TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

24 ene 2013

FALECE MANUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, "O TRINTIÑA", COÑECIDO CABAQUEIRO DO ROSAL E IMPULSOR DA SÚA CULTURA



O 24 de xaneiro falecía Manuel Rodríguez Martínez, máis coñecido por "O Trintiña" (1925-2013), veterano cabaqueiro (telleiro) do Rosal.

venres 25 ás 16:00 horas, celebrouse o enterro e funeral pola súa alma na igrexa parroquial de Santa Mariña.





Vaise un mestre da vida, un rulo lasqueador, un verdadeiro daorde xamaraina da jalleira. Vaise, sen dúbida, un dos máis activos defensores e promotores do seu antigo oficio e da Cultura da Cabaqueira.




A nosa lembranza, gratitude e recoñecemento para "O Trintiña", xa que entre moitos detalles, concedeunos amablemente a primeira entrevista que realizamos alá por xuño de 2008.




Dende Noticias O Rosal o noso máis sentido pésame a familiares e amigos. ¡¡Descanse en paz. Ata sempre Manuel, ata sempre Manolo, ata sempre TRINTIÑA!!




1 comentario:

  1. Daordes da Jalleira, o ferrete Manuel Rodríguez Martínez, toupou. Para el, o lourenzo arrejañou o vejío. Lasqueaba coas cabacas e cos toupos como ningún cabaqueiro o facía mais jinou a xaina de llastir a ciba do Pulla e xa pariña nas jouchas keikas. Nobis os xamarainas do soi kiriamos que os vijíos do Caicoiño atisben a volandina do Trinta con feluxido amoranto. A Jalleira do Rosal chora!

    ResponderEliminar