Informa: Traballadores San Xerome
Publicamos íntegra, pois, a nota de prensa-comunicado remitida á nosa Redacción por un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do Centro San Xerome Emiliani da Guarda, que manifestan libremente o seguinte:
"1. A nosa desconformidade coas accións e declaracións da CIG e os seus/súas
representantes sindicais no Centro San Xerome ao respecto do “conflito” polo
que atravesa a Asociación. Declaramos que os
comunicados informativos que a CIG fai “en
nome d@s traballador@s do Centro San Xerome” non representan en ningún caso
a nosa opinión.
2. Que nunca sentimos nin fomos testemuñas de
represión sindical hacia ningún/ningunha compañeir@. Traballamos nun
ambiente cordial, respectuoso e profesional, centrado na misión da Asociación
para cos seus/as súas usuari@s, e que as
declaracións públicas da CIG afirmando que estamos “amedrentad@s” fronte a unha
xerencia hostil e opresora son afirmacións falsas, ridículas e ofensivas que
entendemos que atenden exclusivamente a unha campaña demagóxica de desprestixo, que persegue confundir e
sementa-la dúbida en usuari@s-familias, traballador@s, soci@s, colaborador@s-voluntari@s
e na sociedade en xeral.
3. Denunciamos a máis absoluta pasividade por
parte d@s nos@s representantes sindicais fronte as nosas demandas como
traballador@s, e que veñen demostrando unha clara actitude negativa e
intransixente cando se trata de chegar a acordos importantes dos que depende a
sostenibilidade deste Proxecto Social co que nos sentimos implicad@s de maneira
sincera e ilusionante."
0 comentarios:
Publicar un comentario