29 oct 2013
O MES MÁXICO DE RAÚL FERNÁNDEZ
O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo comeza con forza este mes de outubro e a tempada de Ciclocrós a nivel nacional, xa que o pasado día 6 en Oviedo conseguía o terceiro posto na MMR CXperience, puntuable para a Copa Federación (antiga Copa de España).
Xa o fin de semana do 19 e 20 de outubro, Raúl colleitaba outro gran terceiro posto no X Ciclocróss Ciudad Medina de Pomar (Burgos) e tras quedar 4º en Villarcayo, facíase co terceiro posto final no Circuito Diputación de Burgos de Ciclocrós.
Así mesmo, este domingo 27 de outubro, Raúl Fernández proclamábase vencedor -tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal-, "nada máis nin nada menos que no feudo do ciclocróss nacional como é o País Vasco e desta volta era no XXI Ciclocróss de Karrantza e polo que a falta da confirmación da RFEC, Raúl vaise posicionar como líder do ranking nacional".
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Raúl!!
A MESTRA ROSALEIRA BERTA CASTRO IMPARTIRÁ VARIOS CURSOS DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL
A Agrupación Cultural Guardesa organiza sendos Cursos de iniciación e perfeccionamento de Pandeireta
e Canto Tradicional, que estarán impartidos pola mestra rosaleira Berta Castro González.
Os días e horarios serán a convir cos alumnos.
Estes cursos van dirixidos a adultos, tanto homes
coma mulleres e a nenos/as a partir dos catro anos.
Máis información: bcgranxola@hotmail.com e no teléfono 620 125 477.
25 oct 2013
O ROSAL OFRECE UNHA OFICINA PARA OS VECIÑOS AFECTADOS POLO INCENDIO
O Val do Rosal dende os Muíños do Picón
Segundo se informa dende o Concello do Rosal, co obxectivo de evitar que os veciños afectados polo incendio do pasado mes de agosto se teñan que desprazar a Tomiño e Porriño para tramitar
as autorizacións de corta de madeira queimada, a partir do martes 29 de outubro
se instalará unha oficina no Concello do Rosal para solicitar estes
permisos.
Os
veciños serán atendidos por técnicos da Consellería de Medio Ambiente e da
Confederación Hidrográfica os martes, en horario de 9.00 a 11.00, no salón de
plenos do Concello.
CALENDARIO DE PARTIDOS DA U.D. RIBERA PARA ESTA FIN DE SEMANA (26-27 OUT)
Velaquí vos deixamos o calendario cos partidos* para esta fin de semana (26 e 27 de outubro) das diferentes categorías do club rosaleiro U.D. Ribera de fútbol.
Destacar que o equipo senior xogará este domingo 27 ás 16:30 horas fronte ao Louro Tameiga no Cotorrón.
Pola súa banda, o equipo feminino disputará tamén o domingo (10:45 h.) o encontro fronte ao Gondomar F.B. no campo de As Cercas.
*Segundo informa Sergio Rodríguez Teixeira, o partido dos cadetes celébrase o domingo, non o sábado como reflicte o calendario.
*Segundo informa Sergio Rodríguez Teixeira, o partido dos cadetes celébrase o domingo, non o sábado como reflicte o calendario.
24 oct 2013
O CENTRO ETNOGRÁFICO "CASA DOS OFICIOS DO ROSAL" ESTARÁ ABERTO TODOS OS DOMINGOS DE 11 A 13 HORAS
Segundo se pode ler no folleto-boletín informativo do Concello do Rosal correspondente aos meses de novembro-decembro, o Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal", situado na planta baixa do edificio da antiga Cámara Agraria, abrirá os domingos en horario de mañá, de 11 a 13 horas.
A primeira sala deste Centro Etnográfico, adicada á lembranza e homenaxe dos mestres telleiros da vila e o seu oficio, foi inaugurada o pasado 12 de outubro, coincidindo coa XXVI Festa do Cabaqueiro. A entrada é de balde.
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO ROSAL (NOVEMBRO-DECEMBRO, 2013)
24.10.13
Agrupación Musical do Rosal, Chumpa Teatro, Circo Escarranchado, Ecos do Folón, Escudo do Concello do Rosal, Grupo Mascarenhas, Paiaso Rudi Rudi, Paula Cobián Escola de Danza
Comentar
PROGRAMACIÓN CULTURAL
CONCELLO DO ROSAL
NOVEMBRO
DÍA 2: Paula Cobián Escola de Danza presenta o espectáculo "Había unha vez". Auditorio Municipal ás 20:00 horas.
DÍA 3: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.
DÍA 23: Festival de Acordeóns na honra de Santa Cecilia, organizado polo Grupo Mascarenhas da Guarda. Auditorio Municipal ás 19:00 horas.
DÍA 24: A compañía Chumpa Teatro presenta a obra "Welcome to Cuntis Ville, cidade sen lei". Auditorio Municipal ás 19:00 horas.
DECEMBRO
DÍA 7: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia. Auditorio Municipal ás 20:00 horas.
DÍA 14: Audición de adultos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:30 horas.
DÍA 20: Audición dos alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:00 horas.
DÍA 21: Animación Infantil co paiaso Rudi Rudi. Centro Social Polivalente ás 17:00 horas.
DÍA 21: Audición dos alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:30 horas.
DÍA 22: Concerto de Nadal organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.
DÍA 28: Espectáculo familiar co Circo Escarranchado. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.
DÍA 29: Concerto de Corais de Nadal, organizado polo Coro Ecos do Folón. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.
CINE para todos os públicos os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2-3 de xaneiro. Auditorio Municipal ás 17:00 horas.
CONCERTO NO ROSAL DO CUARTETO DE SAXOFÓNS "XINZO SAX QUARTET"
24.10.13
Agrupación Musical do Rosal, Alejandro Otero, Auditorio Municipal, Blanca Represas, Juan Manuel Cao, Música, Pablo Castro, Xinzo, Xinzo Sax Quartet
Comentar
Segundo nos comunican dende a Agrupación Musical do Rosal, esta fin de semana se celebrará un novo acto, que esperan sexa do agrado de todos/as.
Trátase dun concerto do cuarteto de saxofóns Xinzo Sax Quartet, de Xinzo (Ponteareas), que está formado por Blanca Represas, Juan Manuel Cao, Pablo Castro e Alejandro Otero.
Será este domingo 27 de outubro, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal e "ofreceranos un concerto moi ameno, dividido en dúas partes, a primeira estará composta por diversos ragtime e na segunda interpretarán bandas sonoras de películas".
Máis información nos teléfonos 986 62 63 11 e 609 866 792.
XORNADAS NO ROSAL PARA APRENDER A TÉCNICA E COIDADO DOS BONSAIS
A Casa de Oficios da Mata acollerá os días 30 de novembro, 14 e 21 de xaneiro unhas xornadas sobre bonsais, en horario de 16 a 20 horas.
Tal e como reza o cartel, estas xornadas, nas que se aprenderá a técnica de creación e o coidado dos bonsais, serán gratuítas, agás "o material empregado para o correto desenvolvemento do curso" que correrá a cargo do alumno.
Para máis información e inscricións podedes contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal no teléfono 986 62 50 00.
23 oct 2013
O MUÍÑO DAS ACEÑAS (O ROSAL) ACOLLE UNHA XORNADA SOBRE COGOMELOS
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro sábado 23 de novembro de 9 a 14 horas terá lugar no Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón-O Rosal) unha xornada sobre cogomelos.
Haberá unha charla formativa, con saída de campo e clasificación dos mesmos incluída.
As prazas son limitadas (20) e o prezo para participar, 10 euros.
Más información e inscricións: 986 62 50 00.
21 oct 2013
CURSO DE ANIMACIÓN Y ESTIMULACIÓN GERONTOLÓGICA DE CRUZ ROJA
21.10.13
Comentar
Cruz Roja
Española desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de
sus acciones formativas un monográfico de Animación y estimulación
gerontológica dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad
voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de
Cruz Roja en Baixo Miño.
La acción
formativa se desarrollará los días 19,
19, 21 y 22 de noviembre en horario de 09.00 a 14.00.
Los objetivos
son dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que
lleven a desarrollar actividades efectivas y prácticas con personas mayores.
En su estructura
incluye los siguientes módulos:
Módulo
1. OCIO Y TIEMPO LIBRE CON LA PERSONAS MAYORES.
Módulo
2. TÉCNICAS PARA LA
COORDINACIÓN DE GRUPOS.
Módulo 3. PSICOMOTRICIDAD
Y JUEGOS DE MOVIMIENTO
Módulo 4. PSICOESTIMULACIÓN.
ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR LA
MENTE.
Los nuevos
voluntarios que se formen en este curso podrán participar en las diversas
actividades que desarrolla Cruz Roja Baixo Miño con mayores, estas son: taller
de estimulación de la memoria, taller de gimnasia de mantenimiento, taller de
alfabetización, taller del uso del teléfono móvil, talleres de redes sociales…
Todas las
personas que estén interesadas y/o deseen
recibir más información, sobre esta formación o sobre las actividades que
Cruz Roja desarrolla con mayores pueden dirigirse a:
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba,
nº1 bajo.
Teléfono: 986614609/ 606348471 / e-mail: laguardia@cruzroja.es
18 oct 2013
A CANTANTE ROSALEIRA MILUCHI PÉREZ DEBUTOU EN RECANTOS (LUAR-TVG)
A cantante rosaleira Miluchi Pérez, ante un novo e interesantísimo desafío na súa carreira artística, xa que o venres 18 de outubro, debutou no concurso Recantos, do programa Luar (TVG), representando á zona de Lemosterra.
Miluchi é irmá de José Pérez, tamén recanteiro (O Miño) na súa última edición e fundadora do Grupo Ilusión.
Podedes ver a súa primeira actuación neste enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/homenaxe-ao-traxe-galego-actuacions-de-ramoncin-los-secretos-e-moncho-borrajo
Podedes ver a súa primeira actuación neste enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/homenaxe-ao-traxe-galego-actuacions-de-ramoncin-los-secretos-e-moncho-borrajo
¡¡O noso apoio para Miluchi, e lembrade que hai que estar atentos cada vez que actúa ao teléfono que aparecerá en pantalla para poder darlle os nosos votos!!
¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte Miluchi!!
17 oct 2013
A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA UN SERÁN NO CALVARIO E UN CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO
Informa: Agrupación Musical do Rosal
Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos aos actos que temos organizados para esta fin de semana.
SERÁN: O sábado
día 19, a partires das 22,00 h. na Praza do Calvario do Rosal, moita
música tradicional e chourizos e viño de valde: Para rematar a noite tamén
chocolate (teremos carpa por se o tempo non acompaña).
CONCERTO DE CORAIS: Con motivo do 9º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal, terá lugar este domingo 20 de outubro ás 19,00 h. no auditorio do Rosal, un concerto no cual participarán a Coral Polifónica Queixumes do Hío (Cangas), a Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
11 oct 2013
OS MELLORES XOGADORES DE FUTBOLÍN DO BAIXO MIÑO SERÁN PREMIADOS ESTE SÁBADO 12 NA FESTA DO CABAQUEIRO
O pasado sábado 5 de outubro celebrouse no Salón de
Exposicións do Rosal (Praza do Calvario), a 5ª edición do Campionato de
Futbolín na honra dos Cabaqueiros, sen dúbida unha das máis competidas e de
máis nivel dos últimos tempos.
Diego e Yeya, Campións do V Cabaqueiros 2013
20 dos mellores xogadores da Comarca deste xogo
tradicional (modalidade “parado”) disputaron a coñecida como “Champions de
Futbolín do Baixo Miño”, resultando gañador despois dun gran torneo, o equipo
YEDIE, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Diego Álvarez Fernández.
Destacar que este é o terceiro título de “Cabaqueiros”
para Yeya (2009, 2012, 2013) e o segundo para Diego (2010, 2013).
Subcampións e campións desta edición do Cabaqueiros
Os subcampións foron OS BATÍNS, equipo formado por Ángel
Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis” (gañador en 2011).
Pola súa banda, o terceiro posto foi para OS DA JALLEIRA,
Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez “Dani” (Campións de
España de Movemento F-2 en 2010), tras gañar a final de consolación ao equipo
REPESCAOS, integrado por Diego Martínez Alonso (vencedor do Cabaqueiros en
2010) e Gustavo Jurado Fernández.
Mañá, sábado 12 de outubro ás 16:30 horas, na Praza do
Calvario, terá lugar a entrega de trofeos deste V Campionato de Futbolín Os
Cabaqueiros 2013 e coñecerase o gañador do “Catiña de Ouro”, premio que se
instaura este ano e que distinguirá ao mellor xogador do Campionato, elixido
polos propios participantes (tamén haberá “Catiña de Prata” para o segundo e
“Catiña de Bronce” para o terceiro mellor xogador).
A Organización do evento quere agradecer publicamente a
inestimable colaboración dende 2009 do Concello do Rosal, así como das
diferentes institucións, empresas e mesmo particulares que axudan a que se
poida levar a cabo ano tras ano este xa clásico torneo de futbolín para a
xuventude baixomiñota.
A partir do 12 de outubro comeza a tempada de futbolín
2013/14, onde Yeya e Diego disfrutarán durante todo o ano do seu título (como
campións, teñen invitación para todos os torneos que se organicen), ata a
vindeira XXVII Festa do Cabaqueiro.
CLASIFICACIÓN
FINAL
V
CAMPIONATO DE FUTBOLÍN
OS
CABAQUEIROS. O ROSAL 2013
1º: YEDIE (Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández “Yeya”)
2º: OS BATÍNS (Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis”)
3º: OS DA JALLEIRA (Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez
Martínez)
4º: REPESCAOS (Gustavo Jurado Fernández e Diego Martínez Alonso)
5º: JUANFRONYLLO TEAM (Sergio Diego Fernández “Frony” e Juan R. Martínez)
6º: AL CUADRADO (Jorge Silva Álvarez “Yors” e Sergio Fernández González
“29”)
7º: OS AMIGOS (Antonio Lomba Rodríguez “Xián” e José Martínez Fernández)
8º: MOTHER TALKING (Jorge Díaz Rocha “Tuka” e Andrés Martínez Rocha “Pipu”)
9º: GAAAS 4 (Luis Martínez Pereira e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”)
10º: LICOR-K (Ruth Mª Martínez e Gerardo González Gómez “Gera”)
6 oct 2013
CARMEN DÍAZ DEL RÍO NÚÑEZ-TORRÓN, GAÑADORA DO 7º CERTAME "VIAXANDO"
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural // Concello do Rosal
O día 3 de outubro, ás 9.45 no Concello do
Rosal, reuniuse o tribunal cualificador para seleccionar a fotografía gañadora
do 7º Certame de Fotografía “Viaxando” que organizan cada ano as diferentes
OMIX do Baixo Miño: O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño,
Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.
O xurado formado polos fotógrafos Florencio Rubio
Silva, Naomi Brey e o responsable das páxinas de información Noticias O Rosal,
Juan Ramón Martínez Barbosa, seleccionaron
como gañadora, de entre máis de 40 fotografías, a foto titulada Mausoleo, Ho
Chi Minh, Hanoi, da moza Carmen Díaz del Río Núñez-Torrón que presentou a
súa fotografía na OMIX de Gondomar.
As fotografías poderán ser visitadas a partir do
día 18 de outubro no Concello do Rosal, data na que se entregará o premio á
gañadora, consistente nunha tablet, e no que se inaugurará a exposición que,
como tódolos anos, realizará un percorrido itinerante polos concellos
participantes no certame do seguinte xeito: outubro no Rosal, novembro na Casa
de Xuventude de Tui, decembro en Tomiño, xaneiro na Guarda, febreiro Baiona, marzo ou abril en Porriño, maio en Salceda de Caselas, finalizando en Gondomar
no mes de xuño.