FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 jul 2011

O Rosal sairá hoxe, domingo, ás 15:45 h. no programa Vivir Aquí (TVG)



Imaxes do Rosal e algúns dos seus veciños serán emitidas hoxe, domingo 31 de xullo, ás 15:45 horas, na Televisión de Galicia, concretamente no programa Vivir Aquí.

Este espazo está conducido por Isabel Durán e Xosé Luis Bernal, máis coñecido por "Farruco". Segundo eles mesmos proclaman "Gozamos descubrindo esas pequenas historias que non saen nos telexornais, buscamos as experiencias que lle poden pasar a calquera, as particularidades da vida cotiá. Porque fóra dos grandes acontecementos está a vida. Devecemos por atopar as historias que nos chegan non só áo cerebro, senón tamén ao corazón".

Igualmente afirman que "Gústanos Vivir Aquí, porque Galicia ten case tres millóns de historias que se escriben cada día. Nós queremos escoitalas e contarllas a vostede. De Ribadeo a Tui, do Padornelo a Fisterra, os reporteiros do programa percorremos estradas, corredoiras e camiños para coñecer o que lle pasa cada día aos galegos. Na nosa próxima emisión pode saír a súa aldea, o seu veciño, un familiar seu; vostede pode ser o noso vindeiro entrevistado. Gustaralle Vivir Aquí".

28 jul 2011

Este sábado, Concerto do 25 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal



O vindeiro sábado 30 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal terá lugar o acto principal dos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal.

Convidámosvos ao concerto que ofrecerá a banda de música da Agrupación Musical do Rosal e que estará baixo a batuta de varios dos directores que pasaron pola formación (Laureano Matos, Bolívar González, José Luis Represas, José Vicente Simeó, Javier Alonso e Diego J. Lorente).

Pontevedra, Celta B, C.D. Cerveira e Coruxo F.C. xogarán na vila do Rosal



O sábado 30 de xullo ás 19:30 horas, disputarase no Estadio Municipal da Mata, o "Trofeo Villa de O Rosal" entre os potentes equipos do Pontevedra e o Celta B.

Igualmente o seguinte sábado, 6 de agosto, á mesma hora (19:30) celebrarase un gran partido internacional entre o C.D. Cerveira (Portugal) e o Coruxo F.C., que milita na Segunda División B.

19 jul 2011

Curso de cata no Rosal organizado pola "Ruta do Viño Rías Baixas"



Segundo nos informan dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, os días 26, 27 e 28 de xullo terá lugar un curso de cata organizado pola "Ruta do Viño Rías Baixas" que se vai a realizar no Concello do Rosal.

Horario: 17.00 - 20.00 h
Lugar: Centro Social Polivalente.
R/ Cabaqueiros 4
O Rosal.

As persoas interesadas en participar poden apuntarse chamando a:
- Centro Social Polivalente. 986 60 94 50
- Ruta do Viño Rías Baixas 986 521 008 / 658 523 230

Inscrición:

10€ socios da Ruta do Viño Rías Baixas
30€ non socios.



Horario do Muíño das Aceñas, reconvertido en Aula da Natureza



Velaquí vos deixamos o horario do Muíño das Aceñas, na parroquia de San Miguel de Tabagón, que está aberto, gratuitamente, de martes ao domingo durante os meses de xullo e agosto. Trátase dunha Aula de Natureza, de educación ambiental onde "poderán coñecerse os recursos da zona a través de actividades lúdico-formativas, para todos os públicos". Dende o Concello lémbrase que unha monitora especializada atenderá aos visitantes que se acheguen á dita aula.

14 jul 2011

Hoxe, venres 15 de xullo, inaugúrase a XIX Feira do Viño do Rosal




Hoxe, venres, 15 de xullo terá lugar a inauguración da XIX Feira do Viño do Rosal a cargo do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela. Ás 20.30 horas está prevista a visita aos expositores coa conseguinte degustación de viños do Rosal. Xa a partir das 22:00 horas, comezará a actuación da Charanga Os Charamujas.

6 jul 2011

Esta fin de semana, sesión de teatro no Auditorio Municipal do Rosal



O sábado 9 e o domingo 10 de xullo terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación de dúas obras, a cargo da Escola de Teatro de Xerpo e da Escola Municipal de Teatro da Guarda. Velaquí vos deixamos os seus carteis.


Os XIII Xogos Populares clausúranse o vindeiro 24 de xullo no Calvario


Velaquí vos deixamos o calendario e horarios para esta fin de semana, duns XIII Xogos Populares que se clausurarán o vindeiro domingo 24 de xullo, en plenas Festas do Pilar, coa tradicional carreira de cross ás 10 da mañá e a entrega de medallas e trofeos ás 12 do mediodía.






Charla informativa sobre a Lei de Augas a cargo de Manuel Docampo





Informa: Associaçom Cultural A Velha na Horta

O venres 8 de xullo, as 19 horas, agardámoste no Centro Cultural da Guarda, onde contaremos coa presenza de Manuel Docampo Paradela, do Sindicato Labrego Galego, quen nos falará sobre a Lei de Augas de Galicia, recentemente aprobada polo Parlamento Galego.

A lei de Augas de Galicia supón a privatización de todas as augas de Galiza, o pasar a mans privadas o ente público Augas de Galicia. Ademais, a Lei de Augas fixa un prezo para a auga, un canon que pretende establecer sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que establecen os concellos ou as entidades subministradoras.
Todas as vivendas terán que pagar o canon da auga, independentemente de que a traída sexa municipal, da comunidade de veciños e veciñas ou particular; tamén terán que pagar no caso de que a auga proceda dun pozo propio ou se aproveite a chuvia.

No caso de que a traída sexa municipal ou de empresa subministradora, haberá que pagar a maiores o prezo de depuración e de subministro. O prezo vén determinado cunha parte fixa, que corresponde ao número de persoas que viven na vivenda; e unha parte variable, en función do volume de auga consumido. Establécese unha cota fixa de 1,50 € contribuínte/mes.

Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo a toda a poboación, con independencia de se viven no rural ou en áreas urbanas, do grao de dispersión do asentamento... Os gobernos tamén deben garantir, de xeito gratuíto, auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura entendida como actividade de producción de alimentos para a poboación.

A auga é un básico para a vida e debe ser considerado como un ben público e universal, que debe cumprir, antes de anda, unha función social de alimento e de hixiene. Por iso, toda a normativa sobre as augas debería prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule con ela.

A Lei de Augas de Galicia supón unha grande agresión á realidade galega, concretamente as áreas rurais e dos pequenos núcleos, onde as administracións sempre miraron para outro lado cando se trataba de dar servizos. Agora que tratan de apropiarse dos acuíferos e fontes, miran para o rural como unha reserva de augas de calidade coas que facer negocio.

O Centro Social Polivalente acolle a presentación do libro de Tareixa Ledo



O salón de actos do Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros nº 4) foi o marco elixido para presentar mañá, xoves 7 de xullo, o libro de Tareixa Ledo Regal Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, publicado por Edicións Laiovento.

O acto de presentación será ás 12:00 horas, e participará nel, amais da autora do libro, a secretaria de organización do SLG, Lidia Senra Rodríguez; e a secretaria xeral, Carme Freire Cruces.