26 jul 2013
O BAR TROYA ACOLLE A III OLIMPIADA DO ROSAL DE FUTBOLÍN, KARAOKE E FIFA
26.7.13
Comentar
Os gañadores da II Olimpiada de Futbolín O Rosal 2013 pousan con Lelo, o propietario do Bar Troya
Hoxe, sábado 27 de xullo, ás 21:00 horas celebrarase no Bar Troya (Marzán) a III Olimpiada do Rosal de Futbolín, Karaoke e Fifa 2013.
Este torneo conta coa colaboración en premios do propio Bar Troya, Confitería Rogelio (O Rosal), Bar-Tapería A Competencia, Peluquería Ignacio, Pastelería Do Conde e Estanco O Rosal.
A inscrición (10€) permite xogar as tres modalidades e pode realizarse ata momentos antes do comezo desta III Olimpiada no propio lugar do campionato, o Bar Troya.
¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte a todos/as!!
25 jul 2013
DENDE NOTICIAS O ROSAL, MOITO ÁNIMO
25.7.13
Comentar
Dende a Redacción de Noticias O Rosal, o noso máis sentido pésame aos familiares e amigos das vítimas da traxedia do tren de Santiago de Compostela.
Moito ánimo e a mellor das recuperacións aos feridos. Galicia e todo o mundo está con vós.
Unha forte aperta.
23 jul 2013
NOTICIAS O ROSAL ORGANIZA UNHA RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN
O vindeiro sábado 27 de xullo a web cultural Noticias O Rosal organizará unha RUTA GUIADA POLOS 67 MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN, con motivo da conmemoración do seu V Aniversario en Internet.
O punto de encontro e saída está prevista ás 16:00 horas dende as inmediacións do Muíño das Laxes (nº 1 do Folón, en Martín, actual Oficina de Información).
Intervirán e guiarán esta ruta:
XOÁN
MARTÍNEZ TAMUXE, historiador, arqueólogo, escritor e
investigador. Presidente do Instituto de Estudios Tudenses. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do
Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia.
RAFAEL
DORADO RODRÍGUEZ, mestre carpinteiro e formador
ocupacional. Na actualidade imparte no Rosal un curso de carpintería dependente
da Consellería de Traballo. Técnico-artesán na restauración de muíños
hidráulicos.
JUAN
RAMÓN MARTÍNEZ BARBOSA, escritor e guía cultural.
Director de Noticias O Rosal e Homeclaro.com. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do
Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia.
Máis info: http://juanramonrosal.blogspot.com.es/
Inscrición*: 3 € por persoa (nenos/as, gratuíto), que se pode formalizar nos comercios da vila. Xa solicitaron a folla donde poder apuntarse a Peluquería Ignacio, Bar-Tapería A Competencia, Bar Troya, Estanco O Rosal e a Confitería Rogelio.
Se algún local máis quere ser sede ou colaborar tamén con Noticias O Rosal, que contacte con nós nas redes sociais por privado, correo electrónico:
(noticiasorosal@hotmail.com) ou móbil (637 311 007).
Igualmente, dispoñemos dunha conta onde se pode aboar a inscrición para participar na ruta (2080 5439 31 3000104678, Novagalicia Banco), deixando nome e apelidos e a palabra MUÍÑOS como concepto.
A inscrición tamén se pode formalizar o mesmo sábado 27, no punto de encontro, intres antes da saída.
O prezo simbólico de inscrición para esta ruta é de 3 euriños por persoa, que se empregarán para que Noticias O Rosal non desapareza, destinando o recaudado para axuda do mantemento e melloras desta web cultural.
Ao finalizar a ruta faremos diferentes sorteos entre todos os participantes.
(En caso de choiva e mal tempo, a ruta celebraríase o seguinte sábado 3 de agosto).
Agardando que colaboredes coa nosa causa e que nos acompañedes nesta máxica andaina pola historia, mitos e lendas destes Muíños do Folón e do Picón, recibide unha forte aperta. ¡Saúdos!
17 jul 2013
TOÑI PORTELA, SUBCAMPIÓN DE GALICIA DE BTT E O SEU COMPAÑEIRO, RAÚL FERNÁNDEZ, MEDALLA DE BRONCE
17.7.13
Antonio Portela (ciclista), Club Ciclista O Rosal, Luis Méndez (ciclista), Raúl Fernández (ciclista), Yasir Martínez (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
O Club Ciclista O Rosal está novamente de noraboa. Segundo podemos ler na súa web, a xornada do domingo 15 de xullo foi "grande" en Gondomar e en Cangas.
"En Gondomar celebrábase o Campionato de Galicia de BTT-XC no que os júnior rosaleiros colleitaban as Medallas de Prata e de Bronce, para Toñi Portela e Raúl Fernández, respectivamente".
"Ao mesmo tempo, na comarca do Morrazo, o resto das categorías tomaban parte no IX Trofeo C.C. Cangas no que se acadaban dous novos podios que chegaban de parte dos principiantes, pois Yasir Martínez vencía de novo e subía ao máis alto do caixón co seu compañeiro Luis Méndez no terceiro lugar..."
Destacar tamén os terceiros postos de María Correa e Zaida González. ¡¡Noraboa a todos/as!!
Fotos: Club Ciclista O Rosal.
EXPOSICIÓN DO GRUPO IMPÁS NO ROSAL DENDE O 19 AO 28 DE XULLO DE 2013
Informa: Charo Trigo / Grupo Impás.
O Grupo Impás participará na Feira do Viño do Rosal 2013 cunha mostra de pintura e máis escultura na Sala de Exposicións do Concello, que estará aberta dende o 19 ao 28 de xullo.
O Grupo Impás nace no ano 1990 baixo a dirección da pintora guardesa Alicia Alonso. Está formado por homes e mulleres do Baixo Miño.
Nesta ocasión, con temática sobre cine, flores e froitas, exporán no Rosal once persoas: Mary Otero, Carmen Baz, Charo Trigo, Pilar López, Pilar Álvarez, Fini Mauri, Ignacio Martínez, José Luis Rodríguez, Verena Kost, Enar Álvarez e Ainoa.
As técnicas son variadas: óleos sobre lienzo, óleos sobre táboa, debuxos a carboncillo, grafito, etc.
Xunto á mostra pictórica do Grupo Impás, tamén estarán expostas as esculturas dun dos seus compñentes, José Luis Rodríguez, que presenta obras en madeira, mármol, calcaria e pátina sobre bronce.
Dende o Grupo Impás convídase a visitar e a disfrutar desta mostra no Rosal.
O horario de visita é o seguinte:
De luns a venres, de 11 a 13:30 horas.
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas.
13 jul 2013
A GUARDA, O ROSAL E TOMIÑO ACOLLEN O XX ENCONTRO DOS POBOS ORGANIZADO POLO GRUPO "DO LUSCO Ó FUSCO"
13.7.13
A Guarda, Baixo Miño, Do Lusco ó Fusco, Encontro dos Pobos, Tomiño, Vento Mareiro (A Guarda), Xamaraina (A Guarda)
Comentar
Os vindeiros días 19, 20 e 21 de xullo celébrase o XX Encontro dos Pobos, recoñecido festival folclórico internacional no Baixo Miño, organizado polo grupo Do Lusco ó Fusco.
Este evento conta coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.
A GUARDA
O venres 19 de xullo ás 21 horas, no Auditorio de San Bieito actuarán Xamaraina (A Guarda), Vento Mareiro (A Guarda), Do Lusco ó Fusco (A Guarda), Reuzegom (Bélxica) e KUD Klek Ogulin (Croacia).
O ROSAL
O sábado 20 de xullo ás 21 horas, no Auditorio Municipal, actuación de Do Lusco ó Fusco, KUD Klek Ogulin e Reuzegom.
TOMIÑO
O domingo 21 de xullo ás 21 horas, na Fortaleza de Goián, actuación de Virxe do Alivio (Tomiño), Do Lusco ó Fusco, Reuzegom e KUD Klek Ogulin.
10 jul 2013
FIN DE SEMANA INTENSA DE RAÚL FERNÁNDEZ, YASIR MARTÍNEZ, ANTONIO PORTELA E O CLUB CICLISTA DO ROSAL
10.7.13
Antonio Portela (ciclista), Club Ciclista O Rosal, Raúl Fernández (ciclista), Yasir Martínez (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
Raúl Fernández, subcampión en Marín. (Foto: C.C. O Rosal).
Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, esta foi unha intensa fin de semana de ciclismo.
Antonio Portela, en categoría júnior, despois de catro días de competición, rematou nun brillante 10º posto na Volta a Vizcaya, integrado na Selección Galega.
María Correa e Zaida González "tamén coa Selección Galega participaban no Campionato de España en León". María quedou no 27º posto en infantís e Zaida remataba 7ª clasificada en contrarreloxo por equipos.
En Marín, o júnior Raúl Fernández "colleitaba un gran botín ao rematar 2º na Xeral, 2º en Metas Voantes e 3º no Premio da Montaña".
Igualmente, nova vitoria en principiantes para Yasir Martínez, desta vez en Teis (Vigo).
Máis información, como sempre, na crónica completa publicada na web do Club Ciclista O Rosal.
A ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA (ATL. GUARDÉS), XOGA COA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN EN ASTURIAS
Na imaxe, Marta Pombal e Sara Alonso, pousan coa bandeira galega
Informa: Manuel Ángel Pombal Diego
Dúas
xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino están participando coa selección
galega no XX Torneo Nacional Infantil de Balonmán de Cangas de Narcea (Asturias).
Despois da excelente tempada do equipo infantil feminino
do Atl. Guardés que acadou o Campionato Galego da División de Honra, as
xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal) e Marta Pombal Martínez (Oia) foron
seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no XX Torneo
Nacional Infantil de Seleccións Autonómicas de Balonmán (XIV Memorial Juan José
Arribas), que se celebra do 10 ao 14 de xullo na localidade asturiana de Cangas
del Narcea.
Outra xogadora do Atl. Guardés, Lara Silva Pérez (A Guarda), que
tamén estivo adestrando coa citada selección ata hai tres semanas, non puido
finalmente participar no torneo por unha lesión de xeonllo; aínda así, tamén se
desprazou a Asturias para animar as súas compañeiras.
Este ano, no torneo participan 9 seleccións infantís
femininas (3 máis que o ano pasado; Asturias, Canarias, Cantabria, Castilla La
Mancha, Euskadi, Extremadura, Galicia, La Rioja e Madrid) e outras tantas
masculinas. Os equipos foron encadrados en dous grupos e a Galicia tocoulle
estar no grupo de cinco seleccións xunto con Canarias, Castilla La Mancha, La
Rioja e Madrid, polo que terán que xogar 4 partidos en tres días (Un, hoxe
mércores, dous o xoves e outro o venres). O sábado xogaranse os cruces, mentres
que o domingo se xogaran os partidos que darán os postos definitivos da
clasificación final.
Como este ano non se celebrou o Campionato de España, o
equipo que gañe o torneo será o virtual campión nacional, polo que aínda é maior a expectación e o interese en gañar este xa de por sí prestixioso torneo.
A relación completa das 14 xogadoras seleccionadas é a
seguinte:
Atl.
Bueu: Ana Piñeiro
Santaclara.
SD.
Carballal: Paula Barciela
Álvarez e Xiana Fernández.
Atl.
Guardés: Sara Alonso
Barbosa e Marta Pombal Martínez.
UB.
Lavadores: Xulia Pereira
Martínez, Uxía López González, e Ainhoa da Rocha Duarte, e Daniela Carranza
Robles.
Seis
do Nadal: Anabel Gil
González e Carmen Prelchi Gallego.
BM.
Cangas: Laura Álvarez
Priego.
BM.
Lalín: Elvira Fe
Nercellas Rodríguez.
BM.
Chapela: Carmen Pereira
Millos.
O equipo técnico que acompaña á selección está formado
por: Emilio Barciela Iglesias (Adestrador), Jennifer Alonso Cerqueira
(Axudante), e Rubén Porto Douro (Masaxista).
Máis
información na seguinte páxina web:
8 jul 2013
EXPOSICIÓN DE PINTURA DE PILAR ÁLVAREZ E CHARO TRIGO EN CAMINHA
O martes 9 de xullo ás 20:30 horas (españolas) terá lugar a inauguración da exposición de pintura "Dúas Olladas" de Pilar Álvarez e Charo Trigo na Galería de Arte Caminhense, en Camiña (Portugal).
A mostra estará aberta dende o 9 ata o 22 de xullo.
6 jul 2013
ÓSCAR VICENTE, ESPECTACULAR NAS SERIES MUNDIAIS DE TRIATLÓN QUE SE CELEBRARON EN KITZBÜHEL (AUSTRIA)
Na imaxe, Óscar tras gañar o World Triathlon Promaster 2013 en Madrid
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez conseguiu hoxe, 6 de xullo, un importante 16º posto na súa primeira participación nunhas Series Mundiais. A competición celebrouse en Kitzbühel (Austria), nun percorrido de 750 metros a nado, 11'5 km en bici e 2'5 km a pé.
A vitoria foi para o británico Alistair Brownlee, co maiorquín Mario Mola no segundo posto e o suizo Sven Riederer, terceiro. O tamén galego Javier Gómez Noya, pese a non ter o seu día e quedar tres postos por riba do rosaleiro (13º), mantén o liderato no Mundial.
O recoñecido diario deportivo Marca faise eco da boa carreira do veciño de O Rosal: "La participación española se completó con el meritorio 16º puesto de Óscar Vicente, reciente campeón europeo de distancia sprint, en el que era su debut en unas Series Mundiales"...
¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa de novo Óscar!!
4 jul 2013
HORARIO DO MUÍÑO DAS ACEÑAS
O Muíño das Aceñas, acondicionado como Aula da Natureza dende a súa presentación o 26 de marzo de 2011, abrirá as súas portas ao público do 15 de xullo ao 31 de agosto deste ano 2013.
Os martes e xoves, de 11:30 ás 13:30 horas (excepto festivos). Para máis información, pódese chamar ao teléfono do Concello: 986 62 50 00 ou ben escribir ao correo orosal@concellodorosal.es
Os martes e xoves, de 11:30 ás 13:30 horas (excepto festivos). Para máis información, pódese chamar ao teléfono do Concello: 986 62 50 00 ou ben escribir ao correo orosal@concellodorosal.es
HORARIOS DOS XOGOS POPULARES PARA ESTA FIN DE SEMANA (5, 6 E 7 DE XULLO)
Velaquí vos deixamos os horarios da XV edición dos Xogos Populares do Rosal para esta fin de semana (5, 6 e 7 de xullo).
Lembrade que dende este ano 2013 os Xogos Populares están presentes na rede social Twitter:
3 jul 2013
O XOGADOR ROSALEIRO MANU MARTÍNEZ, PRESENTADO POLO ACADEMIA OCTAVIO
Quique Domínguez, Casares, Carro, Manu Martínez e Javier Rodríguez.
Foto: J.Santomé (FDV)
Segundo se pode ler no xornal Faro de Vigo e no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, o xogador rosaleiro de balonmán, Manu Martínez, foi presentado onte, 2 de xullo, polo Academia Octavio, xunto a Gonzalo Carró e Alberto Casares.
Manu Martínez, formado no Atlético Novás, xunto coas novas fichaxes, é unha das esperanzas do adestrador Quique Domínguez para devolver ao Academia á elite do balonmán nacional, á Liga Asobal, xa que, como recolle Faro "con su juventud y el salto de categoría que dan, creo que nos contagiarán ganas, hambre y se las transmitirán a jugadores veteranos que seguro les van a ayudar mucho en su formación como jugadores".
O míster do Academia afirma que Manu Martínez e Alberto Casares (procedente do Cisne) "son gente muy dinámica, alegre y esas son nuestras señas de identidad".
O primeira línea rosaleiro declaraba que "es una gran oportunidad llegar al Octavio, vengo por dar un salto de calidad".
¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte Manu na túa nova andaina deportiva!!
ACTIVIDADES DE VERÁN PARA NENOS DE ENTRE 4 E 12 ANOS ORGANIZADAS POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
A Agrupación Musical do Rosal organizará diferentes actividades de verán na vila (do 9 de xullo ao 2 de agosto e do 5 ao 30 de agosto), tales como manualidades, obradoiros, xogos populares, cociña, etc.
Para máis información ou para inscribirse poden facelo nas oficinas do Auditorio Municipal do Rosal e mediante os teléfonos 986 62 63 11 e 609 866 792.
PROXECTO SOCHEO PUBLICA UN VÍDEO EN YOUTUBE TITULADO "O CALVARIO, O ROSAL (1968)" CON MOI BOA ACOLLIDA
3.7.13
Comentar
Proxecto Socheo incorporou hai uns días un vídeo
en Youtube da Praza do Calvario, en concreto "un fragmento do filme
Más allá del río Miño, dirixido por Ramón Torrado no ano 1968".
Segundo informa Xurxo González, un dos
responsables do Proxecto Socheo, plataforma de recuperación de vídeos da Guarda
e da bisbarra, estas imaxes están tendo unha gran acollida, polo que
"estamos agradecidos e sorprendidos".
Máis información sobre Proxecto Socheo:
E-mail: proxectosocheo@gmail.com
Facebook: http://www.facebook.com/proxecto.socheo
Twitter: @proxectosocheo
O ROSALEIRO ROBERTO GONZÁLEZ BREY PROCLÁMASE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TIRO OLÍMPICO F-CLASS 900 YARDAS
Fotografías cortesía de R.G.B.
O rosaleiro Roberto González Brey, de San Xoán de Tabagón, vén de proclamarse recentemente en Parga (Lugo), Campión de España de Tiro Olímpico F-Class Open 900 Yardas (distancia ao obxectivo dende uns 800 metros).
O noso veciño, que pertence á "Sociedad Viguesa de Tiro Olímpico" (SOVITO), e que xa era Campión Galego, resultou ser o mellor de España a nivel individual e tamén por equipos, xunto aos seus compañeiros Sinesio Vergas (3º) e J. Antonio Lema (4º).
Segundo declaracións efectuadas a Noticias O Rosal, Roberto González Brey confírmanos que consegue desta maneira o billete directo para o Mundial que se disputará en breve na cidade de Ratón (Nuevo México-EEUU) pero que "está á espera de contar con diferentes patrocinadores para participar neste importante evento".
Lembramos que Roberto foi homenaxeado no I Recoñecemento ao Mérito Deportivo que se celebrou na vila o pasado 20 de febreiro de 2011, xa que hai uns anos tamén conseguira ser Campión de Galicia de Paracaidismo.
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Roberto!!
Lembramos que Roberto foi homenaxeado no I Recoñecemento ao Mérito Deportivo que se celebrou na vila o pasado 20 de febreiro de 2011, xa que hai uns anos tamén conseguira ser Campión de Galicia de Paracaidismo.
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Roberto!!