Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal.
XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL
Este
ano celebramos a XXII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza
do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas
en período de crecemento. Esta Feira ten un dobre obxectivo de promoción
empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.
As
datas da mesma serán o 18, 19 e 20 de
xullo.
Todas
as adegas participantes pentencen a
Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal, que
abrangue ó Baixo Miño.
1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2014.
|
2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA
A XXII Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.
A inauguración levarase a cabo o venres 18, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira
será a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª .Rosa Quintana.
O pregoeiro este ano será Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico
especializado en gastronomía.
A Feira, que está consolidada recibe
anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que
degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de
orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos
típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses
días centrais do mes de xullo.
3.- ORZAMENTO DA FEIRA
Sobrepasou
os 30.000€ na pasada edición.
Gastos principais: publicidade, iluminación, son,
decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...
Ingresos: achega do concello e subvencións de
varias institucións (Xunta de Galicia,
Consello Regulador, Deputación
Provincial,) e venda de cataviños.
4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL
Na Praza:
1º.-Stands: 10 adegas, 1 de produtos
vexetais, 1 de froitos do Rosal,
concretamente do Mirabel produto único na nosa zona, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas, Municipio
de Ponte de Lima.
2º.-Carpas: produtos gastronómicos
(polbo, embutidos, postres caseiros,...)
3º.-Stand de Voluntariado da Feira
do Viño. Ante a
chegada de visitantes que veñen expresamente á Feira do Viño do Rosal, ou que
veranean pola zona nestas datas, xurde a necesidade de ofrecerlles un servizo
de atención e información completa sobre o concello e a súa zona, a Feira e as
súas adegas.
Por
todo iso un ano máis o grupo de voluntariado do Concello do Rosal vai a prestar
o seu tempo e formación a disposición dos visitantes da Feira do Viño.
Haberá un stand de información na entrada da praza do Calvario, na que
un grupo de persoas voluntarias ofrecerán información sobre a Feira, o seu
horario, o servizo de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.
Esta mesa de información formada por 9 persoas voluntarias
do noso concello, tamén resolverá dúbidas como onde aloxarse, que ver ou que
facer para coñecer mellor o noso entorno.
4º.-
Stand da Dirección Xeral de Xuventude
e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude, que vai desprazar o
venres 18 de xullo de 20.30 ata as 24.00 horas á Praza do Calvario, coincidindo coa celebración da Feira do Viño
do Rosal, unha carpa informativa para dar
a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten
en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos:
programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e
ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros
programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés
destinados á mocidade, funcionamento da Oficina Municipal de Información
Xuvenil (OMIX).., entre outros.
Este programa ten como finalidade
potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se
desenvolven por e para ela dende a dirección xeral;
ademais da carpa, contará cos medios técnicos necesarios e persoal informador e
coñecedor de todos os programas que se están a desenvolver.
Estará
instalada na Praza do Calvario de 20.30 a 24.00 h., coincidindo coa celebración da
Feira do Viño aproveitando a multitude de xente nova que se achega a este
evento. Dende aquí animamos a todas as asociacións xuvenís, entidades
prestadoras de servizos a xuventude (clubs deportivos, asociacións culturais,
entidades sociais, etc..) e a todos os grupos informais de xoves que acudan,
pois recibirán información dun feixe de programas e actividades que lles poden
interesar.
No centro da praza: Información e venda de
cataviños
5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL
Venres,
a partir das 22:00: Charanga
Sábado,
a partir das 20:30 horas: Charanga
Domingo,
a partir das 20:30 horas: Charanga
6.- ACTIVIDADES PARA NENOS (novidade)
Este
ano como novidade e despois da demanda xurdida ó longos destes anos imos dispor
de inchables e de obradoiros de maquillaxe para nenos. As persoas que consuman
na feira seráselles entregados vales para utilizar nas dúas actividades.
7.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE
Igual
que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuito de transporte entre A
Guarda e O Rosal.
8.- STANDS PREVISTOS
- Pedregales
- Gaudila
- Altos
de Torona
- Gran
Novás
- Quinta
Couselo
- Santiago
Ruiz
- Lagar
de Cervera
- Valmiñor
- Terras
Gauda
- Canónigo
Areal
- A
Rosaleira; productos vexetais envasados.
- Consello
Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas
- Municipio
de Ponte de Lima
- Froitos
do Rosal – Mirabel do Rosal: (novidade)
9.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS
Restaurante Xantar
Restaurante As Brasas
Restaurante Trasmallo
Pulpería Tere
Sebastián Guerreiro Carnero
Restaurante Casa Olga
10.- PROGRAMA DA FEIRA 2013
Venres,
18 de xullo
20.00
Inauguración a cargo da Conselleira de
Medio Rural e do Mar.
20.10 Lectura
do pregón a cargo de Pepe Cadavedo,
Periodista radiofónico especializado en gastronomía.
20.30
Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal
22.00
Actuación da Charanga.
02:00
Peche da Feira
Sábado,
20 de xullo
20:30
Actuación da Charanga
02:00
Peche da Feira
Domingo,
21 de xullo
10:30
Andaina 10k
11:30
Carreira 10K
20:30
Actuación da Charanga
24:00
Clausura da Feira
11.-
ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA
EXPOSICIÓNS do 18 ao 27 de xullo na Sala de Exposicións do Concello:
HORARIO
De
luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados,
domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas
- PINTURA de MARÍA SOBRINO PEREIRA
- ESCULTURAS do COLECTIVO SOMOSARTE
- XXI MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO “VAL DO ROSAL”
Os días 18, 19 e 20 de Xullo, coincidindo coa XXII Feira do Viño de Ou
Rosal, o Grupo Filatélico e Numismático
Val de O Rosal celebra a XXI edición da súa exposición filatélica.
Como en edicións anteriores, este ano contarase con matasellos
conmemorativo e selo personalizado. Este ano están dedicados a D. José Mª
Alonso Francisco “Cuncho”, de S. Miguel de Tabagón, último alcalde republicano
en O Rosal e recoñecido viticultor.
Coincide este ano co 70 Aniversario da
concesión pola Diputación Provincial, do 1º Premio de Viños de O Rosal, outorgado
a un viño da súa colleita.
Como todos os anos, nesta exposición participarán filatélicos e numismáticos do Baixo Miño, e outras localidades.
O local, é o de edicións anteriores: Salón de Exposicións do Concello.
As temáticas serán variadas e moi interesantes.
0 comentarios:
Publicar un comentario