30 jun 2008
Cine na Rúa, en Pías
30.6.08
Comentar
O venres día 4 de xullo, no Parque de Pías e ás 23:00 horas terá lugar a proxección da película de animación "Bee Movie", de Steve Hickner e Simon J. Smith. O argumento é o seguinte: Barry B. Benson (voz orixinal de Jerry Seinfeld), é unha abella recén graduada na universidade que se atopa algo decepcionada da súa ocupación actual: facer mel. Un día coñece a Vanessa (voz de Renée Zellweger), unha florista de Nova York. A súa relación comeza a florecer, e tras descubrir que os humanos de feito se comen a mel, decide demandalos... Esta é a primeira das actividades que ten programada a Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo para os meses de xullo e agosto. Non faltarán concertos, festivais e exposicións. En breve, contarémolo.
29 jun 2008
D. Isaac no seu 50 Aniversario como crego
29.6.08
Comentar
Con motivo desta efemérides a parroquia do Rosal tributou unha calurosa homenaxe a D. Isaac Penela Carbajales. Este acto levouse a cabo na igrexa parroquial hoxe, 29 de xuño, na misa de 12. Cocelebraron co homenaxeado o párroco D. Julio Ramos, o vicario da diócese D. Jesús Gago, o párroco da Guarda D. Jesús Villadóniga e o Pai Vidal dos Somascos. No momento da homilía interviu D. Isaac dando grazas pola celebración do acto así como polos agasallos recibidos. En nome do bispo da diócese de Tui-Vigo, Monseñor Diéguez, e do bispo emérito Sr. Cerviño, o vicario felicitou a D. Isaac e agradeceu a asistencia e colaboración dos fieis da parroquia. Finalizou esta homenaxe cun aperitivo no Centro Multiusos do Rosal.
27 jun 2008
Servizo de NOITEBÚS
27.6.08
Comentar
Dentro da firme aposta pola seguridade viaria e a redución da sinistralidade nas estradas o Concello do Rosal pon en marcha o Programa de transporte nocturno O Rosal — A Guarda, coñecido como NOITEBÚS, cuxo obxectivo é ofrecer unha alternativa de transporte a lugares en datas e horarios preferentemente vinculados ao goce do tempo de lecer. Este servizo está subvencionado pola Dirección Xeral de Transportes. Segundo informa a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Rosal, a partires do sábado 5 de xullo ata o sábado 30 de agosto o NOITEBÚS recollerá a tódolos mozos e mozas rosaleses que se atopen en calquera das paradas de A.T.S.A. que se encontran no seguinte itinerario:
SAÍDA das Eiras ás 24:00 horas:
EIRAS — PÍAS — O ROSAL — FORNELOS — NOVÁS — A GUARDA
REGRESO dende A Guarda ás 06:00 horas:
A GUARDA — NOVÁS — FORNELOS — O ROSAL — PÍAS — EIRAS
SAÍDA das Eiras ás 24:00 horas:
EIRAS — PÍAS — O ROSAL — FORNELOS — NOVÁS — A GUARDA
REGRESO dende A Guarda ás 06:00 horas:
A GUARDA — NOVÁS — FORNELOS — O ROSAL — PÍAS — EIRAS
O seu prezo: 2 € ida e volta
Para máis información sobre o Noitebús do Rosal no 986 609450.
noitebus@xunta.es
noitebus@xunta.es
25 jun 2008
Xoán Carlos Treinta Martínez, profesor
25.6.08
Comentar
Dirixímonos esta vez ata A Cunchada, máis concretamente á rúa Lagos, para realizar a nosa entrevista a un profesor rosaleiro (prefire esta denomi-
nación, antes que rosalés) que conta cunha academia propia moi coñecida e respetada na zona. Profesor dos de verdade, dos bos. Dos que con eles aprobas ou aprobas. Cando os pais dun rapaz ven que o seu fillo comeza a flaquear nos estudos do colexio ou no instituto... ou ese alumno non dá aprobado determinada asignatura... a solución é doada: "Vas a ir ás clases de Carlos". Xoán Carlos Treinta Martínez naceu no Rosal o 17 de setembro de 1969. Cursou os estudos primarios na escola de Pancenteo, pasando máis tarde a facer a E.X.B. no centro Manuel Suárez Marquier. Fai o Bacharelato no colexio dos PP Somascos da Guarda, pasando en 1989 a face-la carreira de Maxisterio na rama de Ciencias na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, en Pontevedra. Posteriormente realizará estudos na facultade de Matemáticas, en Santiago de Compostela. Pola súa academia, e dícese moi rápido, pasaron preto de medio millar de alumnos. Velaquí vos deixamos a entrevista completa a Carlos Treinta. Facede click en: http://reportaxesorosal.blogspot.com/2008/06/xon-carlos-treinta-martnez-profesor.html
A "Asemblea Comarcal de Cruz Vermella" entrega diplomas
25.6.08
Comentar
O próximo martes, 1 de xullo ás 16:30 horas, no Centro Cultural da Guarda terá lugar a entrega de diplomas aos 38 asistentes ao Taller de Estimulación de Memoria, con motivo da finalización do curso 2007-08. Dende o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos, sendo os seus usuarios da Guarda, O Rosal e Oia. Entre os obxectivos do taller de estimulación de memoria destacan potencia-la conservación da capacidade e axilidade mental dos destinatarios, así como mantenemento das súas capacidades psíquicas, promove-las relacións interpersoais e interxeneracionais, mellorando, desta forma a súa autoestima. Este proxecto está enmarcado dentro das actividades desarrolladas pola Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño con persoas maiores, tales como o taller de alfabetización, excursións culturais e de convivencia, o programa de respiro familiar, ponte na onda, etc. Ata agora teñen participado nos diversos programas unhas 80 persoas, actuacións que non se poderían levar a cabo sen a colaboración dos voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella.
21 jun 2008
Extraordinario concerto de Milladoiro
21.6.08
Comentar
Como xa tíñamos anunciado, o grupo de folk Milladoiro actuou onte no Rosal diante das máis de 400 persoas que encheron o aforo do Auditorio Municipal. Ofreceu un concerto de preto de hora e media onde fixo un percorrido polo seu repertorio máis coñecido. Milladoiro comezou a súa actuación cunhas verbas de loubanza á nosa terra, calificándoa de "edén", polas súas "impresionantes ribeiras", "e non falemos do viño, os mirabeles...", así como adicando unhas palabras de eloxio para tantos e bos músicos que dá O Rosal. Destacaron igualmente a figura do artesán de instrumentos musicais, o rosalés Alfonso Rodríguez Castro, cos conseguintes aplausos do respetable. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste estupendo concerto que Milladoiro ofreceu no Rosal: http://es.youtube.com/watch?v=1qZ2CuUFJ6c
19 jun 2008
Mañá, venres, concerto de Milladoiro
19.6.08
Comentar
Lembramos que mañá, venres día 20 de xuño, actuará no Auditorio Municipal do Rosal o grupo de música folk Milladoiro.
Será o primeiro concerto que se celebrará no remodelado edificio rosalés, recentemente inaugurado o 23 de maio polo presidente da Deputación de Ponte-
Será o primeiro concerto que se celebrará no remodelado edificio rosalés, recentemente inaugurado o 23 de maio polo presidente da Deputación de Ponte-
vedra, Rafael Louzán e o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela.
Milladoiro (http://www.milladoiro.com/) comezará a súa actuación ás 22 horas.
16 jun 2008
Homenaxe a D. Isaac
16.6.08
Comentar
D. Isaac Penela Carbajales será homenaxeado pola parroquia de Santa Mariña o domingo 29 de xuño, durante a misa das 12, con motivo da efemérides do 50 aniversario da súa ordenación como crego. D. Isaac naceu en Vigo o 7 de setembro de 1931. Licenciado en Teoloxía e en Ciencias Económicas e Empresariais, ordenouse o 31 de maio de 1958 na cidade de Tui. Na actualidade é capelán das "Hermanas Carmelitas Descalzas" do Rosal e aínda que está xubilado como Vicario Parroquial, suple a baixa por convalecencia do párroco D. Julio Ramos.
14 jun 2008
Funeral por "Manoliño"
14.6.08
Comentar
rez, natural do barrio da Lomba, de 75 anos, máis coñecido por "Manoliño", falecía o luns 9 de xuño, despois dunha longa enfermidade.
O martes día 17, ás 16:00 horas, celebrarase un funeral na súa memoria na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal.
12 jun 2008
Entrevista a Julio Martínez Martínez, escultor
A boa acollida da primeira entrevista realizada a Manuel Rodríguez Martínez "Trintiña" animounos a seguir con esta sección. Pois ben, esta vez imos a coñecer un pouquiño máis a Julio Martínez Martínez, xove e prometedor escultor rosalés, que xa conta no seu currículum con obras de auténtico "mestre". Ten na actualidade tan só 29 anos e está comezando a integrarse no selecto mundo de artistas recoñecidos das artes plásticas galegas. Un exemplo disto é que algunhas das súas pezas escultóricas codeáronse en certas exposicións e subastas de arte con traballos de Silverio Rivas, Huete, Leiro, Buciños, Fernando Quesada, Antúnez Pousa, Magín Picallo ou o xa finado Xoán Piñeiro.
Para acceder á entrevista íntegra a Julio facede click no seguinte enlace:
11 jun 2008
A illa descoñecida
11.6.08
Comentar
O domingo día 15, ás 21:00 h no Auditorio Municipal, o grupo Fiuncho Teatro da A.C. Centro Goianés representará "A Illa Descoñeci-
da", obra baseada no conto do Premio Nobel de Literatura de 1998, o escritor, xornalista e dramaturgo portugués, José Saramago. Como nas novelas de Saramago, os protagonistas son o amor e a comprensión humanos, enfrontados a un mundo autoritario e abusivo, representado aquí polo rei e o seu castelo. Saramago plantexa este conflito básico dende o primeiro párrafo, con claras resoancias kafkianas. Todo é simbólico. Fálanos de xustiza, de política, de vida humana e o fai a través da utopía, a maior de tódalas mentiras e a máis necesaria. (A obra é apta para público de entre 14 e 99 anos).
10 jun 2008
Concerto de Milladoiro no Auditorio
10.6.08
Comentar
O venres 20 de xuño no Auditorio Municipal do Rosal e ás 22 horas, celebrarase un concerto a cargo do coñecido grupo galego de música folk Milladoiro.
Milladoiro naceu a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Formouse ao redor dunha cultura ancestral e da canción celta, recuperando a tradición e o son de instrumentos como a gaita, o clarinete, a ocarina ou o bouzoki. O seu primeiro concerto foi o 15 de maio de 1979 no Colexio Salesianos da Coruña. A súa versatilidade, demostrada non só nos seus traballos como grupo, senón noutras producións e colaboracións, serviulles para gañar un Premio Goya en 1986 pola banda sonora orixinal da película La mitad del cielo, de Manuel Gutiérrez Aragón, así como diversos premios e recoñecementos oficiais da Xunta de Galicia (Premio Castelao, 2004) e doutras organizacións. Sen dúbida Milladoiro é un dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo, ademais de participar no campo da fusión e investigación de novas formas artísticas. (Máis información en http://www.milladoiro.com/)

Actividades para adultos
10.6.08
Comentar
A Concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo infórmanos que durante o mes de xuño desenvolveranse multitude de actividades. Porase en marcha un programa de animación á lectura para adultos co fin de considerar a lectura como unha fórmula válida para o tempo de lecer, fomentar o interese polos libros como producto cultural e dinamizar o uso da Biblioteca municipal entre as persoas adultas.
Para isto realizaranse campañas de captación de socios/as adultos/as da Biblioteca. Crearase un club de lectura. Haberá presentacións literarias, conferencias e mesas redondas de escritores. Ademais engadirase no Boletín Informativo novas recomendacións literarias, instalaranse paneis sobre escritores/as no mercado, o centro polivalente ou o pavillón deportivo.
Proxectaranse films que sexan adaptación de obras literarias e faranse obradoiros de memoria para os máis maiores.
Complétase este programa coa actividade para adultos Mulleres de Palabra, por Charo Pita o día 12 de xuño ás 16:00 horas na Biblioteca Municipal.

9 jun 2008
Curso de Dirección no Auditorio
9.6.08
Comentar
Os días 20, 21 e 22 de xuño impartirase no Auditorio Municipal do Rosal un Curso de Dirección a cargo do profesor Josep Vicent Egea, nado en Cocentaina (Alicante) en 1961, graduado en trompeta e titulado superior en Composición, Dirección de Coros e Orquesta no Conservatorio Superior de San Sebastián. O prazo da preinscrición rematará o venres 13 de xuño. Este curso está enmarcado dentro dos actos do XXII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Colaboran a Fundación O Rosal, o Concello e a Xunta de Galicia.
O día 22, ás 19:00 h terá lugar un concerto de clausura. Para máis información deixámosvos o enlace á páxina da Agrupación:
8 jun 2008
Roteiros de Galicia visitan O Rosal
8.6.08
Comentar
A Asociación Cultural Roteiros de Galicia, previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou hoxe de mañá, domingo, O Rosal. A primeira parada foi na Praza do Calvario onde tomaron uns cafeciños e seguidamente iniciaron o percorrido da ruta guiada polos Muíños do Folón e do Picón. Rematarán a estadía no noso pobo cunha comida na praia das Eiras. Pola tarde teñen previsto achegarse ata o Mosteiro de Santa María a Real de Oia e tamén ao Faro de Cabo Silleiro.
5 jun 2008
Nova sección: AS NOSAS ENTREVISTAS
5.6.08
Comentar
Tal e como lembramos nas "bases" deste blog, queremos dar a coñecer dende unha perspectiva diferente as andainas dos nosos rosaleiros máis populares.
Achega-las súas inquedanzas, os seus méritos, as súas vidas, simplemente para que -como dicimos- quede constancia para futuras xeracións.
E inauguramos esta sección de As Nosas Entrevistas cun persoeiro moi coñecido, Manuel Rodríguez Martínez "Trintiña", cabaqueiro (telleiro) especialista en facer tellas e ladrillos a man ("taxicar cabacas e toupos á joucha" na xerga deste oficio case desaparecido). Precisamente e para que non se esquezan certas costumes e tradicións, intentaremos rescatar algunhas vivencias e experiencias de persoas que -en verdade- poden dicir iso de: "eu estiven alí".
Para poder ver a entrevista íntegra, facede click no seguinte enlace:
4 jun 2008
3 jun 2008
Novo libro de Martínez de Sousa
3.6.08
Comentar
O escritor, lexicógrafo e técnico editorial rosalés afincado en Cataluña, José Martínez de Sousa, recentemente premiado coa Medalla do Ateneo de Madrid, ven de publicar a segunda edición do seu libro Ortografía y ortotipografía del español actual (Ed.Trea S.L.) A obra, que está dedicada á súa muller, Pili, consta de 564 páxinas e en palabras do autor "se propone introducir al lector en el conocimiento de la ortografía usual y al propio tiempo en el de la ortotipografía, es decir, la forma de expresar nuestros mensajes por medio de los elementos tipográficos".
Martínez de Sousa é autor de máis dunha vintena de libros e foi entre outros cargos presidente da Asociación Internacional de Bibliología (AIB) (1998-2000) ou da Asociación Española de Bibliología (AEB), da que actualmente é presidente honorario.

David Gómez busca repetir nuns JJ.OO
3.6.08
Comentar
O decathleta rosalés David Gómez Martínez intentará conseguir a "mínima b" e de novo participar nos Xogos Olímpicos que esta vez se celebran en Pekín. Hai que lembrar que David é Campión de España Absoluto de Decathlon (2004 e 2007) ou Subcampión do Mundo Junior no ano 2000, entre outros moitos títulos.
Ademáis subliñar que despois de competir nas Olimpíadas de Atenas 2004, ese mesmo ano concedéuselle en recoñecemento á súa traxectoria: un Diploma de Honor e a Insignia de Ouro do Concello do Rosal.
Aquí vos deixamos o enlace á súa web persoal onde poderemos coñecelo máis polo miúdo e mandarlle os nosos ánimos.
1 jun 2008
Rutas guiadas aos Muíños do Folón e Picón
1.6.08
Comentar
Nenos e nenas do CEIP de Fontiñas (Santiago de Compostela), o venres 30 de maio, diante do Muíño das Laxes
O Rosal, mediante a concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas polo sendeiro dos Muíños do Folón e do Picón.
Durante 1'30 - 2 horas poderase facer un percorrido polos 67 muíños hidráulicos que conforman este complexo etnográfico (36 enxeños no Folón e 31 no Picón).
A ruta comeza no primeiro muíño do Folón (Muíño das Laxes), que está acondicionado como Oficina de Información. Aquí, se hai forza de auga suficiente, procédese á demostración de moenda en directo.
Despois de admirar o proceso da conversión do millo en fariña, comeza a ascensión polos muíños do Folón, facendo as paradas correspondentes dependendo dos grupos (nenos, anciáns, etc), rematando o percorrido baixando polos muíños do Picón.
Unha viaxe agradable e inolvidable pola Historia, pola cultura, polas lendas e tradicións dunhas xentes doutros tempos, dunhas "industrias" doutra época.

Se a todo isto lle engadimos unhas panorámicas e unha paisaxe únicas, a ruta dos Muíños do Folón e do Picón, convértese en verdade, nunha ruta didáctica e de ocio de primeiro nivel.
As oficinas municipais de información turística ofrecen a posibilidade de realiza-la ruta dos Muíños do Folón–Picón con servizo de guía. Unicamente é necesario solicitalo ou nunha das oficinas ou nos teléfonos do Concello do Rosal:
tlf: 986 62 50 00
tlf: 986 62 50 00
tlf: 986 62 50 17
tlf: 986 60 96 14
A Imprenta do Rosal, de aniversario
1.6.08
Comentar
O 25 de xuño de 1986 inaugurábase a primeira imprenta do Rosal: Gráficas Lomba.
Este mes, polo tanto, fai 22 anos da súa creación. O seu propietario é José Luís Vicente Lomba, natural da vila da Guarda e afincado dende aquela no noso pobo.
Achegamos aquí a portada do último libro que recentemente saíu do seu prelo e que se ven a unir ás innumerables publicacións deste taller rosaleiro (revistas, folletos, programas de festas, carteis...)
Esta obra, impresa por Gráficas Lomba leva o título de Orgulho Galego na Diáspora. Conversa com Higinio Martins Estêvez e é da autoría de Ângelo Gonçalves Vicente e Bernardo Penabade Rei. Editou a Fundación Comarcal O Baixo Miño.

A nosa felicitación a José Luís xa que a súa imprenta é o vínculo necesario para a creación de documentación histórico-bibliográfica.