TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 mar 2014

ÓSCAR VICENTE E O SEU EQUIPO, CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE DUATLÓN 2014


(Foto: Óscar Vicente / facebook)

O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, vén de proclamarse xunto cos seus compañeiros do M3T BIMONT 3G, campión de España de Duatlón e de Relevos, na categoría élite masculina, dunha forma verdadeiramente incontestable.

O equipo vencedor no "Campeonato de España de Duatlón Contrarreloj por equipos y relevos" celebrado en Noia (A Coruña) os días 22 e 23 de marzo, foi o formado por Óscar, Miguel Ángel Fidalgo, Toumi Dahmani e Miguel Fernández Miniño, sendo capitaneado polo adestrador de Mallorcatraining, Iván Muñoz Tebar.

Máis información neste enlace.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!



0 comentarios:

Publicar un comentario