TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 jul 2014

Este sábado 5 celébrase o "II Concurso Xóvenes Intérpretes Antonio Granja"



Informa: Agrupación Musical do Rosal.

Este sábado 5 de xullo a partir das 17:00 horas, terá lugar no Auditorio do Rosal a 2ª edición do Concurso de Xóvenes Intérpretes "Antonio Granja", que pretende ser unha motivación para o estudo dos alumnos da escola de música e músicos da banda da Agrupación Musical do Rosal.

O concurso leva o nome de Antonio Granja en agradecemento á súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación, sendo sempre a canteira a súa prioridade.

Nesta edición participarán un total de 25 alumnos con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos, nas modalidades individual, dúo o quinteto.

Os premios para o primeiro posto de cada categoría consisten en vales de compra en material musical e están patrocinados pola casa de música Ópera Prima (Vigo).

0 comentarios:

Publicar un comentario