FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 ene 2015

Pensa en ti: Curso culinario da Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal


Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, a Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal organiza un "Curso de Tapas, Petiscos e Canapés" a través do Programa Pensa en Ti da Deputación de Pontevedra.

O curso terá unha duración de 30 horas e o prezo por persoa é de 6 euros. Comezará mañá xoves 29 de xaneiro, de 19 a 22 horas.

Aínda quedan prazas vacantes, así que se te interesa facer este curso chama aos seguintes teléfonos: 677 431 318 // 696 865 315.


27 ene 2015

Festival Solidario pola Paz no Auditorio do Rosal a favor de Conrazones



Informa: Agrupación Musical do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal convídalles a asistir ao Festival Solidario pola Paz que terá lugar este domingo día 1 de febreiro ás 18,00 h. no Auditorio do Rosal. A Agrupación organiza este acto con motivo da celebración do "Día Escolar da non violencia e da paz" que se conmemora todos os 31 de xaneiro.

Ademais o acto será por unha causa benéfica xa que o lema do festival é "1 kg. de alimentos por unha entrada". Pedímoslle ao público que asista que traia 1 kg. de alimentos non perecedeiros que serán destinados á asociación Conrazones que axuda a máis de 90 familias do Baixo Miño, e que está realizando unha gran labor (os alimentos que máis necesitan son leite, cacao e galletas).

No festival participarán de maneira totalmente solidaria e gratuíta os grupos Airiños Novos de Pinzás, o dúo Cuarto Izquierda, Xamaraina (baile moderno), o cantautor Tino Baz e os Coros da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Non vos perdades esta cita, é por unha boa causa!!


23 ene 2015

O equipo senior da U.D. Ribera enfróntase este domingo 25 ao C.F. Oiense

O equipo rosaleiro de categoría senior coa terceira equipación (Foto: U.D. Ribera)

Estes son os horarios dos partidos das diferentes categorías do club U.D. Ribera para esta fin de semana, destacando o encontro que medirá ao equipo senior co C.F. Oiense, o domingo 25 de xaneiro ás 16:30 horas en Oia.


Pola súa banda, o equipo feminino recibirá no Estadio Municipal da Mata ao Candeán A, o sábado 24 ás 18:00 horas. Os xuvenís farán o propio co Nieves C.F.

16 ene 2015

Festas da Virxe da Saúde e San Brais 2015 en San Xoán de Tabagón


A parroquia rosaleira de San Xoán de Tabagón acollerá dende o 31 de xaneiro ata o 3 de febreiro as Festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais. 

Este ano, por non entendemento, tan só haberá actos relixiosos, faltando a subida do tradicional Arco-Maio ou mesmo as verbenas coas súas correspondentes orquestras.

Si estarán a Coral Polifónica de A Guarda, o Coro de Danzas e Gaitas Airiños Novos de Pinzás, A Coral Polifónica de O Rosal e mesmo o Coro de Danzas e Gaitas Lusco e Fusco.

14 ene 2015

O domingo 25, Romaría na honra de San Vicente, en Marzán (O Rosal)


Informa: Concello do Rosal.
Fotografías: Arquivo de Noticias O Rosal (2008)

O vindeiro domingo 25 de xaneiro celebrarase en Marzán a Romaría na honra de San Vicente.

Dende primeiras horas da mañá, haberá musica ambiental a cargo de Electrosil

A partir das 10:00 horas, actuación do grupo de gaitas "Os Pelouros", de A Guarda.

Durante a Romaría serviranse "deliciosos callos caseiros".


A Misa Solemne, con Sermón e Procesión, celebrarase ás 12:00 horas, acompañada pola Coral da Agrupación Musical de O Rosal.

Rematada a Misa, tradicional "Subasta de produtos típicos de O Rosal".

Unha salva de bombas porá punto e final a esta Romaría.

13 ene 2015

Raúl Fernández, dobre medalla nos Campionatos de España de Ciclocross


Noraboa ao rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo (Club Ciclista O Rosal) que vén de conseguir esta fin de semana coa Selección Galega dúas medallas de bronce nos Campionatos de España de Ciclocross celebrados en Xixón (Asturias).

A primeira, o venres 9 na categoría de relevos, realizando o mellor tempo da súa categoría (sub23) e xa o domingo 11, a segunda, na proba individual.

Toda a información e fotografías, na web do Club Ciclista O Rosal

12 ene 2015

O Concurso-Desfile de Entroido do Rosal celébrase o domingo 15 de febreiro


Segundo se pode ler na web municipal, "o Concello do Rosal convoca o tradicional Concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2015, o domingo 15 de febreiro, ás 11:00 horas".


O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, dende a rotonda da Feira e a rúa Ramón Franco ata o cruce coa Lomba. A inscrición poderase realizar ata o mércores 11 de febreiro. 

Aquí vos deixamos máis información e as bases.

10 ene 2015

Acanor Atlético Novás On Tour. Viaxa a Chapela o sábado 17 de xaneiro



Informa: Acanor Atlético Novás

O vindeiro 17 de xaneiro (18:30 h) o Novás enfrontarase ao Chapela, "recién descendido, rival histórico de los nuestros". Dende o club da vila animan a apuntarse a este partido no que se "necesitará de todos y cada uno de vosotros para conseguir dos puntos fundamentales para afrontar la segunda vuelta con las opciones de sector intactas".

Segundo afirma o director deportivo rosaleiro, Andrés Senra, "estos duelos acostumbran a ser reñidos hasta el final y llenos de tensión, con dos aficiones animando sin cesar a los suyos".

Quen desexe acompañar ao equipo, sairá un autobús dende O Rosal ás 16:30 horas, sendo o prezo do mesmo con entrada, 8 €. O prazo máximo para inscribirse finaliza o mércores 14 de xaneiro ás 20:00 horas. 

As persoas que se animen á viaxe terán un obsequio. Podes apuntarte chamando ao 660 928 686, en facebook, twitter ou no correo andres_senra@atleticonovas.com 


9 ene 2015

Novo "Curso de manipulador de alimentos" organizado por ACOR


Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro venres 30 de xaneiro celebrarase no Centro Social Polivalente un Curso de manipulador de alimentos (de 10:30 a 13:30 horas) organizado pola Asociación de Comerciantes da vila (ACOR).

A inscrición previa neste curso debe realizarse no teléfono do seu presidente, José Martínez González (Pepe Berdeal): 628 875 029.