleiro José Pérez no concurso Recantos do programa Luar da Televisión de Galicia que se emitiu o 16 de novembro deste 2012.

José Pérez, que representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) clasificouse para a seguinte fase coa canción "Xúrame" de Juan Camacho.

Segundo se ven de anunciar e a falta de confirmación da TVG, a súa próxima actuación en Luar será o venres 4 de xaneiro, interpretando a canción "Libre" de Nino Bravo. 

Antes, poderemos ver a José Pérez en directo na Romaría de Santa Catalina, nas Festas da Cruzada (A Guarda) este sábado 24 de novembro, a partir das 20:00 horas e despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina.

14 nov 2012

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A MOSTRA DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE (17-18 DE NOVEMBRO)



O sábado 17 e o domingo 18 de novembro a partir das 18:00 horas celébrase no Auditorio Municipal a Mostra do Festival Primavera do Cine O Rosal 2012.

Proxectaranse o sábado as curtametraxes "O prezo da dote", "33", "Birdboy", "Un paseo polo Tea", "La increíble historia de Macareno y la p milagrosa". Ás 20:00 horas, a longametraxe "Silenciadas" e ás 22:00 horas, "Relatos".


O domingo, poderanse ver as curtametraxes "Dúas letras", "Robin&Robin", "Camiño da memoria", "O bufón e a infanta", "A.G.N.", "Estación decembro". Xa a partir das 20:00 horas, a longametraxe "Doentes". 

13 nov 2012

CELÉBRASE ATA O 17 DE NOVEMBRO A XXVI SEMANA CULTURAL DE PEDORNES


Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

Estase celebrando dende onte, luns 12 de novembro, en Pedornes (Oia) a XXVI Semana Cultural 2012, organizada pola Asociación Cultural San Mamed. 

Obradoiros, campionatos, proxeccións de films, xogos populares ou actuacións musicais, xunto coa XXIX Festa do Magosto (con castañas asadas, viño tinto, refrescos, etc de balde) fan desta Semana de Pedornes unha cita ineludible no panorama cultural do Baixo Miño.

Colaboran o Concello de Oia, a Comunidade de Montes de Pedrones e a Asociación de Veciños "A Muruxeira".

CONCURSO DE BELÉNS 2012 NO ROSAL






BASES CONCURSO BELÉNS 2012


1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. 

2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 13 e 14 de decembro das 9:00 ás 12:00 horas no Centro Social Polivalente.

3º.- Os traballos presentados estarán expostos a partir do 17 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro.

4º.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2013 de 9:00 ás 12:00 horas, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.

5º,- Estableceranse dúas categorías:

·         Infantil: ata os 12 anos.
·         Xuvenil:  dos 13 ata os 17 anos.
·         Adulto: a partir dos 18 anos.

6º.- Haberá un único premio para cada categoría:
·         Lote de libros adecuado ó participante gañador/a para a Categoría Infantil e Xuvenil
·         Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a Categoría Adulto.

7º.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.

8º.- A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios.

9º.- O fallo do xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.

10º.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos Beléns participantes en calquera medio que estime oportuno.

11º.- Prazo e lugar de inscrición  dos Beléns, ata o día 12 de decembro no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural.

12 nov 2012

A PARELLA ROSALEIRA DE BAILARÍNS, "JOSE & ROSY", ACTUARÁ EN MÁLAGA


A parella rosaleira de bailaríns, "Jose & Rosy" actuará o vindeiro sábado 17 de novembro no club BarrioSalsero de Málaga.

Segundo se pode ler no cartel, celebrarase o aniversario de José Valle, haberá animacións, obradoiros, sorteos, etc., a cargo de David Ariza, Jesús el Chino & Irena e a mellor música latina do momento por Dj Toro Salvaje.

10 nov 2012

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS ENFRÓNTASE HOXE NO ROSAL AO CONSTRUCCIONES SOLLA & CÍA DE CHAPELA (19:30 HORAS)



Hoxe, sábado 10 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar no Pavillón Municipal do Rosal o partido que enfronta ao local Mecalia Atlético Novás e ao Construcciones Solla & Cía de Chapela -un clásico- correspondente á oitava xornada da Primeira Nacional de balonmán.

O Novás, que leva seis vitorias consecutivas e é colider, intentará dar una nova alegría á súa incondicional afección. Para elo, o seu adestrador, Modesto Augusto, convocou aos seguintes xogadores:

1 - ESTEBAN PEDROSA
2 - ROBERTO RODRÍGUEZ 
3 - JACOBO COELLO
6 - IAGO FLORES
7 - DAVID LECHUGA
8 - JORGE POUSA
9 - PAULO DACOSTA
13 - MIGUEL TRIGO
16 - JOSÉ MALVAR
17 - RAMÓN MARTÍNEZ
18 - JAVI CANDELEDA
19 - MARCOS COLORADO
23 - MANU MARTÍNEZ
33 - BRUNO COSTA