FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 nov 2008

Entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto do Concello do Rosal

Os vencedores absolutos deste I Certame, Antón Ferreira Lorenzo e
Anselmo Martínez Pena
Reportaxe: SERVIZO DE PROMOCIÓN DA MULLER. CONCELLO DO ROSAL
O día 26 de novembro levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello do Rosal a entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. Este concurso estivo organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller e máis concretamente polo Servizo de Promoción da Muller. Neste acto estiveron presentes Mª Carmen Alonso Alonso, concelleira de Servizos Sociais e Muller; Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura e Medio Ambiente; Banesa Cortiñas Brey, técnica de Promoción da Muller; Oliva María Pereira González, escritora e poetisa e Juan Ramón Martínez Barbosa, técnico de Turismo do Rosal. Entre eles, por suposto, os gañadores e verdadeiros protagonistas deste I Certame de Poesía e Relato Curto, Antón Ferreira Lorenzo e Anselmo Martínez Pena, que foron obsequiados con sendas cámaras fotográficas dixitais e cos libros “Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal” e “Memoria da XX Festa do Cabaqueiro” do escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.
Resultados deste I Certame: -1º Premio POESÍA, co seudónimo “Baudilio”: Hai tempo que che roubaron os soños de Antón Ferreira Lorenzo, da vila da Guarda. -1º Premio RELATO CURTO, co seudónimo “MarP”: Encontro Casual de Anselmo Martínez Pena, tamén da Guarda.
Para ver as demais fotografías da entrega de premios facede click en:
http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/11/i-certame-de-poesa-e-relato-curto.html Dende o Servizo de Promoción á Muller dan as grazas a todos os participantes neste I Certame contra a Violencia de Xénero e animan a seguir enviando mensaxes de repulsa ante esta lacra social ao enderezo violenciadexenero@gmail.com. Lembran que todos os traballos participantes estarán expostos na Casa do Concello ata o sábado 29 de novembro e agardan contar coa vosa presenza no II Certame do ano 2009.

25 nov 2008

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero tamén se celebrou no Rosal

O martes 25 de novembro e organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso, leváronse a cabo unha serie de actos para conmemorar este día, tales como a celebración do I Certame de Poesía e Relato Curto ou a colocación dun mural que vai de extremo a extremo da Casa do Concello realizado por alumnos de primaria e da E.S.O. do colexio Manuel Suárez Marquier e que reza O Rosal contra a violencia de xénero. En palabras da concelleira Mª Carmen (na imaxe da dereita) quérese "garantir o avance na igualdade e na participación e integración das mulleres na sociedade como cidadás e axentes activos de transformación". Segundo a Técnica de Promoción da Muller, Banesa Cortiñas Brey "este día merecía facer algo, tanto as actividades realizadas polos rapaces do Marquier para conciencialos xa de pequenos, como o I Certame. Pretende-
mos promover dende o Concello do Rosal co II Plan de Igualdade, que ten unha duración de tres anos (2008-2010), unha serie de actuacións que real-
mente nos permitan conseguir a igualda-
de real entre os homes e mulleres rosaleiros". O mér-cores 26 pola mañá entregaranse en dependencias munici-
pais os premios do I Certame de Poesía e Relato Curto.

24 nov 2008

Noticiasorosal crea a páxina web "A Comarca"

Debido a que cada vez nos chegan máis peticións á nosa redacción, decidímonos -sen outro ánimo que non sexa o informar e poñer o noso gran de area á Cultura e ao Turismo- crear a páxina web de amizade e intercambio cultural luso-galaica A COMARCA. Aquí vos deixamos o enlace á mesma aínda que podedes facer click sobre "Baixo Miño e Portugal" que a partir de agora estará tamén presente nesta páxina de todos os rosaleiros, baixomiñotos e interesados en coñecer un pouquiño máis da nosa historia, costumes ou actualidade informativa:

21 nov 2008

Día do Comercio Aberto con "Magosto"

O domingo 7 de decembro celebrarase o Día do Comercio Aberto. Os comercios do Rosal permanecerán abertos esta xornada dominical celebrándose na rúa Ramón Franco, fronte ao popularmente coñecido como "Edificio redondo" no Calvario, un magosto que comezará ás 16:30 da tarde e que se prolongará ata as 18:30 horas. A organización corre a cargo de A.C.O.R. (Asociación de Comerciantes do Rosal).

Éxito da obra promovida pola Escola Comarcal

A Escola de Teatro Baixomiñota celebra a grande acollida que tivo a obra “Antibióticos: unha conquista da humanidade que estamos botando a perder” que achegaron á Comarca coa asistencia de máis de 700 nenos. Como xa tiñamos anunciado o mércores en Tomiño e O Rosal e o xoves na Guarda, centos de rapaces disfrutaron da obra teatral didáctica na que se explicou aos nenos entre 8 e 12 anos o que non deben facer cos antibióticos. Segundo declaracións da concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales PerozoTuve la oportunidad de asistir a la representación y, como conocedora del tema, creo que la concienciación al respecto es muy necesaria y qué mejor manera que sea de forma amena y divertida y dirigida a los más jóvenes, teniendo en cuenta que la educación respecto a cualquier tema debe hacerse desde edad temprana.” A Escola Comarcal de Teatro está xa traballando no guión doutra obra didáctica para representar no 2009, contando coa colaboración de distintas entidades públicas e privadas. “Difundir el teatro entre los mas jóvenes era uno de los objetivos de la escuela de teatro que va necesariamente ligado a la enseñanza”, comenta Enrique Álvarez, Presidente da Asociación Cultural Terras do Baixo Miño que dirixe a Escola de Teatro.

20 nov 2008

Os Albariños de O Rosal

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da actuación do grupo de gaitas "Os Albariños de O Rosal" que con motivo da Romaría de San Martiño (http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/RomarADeSanMartiO2008#) ofreceron na cima do Campo do Couto o domingo 16 de novembro .

Cultura Baixomiñota edita a súa revista nº 5

Comeza a ser xa algo habitual atoparnos en calquera lugar público coa revista mensual e gratuita Cultura Baixomiñota. Esta publicación, dirixida por Enrique Álvarez e que conta na súa redacción con Beti Rey e o rosaleiro Juan Ramón M. Barbosa, é xa un referente no Baixo Miño para coñecer todas as actividades culturais, turísticas e de lecer que se desenvolven cada mes na nosa Comarca. Neste número 5 que titulan Outono con tons ocres a revista anúncianos as cores coas que ven a dita estación, as súas festas ou a súa gastronomía, típicas da época. Así mesmo a parte das seccións habituais como son a axenda, as exposicións itinerantes e permanentes, faise alusión ao nacemento da primeira Escola de Teatro Comarcal por iniciativa da Asociación Cultural "Terras do Baixo Miño". No epígrafe Escapada realízase unha reportaxe sobre O Románico en Tomiño, unha ruta de 20 quilómetros e unha hora de duración polos monumentos máis representativos deste estilo arquitectónico (as igrexas de Santa María de Tomiño, San Vicente de Barrantes ou San Salvador de Tebra)

Imaxes e lembranzas dun recente pasado (cap. VI)

Seguindo coa nosa sección de fotografías e recordos de antano publicamos esta fotografía que nos foi remitida amablemente por María J. Rodríguez, da xuradía de Fornelos. Trátase do mercado que había certos domingos na Praza do Calvario e onde se vendía dende froita, embutidos ou verdura ata roupa e zapatos. Esta imaxe concretamente é do ano 1995 e como se pode observar aínda estaba aberta a "Cámara Agraria Local" e non se construíra algún que outro edificio polos arredores... Facede click sobre ela para ampliala.

18 nov 2008

II Concurso de Beléns en O Rosal

Primeiro premio do ano 2007: Aula de Educación Infantil de Paradela - Tabagón
A Concellaría de Cultura, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organizan o II Concurso de Beléns.
BASES
Poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 15 e 16 de decembro das 9:00 ás 12:00 e das 16:00 ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente. Os traballos presentados estarán expostos a partir do 19 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios ata o 6 de xaneiro no mesmo centro. A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2008 de 17:00h. a 20:00h, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo. Estableceranse dúas categorías:
· Infantil-xuvenil: ata os 17 anos.
· Adulto: a partir dos 18 anos.
Haberá un único premio para cada categoría:· Lote de libros adecuado ao participante gañador/a para a categoría infantil—xuvenil· Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a categoría adulto. A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios. O fallo do xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.
Prazo e lugar de inscrición dos Beléns, ata o día 13 de decembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (986 609450). Para ver as fotografías do Concurso do ano pasado facede click en:

Publicación de fotografías en Noticiasorosal

Ultimamente están chegando moitas peticións e suxerencias de reportaxes ao noso correo electrónico. Intentaremos complacervos na medida do posible. Se queredes que publiquemos algunha nota de prensa, escrito ou artigo, opinión... enviade as vosas colaboracións ao noso e-mail: noticiasorosal@hotmail.com.
Ao igual que se desexades dar a coñecer (a nivel asociación ou particular) algunha fotografía antiga que está no "baúl dos recordos", curiosas ou de interese, mandádenos esa ou outras imaxes acompañadas do voso nome ao mesmo enderezo electrónico. Aquí vos deixamos unhas instantáneas remitidas á nosa redacción por a3sound:

Teatro para nenos en O Rosal, Tomiño e A Guarda. O mércores 19, no Auditorio

A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota achega á Comarca tres representacións de teatro para os concellos de O Rosal, Tomiño e A Guarda. A obra representarase gratuitamente e está especialmente deseñada a un público de 8 a 12 anos de forma directa e indirectamente aos pais e nais. Baixo o título "Antibióticos: unha conquista da humanida-
de que estamos botando a perder" a sesión incorpora tamén un vídeo divulgativo no que figura persoal do Instituto de investigación biomédica da Coruña (Inibic) e que será presentado polos propios investigadores de cada zona. Trátase dunha adaptación teatral para explicar aos nenos que son os antibióticos, para que serven e que ocorre cando se empregan mal. A obra será posta en escea pola compañía Xerpo e grazas á xestión da Escola de Teatro conseguíronse estas tres representacións das dez que están comprome-
tidas para toda Galicia na fase inicial. O proxecto é obra do científico Este-
ban Fernández Moreira e está subvencionado pola Consellería de Industria. En palabras do propio Fernández: «Sempre quixen facer divulgación porque creo que un científico non só ten que xenerar coñecemento, senón tamén transmitilo». As primeiras representacións serán o mércores 19 ás 10:00 horas no Auditorio Municipal de O Rosal e ás 13:00 horas no C.E.P. Pedro Caselles Beltrán de Tomiño. E a última o xoves 20, ás 11: 00 horas, no Centro Cultural de A Guarda. A Escola Comarcal de Teatro conta coa colaboración dos Concellos de O Rosal e A Guarda, tratando de cumprir cun dos obxectivos da escola, que é a difusión do teatro entre os nenos.

Abrimos nova sección: Cursos e Emprego

Inauguramos este 18 de novembro unha nova sección: Información para a Xuventude. Cursos e ofertas de emprego (ao final da páxina). Faremos puntualmente -neste tempo de crise- un repaso semanal da actualidade laboral e vos informaremos dos dife-
rentes cursos que se realicen no Rosal, na zona do Baixo Miño e por que non, da provincia de Pontevedra.

16 nov 2008

Celebrouse a Romaría de San Martiño 2008

Cun día de sol, espléndido, grazas quizais precisamente ao "veraniño de San Martiño", a romaría deste santo saíu o domingo 16 de novembro -tal e como estaba previsto- da igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ás 10'30 da mañá. Multitude de persoas acompañaron á súa imaxe ata a capela que leva o seu nome, en pleno Campo do Couto. Unha vez arriba, previa subida polos muíños do Picón, San Martiño volveu a congregar nas inmediacións da súa ermida preto do millar de romeiros. Ás 12 tivo lugar a Misa oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos, asistido por dous irmáns misioneiros. Despois dos actos relixiosos non faltou a tradicional poxa co popular "O Brasileiro" e a merecida comida campestre dos fieis asistentes, amenizada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal. Aquí vos deixamos máis dun centenar de imaxes (algunhas moi curiosas) que captaron os nosos obxectivos. Facede click en:

II Magosto Parroquial no Rosal

O sábado 15 de novembro celebrouse un magosto en Barbuntín organizado polas catequistas e colaboradoras da parroquia de Santa Mariña do Rosal que dirixe eclesiasticamente o abade D. Julio Ramos Rodríguez. Xogos populares, dos "de sempre" como o "pañuelo" fixeron que os rapaces asistentes e os que ata alí se achegaron o pasaran en grande mentres o magosto estaba en proceso. Podedes ver todas as fotografías facendo click en:

14 nov 2008

Alumnos do Suárez Marquier e da Sangriña visitan a Exposición do Cid

Baixo a organización da concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo, visitaron a exposición do Cid -que estivo aberta dende o día 3 ao 14 de novembro- preto de 300 persoas. Ademais dende o mércores 12 houbo visitas dos colexios Suárez Marquier (máis dun centenar de alumnos de 2º e 3º da E.S.O.) e do Instituto da Sangriña (45 alumnos de 3º da E.S.O.)
Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográ-
fica desta xornada onde os rapaces realizaron diversas actividades sobre a vida e a época de Rodrigo Díaz de Vivar (O Cid Campeador), alternando a visita á exposición con traballos prácticos na biblioteca municipal. Facede click en:

9 nov 2008

A Asociación de Mulleres Rurais "Chan dos Casteliños" de As Neves visitou O Rosal

Previo contacto coa concellaría de Turismo do Rosal que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou a nosa Vila o domingo 9 de novembro a activa Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños de As Neves. Á súa fronte, a presidenta Mª Carmen Núñez Rodríguez e a súa secretaria, Mª Carmen Gil Álvarez, concelleira de Cultura e Servizos Sociais dese concello. Ás 11'30 foron recibidas na Praza do Calvario polo guía turístico municipal, facendo a primeira parada na igrexa parroquial de Santa Mariña onde agardaba o noso abade, D. Julio Ramos, quen xentilmente lles daría unhas breves pero interesantes descricións históricas do interior do templo. De seguido dirixíronse ata Martín para realizar a ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón e admirar este enclave histórico-etnográfico rosaleiro. Despois da camiñata, tivo lugar a comida nun coñecido restaurante ao pé dos muíños, finalizando a súa estadía no Rosal visitando a mostra "El Cid y su época" no Salón de Exposicións do Concello. (Facede click na imaxe para ampliala).

O Miño, unha corrente de memoria

Chegou á nosa Redacción unha recente publicación que leva por título O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006-2007), de Edicións Alén Miño, coa colaboración dos concellos de A Guarda, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Salceda, Tomiño e Tui. Tal e como se proclama na contraportada "No outono de 2006 e 2007 a Comisión Cidadá pola verdade do 36 do Baixo Miño organizou sendas Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño que tiveron lugar nos concellos de Tui, A Guarda, Vilanova de Cerveira e Tomiño (Goián). Algunhas das comunicacións presen-tadas nestas xorna-
das tratan temas xenéricos como as presentadas por Xosé María Álvarez Cáccamo, Dionisio Pereira, Bieito Alonso ou Aurora Marco que pescudan sobre literatura galega e represión franquista, sobre a represión sobre os cidadáns portugueses establecidos no noso país ou achegan visións sobre unha lectura actual das memorias de Antón Alonso Ríos (Siñor Afranio) ou sobre a represión sobre as mulleres. Outros traballos achegan investigacións sobre a represión franquista no Porriño (Xosé Ramón Paz Antón), no Val Miñor (Carlos Méixome) ou en Tui, A Guarda e Tomiño (Ángel Rodríguez Gallardo). Nas xornadas de 2007 abrangueuse tamén a cuestión do contrabando entre as dúas beiras do Miño con achegas sobre este labor no concello de Melgaço (Albertino Gonçalves) ou na Serra do Laboreiro (Américo Rodrigues e José Domingues). O Miño, unha corrente de memoria, recolle as actas desta xornadas.

8 nov 2008

Gala Solidaria - Raiares ' 08 no Auditorio

Sur de Sudán, mirando ao futuro (foto Reuters)
O sábado 15 de novembro ás 20:30 horas celebrarase a Gala Solidaria - Raiares '08 no Auditorio Municipal do Rosal. Un espectáculo organizado por Can de Palleiro e a Escola de Danza Paula Cobián coa colaboración do Concello do Rosal, Activa Dixital e Floristería La Flor. Haberá as seguintes actuacións:
As Feiticeiras
Bambalina
Can de Palleiro
Danza Pasiños
Francisco Benítez
Grialia
Paula Cobián Escola de Danza
Paz Ponte
A venta de entradas (6 €):
-Paula Cobián Escola de Danza
Rúa Foxo, nº 14 - Tui
-Taquilla Auditorio O Rosal
(1 hora antes da función)
Fila 0: Colabora tamén facendo donativos ao número de conta de La Caixa:
2100 0765 81 0200048911
Así mesmo máis información en: Intermón Oxfam (902 330 331)

Festas na honra de San Martiño no Rosal

Interior da capela de San Martiño
O martes 11 de novembro celébrase o día de San Martiño. Ás 18:30 horas haberá misa na honra do santo na igrexa parroquial da Vila. Xa o domingo 16, terá lugar a tradicional Romaría de San Martiño. A saída -dende a Praza do Calvario- será as 10:30 horas e a misa solemne con sermón, xa na súa capela, será as 12 da mañá. O grupo de gaitas Albariños de O Rosal amenizará a Romaría. En caso de mal tempo a data desta conmemoración anual trasladaríase ao domingo seguinte, día 23. Por outra parte, a Asociación de Veciños Río Folón e despois da camiñata, celebrará á baixada do Santo, e por terceiro ano consecutivo, un magosto acompañado de chourizos asados en pan. Será ás 18:30 horas na Praza de Fornelos, coa actuación do grupo Airiños do Tamuxe. Aquí vos deixamos a reportaxe da última xuntanza popular desta asociación no mes de agosto:

6 nov 2008

En Clave Coral 08 no Auditorio do Rosal

A cita será no Auditorio Municipal o sábado 8 de novembro ás 20 horas. Actuarán a Coral Follas Novas (A Coruña), o Grupo de Canto Aleceia (Teo-A Coruña) e a anfitriona Coral da Agrupación Musical do Rosal. Este acto está organizado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, así como pola Federación Coral Galega. (Facer click na imaxe para ampliala).

Alumnos do I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo, de visita nos Muíños do Folón

Os nenos, subindo pola Carreira de Martín
O mércores 5 de novembro, previo contacto co departamento de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitaron os nosos muíños 59 alumnos de 1º da E.S.O. do I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo. Foron acompañados nesta ruta polo guía municipal do Rosal e catro profesores dese instituto (Francisco Prieto, Alfonso Guillán, Susana Piñeiro e Luís M. Pérez) dentro do Proxecto Interdisciplinar "Por un consumo responsable". Aquí vos deixamos algunhas fotografías do seu paseo polos Muíños do Folón:

3 nov 2008

Exposición "EL CID Y SU ÉPOCA" no Rosal

Celebrándose o oitavo centenario da que se considera a primeira obra narrativa extensa da literatura española escrita na lingua romance, a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo lanza EL CID Y SU ÉPOCA, unha exposición dirixida a nenos e nenas a partires dos 8 anos e a un público familiar en xeral. A exposición EL CID Y SU ÉPOCA pretende trasladar no tempo a escolares e adultos, permitíndolles participar na fantástica aventura de explorar a historia ao lado dos verdadeiros protagonistas. De maneira divertida, pero sen esquecer as fontes históricas, os visitantes coñecerán algún dos acontecementos de maior importancia da historia deste país. Con este proxecto preténdese aportar un recurso didáctico útil para o ensino e a dinamización cultural da figura de D. Rodrigo Díaz de Vivar. Un dos heroes populares por excelencia, que encarna o prototipo de cabaleiro Fidalgo e guerreiro, entre cuxas virtudes destacan a honestidade, a valentía, a xustiza e a prudencia (valores de importante difusión hoxe en día).
OBXECTIVOS -Ser un material didáctico que achegue a figura do “CID” aos escolares, contribuíndo a un mellor coñecemento desta figura histórica e da época na que viviu. -Fomentar a lectura e relacionala cunha personaxe clave da nosa historia. -Reflexionar sobre diferentes roles e condutas que nos mostran a traxectoria de D. Rodrigo Díaz de Vivar. HORARIOS DE VISITA DA EXPOSICIÓN A mostra, que se celebrará no Salón de Exposicións do Concello do Rosal, estará aberta ao público dende o día 3 ao 14 de novembro co seguinte horario: De mañá: 11-13 horas. De tarde: 16-19 horas. Todos os días, ás 17:30 horas terá lugar a proxección da película dobrada ao galego “EL CID, A LENDA”, do director José Pozo. Este film –entre outros premios- foi galardoado co GOYA 2004 á mellor película de animación.

2 nov 2008

Talasonimia da Costa Sur de Galicia, novo libro de Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar, asinando exemplares do seu último libro

O venres 31 de outubro presentouse no Centro Cultural da Guarda o libro Talasonimia da Costa Sur de Galicia, da autoría do arqueólogo e subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, Xosé Lois Vilar Pedreira. Presentou o acto o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, quen deu paso á intervención do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas quen lembrou que este libro é importantísimo para que non se perdan nin esquezan moitos topónimos do mar, facendo tamén alusións e loubanzas do libro de José Luís Lomba Alonso Microtoponimia da Guarda. De seguido falou o director do IEM (http://www.minhor.org/), Carlos Méixome Quinteiro, quen a grandes rasgos puxo en coñecemento dos asistentes o contido do libro, dando paso ao autor, Lois Vilar, quen coa súa acostumada oratoria (non fixo falta nin o micrófono) e co pase de diapositivas e a proxección dun pequeno documental, explicou como foi o traballo de campo e a recolleita dos nomes dos lugares. Para esta árdua tarefa estivo axudado polo Licenciado en Historia e técnico da Toponimia, Roberto Rodríguez Álvarez, de Pedornes. O Grupo de Pandereteiras Ir e Vir do Rosal, amenizou este acto cultural. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da súa actuación en forma de vídeo: