TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 mar 2014

A 13ª ANDAINA POLA VILA DO ROSAL CELÉBRASE ESTE SÁBADO 15 DE MARZO


Punto de partida da andaina. Rotonda e comezo do vial na Gándara, nas inmediacións da Fonte Bieita. 

O sábado 15 de marzo, terá lugar a XIII edición das Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello", que se celebran na nosa vila dende xaneiro do ano 2011.

Desta vez, o punto de encontro e saída -15:30 horas- será dende Fonte Bieita (A Gándara-A Guarda) para xa coller o tramo do Vial, que levará aos participantes por Lagos, Carrascal, Pías e O Morán ata as inmediacións da Adega Valmiñor, na Portela. 

Durante esta andaina, cuxa distancia total será duns 12 km e unhas 3 horas de duración, visitarase tamén a parroquia de San Xoán de Tabagón e percorrerase o Sendeiro de Pescadores do Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112).

Segundo se lembra dende o Concello:

"Quen desexe anotarse nesta actividade gratuíta pode facelo chamando ao teléfono 986 62 50 00 deixando o seu nome e número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas".

Para estas andainas recoméndase levar roupa cómoda e calzado axeitado, así como gorra, protección solar e auga".


0 comentarios:

Publicar un comentario