FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 feb 2013

ESTE SÁBADO 2 DE MARZO CELÉBRASE O VII TORNEO CACHIZA PÍAS. SAN GREGORIO


Este sábado 2 de marzo na Alameda de Pías, a partir das 15:30 horas, celébrase o VII Torneo Cachiza Pías, San Gregorio 2013.

Tal e como reza o cartel, a festa estará amenizada polo grupo "Os de Sempre". E ao rematar a Cachiza entregaranse os premios e actuará o grupo "Os Indomables".

Ás 12 horas, haberá sesión vermouth e adestramentos libres. Á 1 da tarde terá lugar un almorzo na propia Alameda. O recinto estará cuberto por unha carpa.

O domingo 3 de marzo, a partir das 11 da mañá, estará aberta a Cantina e poderase xogar ao xogo da rá.


19 feb 2013

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA OS SOCIOS/AS DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO


  
Informa: Asociación Érguete Baixo Miño.
Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o martes día 26 de febreiro de 2013 ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2012 e Programa para o 2013.
4º Rogos e preguntas.

Para calquera dúbida e/ou aclaración, contactar por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (info@erguete.org)

15 feb 2013

HORARIOS DOS PARTIDOS DO ATL. NOVÁS



Tal e como informa o Balonmán Atlético Novás no seu perfil oficial na rede social facebook, estes son os horarios dos partidos para esta fin de semana do 16-17 de febreiro:

"Horarios fin de semana del 16 al 17 de Febrero:

Primera Nacional: BM CANGAS -MECALIA AT. NOVÁS 17/02/13 O Gatañal 12:30
Primera Autonómica: BM ARTABRO LEGEA SPORT - 4MIÑO AT. NOVÁS 17/02/13 Pab. Novo Meseiro 12:30
Autonómica Cadete: AT. NOVÁS - BM LAVADORES "B" 16/02/13 Pab. Mpal. de O Rosal 11:30
Autonómica Infantil: AT. NOVÁS Descansa
Provincial Alevín: AT. GUARDÉS - AT. NOVÁS - S.A.R. "A" 16/02/13 Pab. Municipal de O Rosal 11:30".

SUSPÉNDESE DEFINITIVAMENTE O DESFILE DE ENTROIDO 2013 DO ROSAL



Segundo se vén de confirmar na web do Concello do Rosal, suspéndese definitivamente por causa da choiva o Desfile-Concurso de Entroido que en principio se ía celebrar o día 10 e que foi posposto para este domingo 17 de febreiro. Haberá, pois, debido ao mal tempo, que agardar ao vindeiro ano 2014.

14 feb 2013

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL



Este sábado 16 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal un concerto a cargo da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal que dirixe Marcel Van Bree.

O programa será o seguinte:


13 feb 2013

A PARELLA ROSALEIRA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" ACTUARÁN EN MADRID



A parella rosaleira de bailaríns "Jose y Rosy" actuará en Madrid o xoves 14 e o venres 15 de febreiro. A sala de baile Cha 3 disfrutará do seu show, xunto aos obradoiros de bachata rueda con Jorge Elizondo dende os EEUU, así como de bachata fusión con Pablo Vilches e Julia. Pablo e Laura, compartirán cartel na festa oficial Pre-Bachatea Congress.



Xa o venres 15 nas Rozas, en "El Almazén de los Sentidos" "Jose y Rosy" ofrecerán en exclusiva unha exhibición de salsa e impartirán unha clase gratuita de salsa en línea, nivel intermedio.

¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e noraboa!

VAMOLANDANDO TEATRO PRESENTA NO ROSAL A OBRA "ROSIÑA SOLTEIRA"



Informa: Anselmo Martínez Pena

Este domingo 17 de febreiro, a partir das 18:30 horas, o Auditorio Municipal do Rosal acollerá a obra "Rosiña Solteira", de Federico García Lorca, posta en escea polo grupo Vamolandando Teatro da Guarda.

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONTINÚA CO SERVIZO DE ASESORAMENTO E PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO



Informa: Neli Rodríguez.

El pasado mes de diciembre del 2011, Cruz Roja ha iniciado un Servicio de Asesoramiento y Préstamo de Productos de Apoyo con la financiación del Ministerio de Sanidad y Política Social. Este nuevo servicio está dirigido a  personas que presentan limitaciones físicas, psíquicas y/o sensoriales con dificultades para desenvolverse de forma autónoma en las actividades básicas e instrumentales de la vida diaria como asearse, comer, trasladarse, llamar por teléfono etc.….

Los productos de apoyo, antes llamados ayudas técnicas, suponen para estas personas elementos fundamentales para facilitar su vida cotidiana, su libertad de acción y movimiento y para adaptar los entornos de acuerdo a la accesibilidad universal. Y para los cuidadores mejoran su calidad de vida, ya que facilitará la atención a las personas dependientes.

La accesibilidad universal establece el compromiso para garantizar que los productos y el entorno sean utilizables y practicables para todos en condiciones de seguridad y comodidad independientemente de la posible capacidad restringida que de forma permanente o temporal algunas personas presentan.

Por todo ello, Cruz Roja en Baixo Miño organiza, en primer lugar, el préstamo de algunos de estos productos, en concreto, aquellos facilitan el traslado y el aseo (silla de ruedas, andadores, muletas, sillas giratorias de bañera, cojines antiescaras, asas de bañeras, etc)  y, en segundo lugar, el asesoramiento respecto al tipo y utilidad de productos de apoyo existentes y los procedimientos para poder acceder a ellos.

Todas las personas que estén interesadas y/o deseen  recibir más información sobre este servicio pueden dirigirse a:
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfono: 986614609/606348471

O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CELÉBRASE ESTE SÁBADO




Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

O Cámping Santa Tecla de A Guarda acollerá o vindeiro sábado 16 de febreiro a partir das 11 da mañá o Campionato Galego de Campo a través.

Velaquí vos deixamos o cartel, cuxo debuxo é obra da deportista do Club Deportivo San Xerome, Amparo Ferreira Álvarez.

O ROSAL ORGANIZA UNHA VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO




Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro 24 de marzo terá lugar unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

A saída do Rosal será as 8:30 h. da mañá. Xantarase en Santiago de Compostela e haberá tempo libre pola tarde para dar unha volta pola cidade.

O prezo é de 25 euros. Tal e como reza o cartel, as persoas interesadas deben anotarse no Centro Social Polivalente ou ben no teléfono 986 60 94 50.

5 feb 2013

PRETO DE 100 ATLETAS PARTICIPARÁN NO "I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN" DO VINDEIRO SÁBADO 9 DE FEBREIRO




Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

A actividade deportiva terá lugar no Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), nas categorías de alevíns, infantís e cadetes (masculino e feminino). Os deportistas con discapacidade participarán na categoría de cadetes.

A saída da primeira categoría será aproximadamente ás 10:30 h. (alevíns) e a última ás 12 h. (cadetes).

Participarán atletas dos clubes: Racing Chapela, Juan XXIII e San Xerome (da FEGADDI- Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual), xunto con atletas dos clubes-centros: Suárez Marquier, Tui Thermalia, IES A Sangriña, Atletismo Porriño, ademais de atletas que o farán de xeito individual.



A actividade estará organizada polo Club deportivo San Xerome,  conmemorando o 32 aniversario do Centro, e conta coa colaboración da Deputación Provincial, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla, Coca Cola, Frutas Serafín e Aguasana.  Mención especial aos voluntari@s que dende fai varios días están a colaborar para que este evento sexa un éxito.


Informamos tamén que neste mesmo circuíto o sábado 16 de febreiro, terá lugar  o Campionato Galego de campo a través para persoas con discapacidade intelectual, organizado nesta ocasión pola FEGADDI, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla e do Club Deportivo San Xerome. As  diferentes carreiras terán lugar de 10:30  a 14 h.

Animamos ao público en xeral acuda a animar aos deportistas nestes dous eventos, nun espectacular circuíto que xa foi escenario dun Campionato de España de campo a través (FEDDI) no ano 1997.

Nas fotografías, un grupo de adestradores-voluntarios  preparando o circuito no Cámping Santa Tecla.

FESTAS DE ENTROIDO 2013 EN FORNELOS



As tradicionais Festas de Entroido de Fornelos comezan o domingo 10 de febreiro a partir das 9:30 horas, cando o grupo de gaitas A Boalleira realizará un pasarrúas.

Xa ás 11:00 h., sairán de Fornelos as carrozas para asistir ás 12:00 h., ao Gran Desfile-Concurso que se celebra anualmente na Praza do Calvario.

De tarde, alá polas 17:00 horas, terá lugar en Fornelos a actuación do grupo As Bolinhas do Jorge (Portugal) ata o comezo da verbena, que contará cos grupos Ritmo Joven e Quinta Avenida.


O luns 11 de febreiro, a partir das 16:00 horas, celebrarase a tradicional Corrida do Galo. Para os máis pequenos, dende as 18:00 horas, actuación de Os 7 Magníficos máis 1.

Sobre as 22:00 horas comezará unha gran verbena amenizada polos grupos D'Moda e Saudade 73.

Para rematar estes festexos, o martes 12 de febreiro, celebraranse na Praza de Fornelos as típicas Frixidelas. A gran verbena comezará ás 21:00 horas, cos grupos Costa Blanca e Alcotán.


Hai que lembrar que xa dende o venres 8 ata o martes 12 de febreiro, Fornelos acollerá por cuarto ano consecutivo a "Carpa de Carnaval", con sesión de Dj's a partir das 12 da noite.

1 feb 2013

CURSO DE CRUZ ROJA SOBRE "CUIDADOS PSICOSOCIALES BÁSICOS PARA LA ENFERMEDAD DE ALZHEIMER"




La acción formativa contará con 30 horas de duración en las que se trabajarán conceptos sobre esta enfermedad y formas de atender de forma óptima a los pacientes.

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informamos de la convocatoria del curso “CUIDADOS PSICOSOCIALES BÁSICOS PARA  LA ENFERMEDAD DE ALZHEIMER”. 

Este curso está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés sociosanitario de Cruz Roja y está dirigido a personas mayores de 16 años que estén interesadas en adquirir  las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización cuidados especiales que requieren las personas dependientes con esta patología.

El objetivo principal de esta formación es dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a proporcionar un cuidado óptimo de las personas que padecen alzheimer. Además de facilitar la adquisición de conocimientos, así como un nivel adecuado de formación sobre contenidos acerca de la psicopatología del alzheimer, mejorar las actuaciones en el ámbito de la intervención del Auxiliar de clínica o de la persona con enfermos de alzheimer a su cargo y capacitar a los alumnos para seguir unas pautas de actuación correctas ante estos pacientes.

En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos:
-        Definición, aspectos fisiopatológicos, fases de la enfermedad y tratamiento farmacológico; Manifestaciones clínicas; agresión, insomnio, inactividad, tristeza, incontinencia, agitación y deambulación; Cuidados al enfermo: aseo, higiene, baño y movilidad; Reordenación de espacios; Vigilancia permanente, alimentación, ayudas técnicas, el cuidado del cuidador; Aspectos psicológicos, habilidades de comunicación.

Esta formación tiene una duración de 30 horas y se desarrollará los Sábados 2, 9, y 16 de Marzo 2013 en horario de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00; el día 16 de Marzo de 10.00 a 14.00.

El coste del curso será de 60 €.Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71