FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 sept 2012

O NOVÁS XOGARÁ ESTE SÁBADO 29 DE SETEMBRO NO ROSAL UN DOS CLÁSICOS DE PRIMEIRA NACIONAL CONTRA O LALÍN



Este sábado 29 de setembro ás 19:30 horas celebrarase no Pavillón Municipal do Rosal o encontro entre o Mecalia Atlético Novás e o Club Balonmán Lalín.

Segundo se pode ler no perfil oficial de facebook do conxunto rosaleiro, este partido é, sen dúbida, "un dos clásicos do balonmán galego e da Primeira Nacional".

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte para o Novás!!

24 sept 2012

O GRUPO DE TEATRO AGARIMO PRESENTA NO AUDITORIO DO ROSAL A OBRA "A TABERNA SEN DONO", DE VARELA BUXÁN



O sábado 29 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación da obra “A taberna sen dono”  de  Varela Buxán, a cargo do grupo de teatro Agarimo. 

Manuel Daniel Varela Buxán (1909-1986) é un dramaturgo galego de obra prolífica.

Esta é unha peza cómico-sentimental en tres lances. O acontecemento desenvólvese na época actual,  nunha típica taberna dunha aldea de Galicia onde todos se aproveitan do corazón brando e da falta de carácter do seu dono Manuel.

Esta peza estreouse na República Arxentina pola compañía galega de Marujita Villanueva no ano 1941, co actor Fernando Iglesia (Tacholas) interpretando a Don Manuel.
                                                                                              

E L E N C O

Manuel………………………….LUZ SANTOS
Parrascana………………………MERCEDES PAZ
Silvestra…………………………BERTA VEIGA
Aurora…………………………..TOÑI CASEIRO
Don Pomar……………………...JOSE CARLOS RIVERA
Goleta…………………………...CHARI DOMINGUEZ
Espiritista……………………….PURI CARREGAL
Gaiteiro…………………………LUIS ÁLVAREZ
Coego…………………………...BERTA VEIGA/ PURI CARREGAL
Carceleiro……………………….AURORA PÉREZ
Vaqueiro 1………………………LUIS ÁLVAREZ
Vaqueiro 2………………………Mª CARMEN VALEIRA
Vaqueiro 3……………………….TERESA DORSÉ
                                         
        
DIRECCIÓN
ALEJANDRA ABREU

CRUZ ROJA ABRE O PRAZO DO CURSO PARA VOLUNTARIADO DE "ANIMACIÓN E ESTIMULACIÓN XERONTOLÓXICA"



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Roja Española desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de sus acciones formativas un monográfico de "Animación y estimulación gerontológica" dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de Cruz Roja en Baixo Miño.

La acción formativa se desarrollará los días 23, 24, 25 y 26 de octubre en horario de 10.00 a 14.00.

Los objetivos son dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a desarrollar actividades efectivas y prácticas con  personas mayores. En su estructura incluye los siguientes módulos:

Módulo 1. OCIO Y TIEMPO LIBRE CON LA PERSONAS MAYORES.

Módulo 2. TÉCNICAS PARA LA COORDINACIÓN DE GRUPOS.

Módulo 3. PSICOMOTRICIDAD Y JUEGOS DE MOVIMIENTO

Módulo 4. PSICOESTIMULACIÓN. ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR LA MENTE.

Los nuevos voluntarios que se formen en este curso podrán participar en las diversas actividades que desarrolla Cruz Roja Baixo Miño con mayores, estas son: taller de estimulación de la memoria, taller de gimnasia de mantenimiento, taller de alfabetización, taller del uso del teléfono móvil...

Todas las personas que estén interesadas y/o deseen  recibir más información, sobre esta formación o sobre las actividades que Cruz Roja desarrolla con mayores pueden dirigirse a:

Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño. 
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfono: 986 61 46 09 / 606 348 471 / 

17 sept 2012

UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO CONCELLO DO ROSAL‏



Informa: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local


La Asociación de Empresarios de la Construcción de Pontevedra (APEC) en colaboración con la Fundación Laboral de la Construcción y con el apoyo de la Xunta de Galicia y el Concello de O Rosal, trasladarán una unidad móvil a este municipio los días 24 y 25 de septiembre con el objetivo de llevar a cabo varias actividades directamente vinculadas a la Prevención de Riesgos Laborales.

La unidad estará ubicada en la Plaza del Calvario y permanecerá abierta a visitas de empresarios y trabajadores del sector, en horario de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00.

Un Técnico Superior de Prevención de Riesgos Laborales estará permanentemente a disposición de los visitantes para atender todas las dudas que pudieran tener para la aplicación de la normativa de seguridad laboral en sus empresas.

También se entregará a los empresarios documentación en soporte papel e informático para ayudarles a prevenir accidentes en las obras.

Los trabajadores podrán recibir información detallada sobre las ventajas de obtener la Tarjeta Profesional de la Construcción, como instrumento válido para acreditar su experiencia profesional y formación.

Finalmente, los desempleados de la construcción serán informados del servicio de búsqueda de empleo que la Fundación Laboral de la Construcción pone a su servicio.

Máis información no Concello do Rosal - Centro Social Polivalente, no correo aedl@concellodorosal.es ou no teléfono 986 60 94 50.

CURSO DE MONTAXE DE MOBLES E DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA NO ROSAL



Visitamos recementemente na Mata o curso AFD de "Montaxe de mobles e de elementos de carpintería" que na actualidade se está impartindo no concello do Rosal, financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.


Baixo a dirección do mestre carpinteiro Rafael Dorado Rodríguez, trece alumnos desempregados (dez homes e tres mulleres) que estaban inscritos no Servizo Público de Emprego e que cumplían os requisitos necesarios propios do curso, aprenden o oficio para ampliar coñecementos ou mesmo especializarse dentro desta profesión.


Segundo afirma o seu monitor, Dorado Rodríguez, "o obxectivo principal deste curso, con máis de 500 horas teórico-prácticas, é a formación dos alumnos/as para a inserción laboral".

14 sept 2012

O ROSALEIRO JOSÉ LUIS PÉREZ ENRÍQUEZ REPRESENTARÁ Á ZONA DO MIÑO NO PROGRAMA RECANTOS (LUAR-TVG)




O rosaleiro José Luis Pérez Enríquez, de 18 anos de idade, representará á zona do "Miño": Baixo Miño, Paradanta e Condado, no concurso Recantos do coñecido programa LUAR da Televisión de Galicia (TVG), que se emite todos os venres a partir das 21:30 horas.

Hoxe, venres 14 de setembro, José Luis debutará cos novos "recanteiros" no estreno da vixésima temporada de LUAR.

Lembramos que deste programa saíron moitas estrelas a nivel galego e aínda nacional como Erea Castro ou mesmo Lucía Pérez, que representou a España en Eurovisión.


¡¡José Luis necesita todo o noso apoio!! ¡¡Dende Noticias O Rosal xa o ten!!

¡¡Noraboa e moita sorte!!

12 sept 2012

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS


Velaquí vos deixamos esta pequena nota de prensa remitida polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal.

Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contido: A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos no ano 2012, nas modalidades de ciencias e tecnoloxía e humanidades e ciencias sociais.

Requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2012.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012-2013.

Prazo e calendario: A proba realizarase o día 25 de outubro

O prazo de inscrición será do 20 ó 28 de setembro en diferentes centros, no noso caso o máis próximo será o Centro EPA do Berbés (986 225 579)

Información detallada da convocatoria no seguinte enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120607/AnuncioG0164-300512-0001_gl.pdf

11 sept 2012

O DOMINGO 30 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN A ROMARÍA POPULAR "O ANXO DAS UVAS"


Informa: Jesús González Álvarez (Suso)

O vindeiro domingo 30 de setembro celebrarase a tradicional Romaría Popular de San Miguel de Tabagón "O Anxo das Uvas".

A misa oficiarase ás 12 da mañá na igrexa parroquial e haberá procesión. Unha vez rematados os actos relixiosos, segundo se pode ler no cartel da organización "xuntarémonos na Carballeira da Igrexa para xantar xuntos. Lembrade traer comida e moitas ganas de festa".

CURSO DE FORMACIÓN DE MEDIADORES EN PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS ORGANIZADO POR CRUZ ROJA



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja

 
Durante el próximo mes de septiembre Cruz Roja Juventud desarrollará en la Asamblea Comarcal de Vigo un curso de formación de mediadores/as en educación para la Salud desde el 24 de septiembre al 5 de octubre en horario de 9:00 a 14:00. El plazo de inscripción, que tiene carácter gratuito, termina el 20 de septiembre.

El objetivo de este curso es la formación de un grupo de jóvenes interesados en realizar actividad voluntaria, en IESP COMARCA DO BAIXO MIÑO dentro del programa de Educadores para la Salud que Cruz Roja Juventud desarrolla financiado por el Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.

Los destinatarios son jóvenes de entre 18 y 35 años con disponibilidad horaria de mañana y que se sientan atraídos por la acción voluntaria y les interese el trabajo con adolescentes.

El curso consta de 50 horas teóricas, 30 horas prácticas repartidas en ocho bloques temáticos que incluyen sesiones de:

Educación Para la Salud

Drogas

Sexualidad

E.T.S y VIH

Trastornos de la Conducta Alimentaria

Papel del mediador y Planificación de talleres

Una vez finalizado el curso teórico comienza la fase de prácticas que se realizará en el programa de educación para la salud. Este voluntariado consistirá en la realización de talleres socio educativos con alumnos de enseñanza secundaria de la comarca de O Baixo Miño, a través de los cuáles se trabajará de forma participativa.

Para más información los interesados podrán dirigirse a:

Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño
C/Agustín Nandín Lomba, n1 Bajo
Tlf: 986 614609/ 606 34 84 71

O ROSALEIRO JUAN RAMÓN MARTÍNEZ BARBOSA PRESENTOU EN BEMBRIVE A I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE



O rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa (director desta web cultural) foi o encargado de presentar a I edición de Galician Awards Cache que se celebrou este domingo 9 de setembro no auditorio da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo). Moitos dos cachés están situados en fermosos lugares turístico-culturais do Baixo Miño.


De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental onde participaron medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.


Xa de tarde entregáronse os premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia dentro do interesante -e cada vez máis coñecido- xogo/deporte do Geocaching*.


Martínez Barbosa presentou esta gala, na que resultou premiado como mellor caché de fóra de Galicia “Sons da Floresta” de Jotapesantos (Pedro Santos, “O mestre do Geocaching”, de Portugal). Entregou o premio Emilio Viéitez, un dos organizadores e membro de “Sufridores Celestes”.


O terceiro premio ao mellor caché de Galicia foi para “Cabo da Nave” de “El Correlimos”. O segundo recaíu en “El Código da Vinci”, de “Lalomt” (Lalo Monteagudo), sendo entregado o premio por Manuel Mayo, delegado de Deportes de “Helios”.


O vencedor da I edición dos Galician Awards Cache 2012 ao mellor caché de Galicia foi para “Monasterio de Lérez” de “Almarán” (Álex, Marta e Ana). Entregou o premio aos gañadores Marcelino Barreiro, presidente da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive.


Destacar as diferentes actuacións durante a I Galician Awards Cache, do grupo musical “Tincho Fernán y Cía”, lembrando que coa súa canción “Nada, nada” estiveron no Maketón dos 40 Principales e na actualidade preparan o seu primeiro disco, co recoñecido produtor Javier Abreu.


O monologuista Gabi (Gabriel Correa) do grupo “Avento” puxo a nota de humor do evento facendo unha simpática parodia das recentes e pasadas Olimpíadas.


A mestra de danza, coreógrafa e bailarina, Azziza Safiyé, ofreceu no auditorio de Bembrive unha improvisación de percusión, bailando as súas alumnas unha danza oriental con “saggats”.


(*Segundo se pode ler na páxina oficial de Geocaching.com "El Geocaching es un juego de búsqueda de tesoros al aire libre, en el mundo real, usando dispositivos GPS. Los participantes se dirigen a unas coordenadas GPS en concreto, y entonces tratan de encontrar el geocaché (caché, caja, contenedor) oculto en esa ubicación").


7 sept 2012

XIV TORNEO VILA DE O ROSAL DE BALONMÁN EN HOMENAXE AOS HEROES DO ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONOR B

Hoxe, venres 7 de setembro, a partir das 19:00 horas celébrase no pavillón municipal o XIV Torneo Vila de O Rosal, en homenaxe aos heroes do ascenso á División de Honor B.

A primeira semifinal enfrontará ao U.B. Lavadores contra a S.D. Teucro e a segunda, ao anfitrión Mecalia Atlético Novás e ao C.D. Xico Andebol.

Xa o sábado día 8 xogaranse os partidos polo 3º e 4º posto e a gran final, que será ás 20:00 horas.

OFERTA DE EMPREGO DE ÉRGUETE: FORMADOR/A PARA IMPARTIR CURSO DE CAMAREIRO/A DE BARRA E SALA

Informa: Asociación Érguete Baixo Miño


A Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda (Pontevedra) necesita un monitor/a para impartir un Curso de Camareiro/a de Barra e Sala.

Descrición: Ciclo Formati-
vo de Grao Medio de “Servizos en Restauración” ou equivalente, e acreditar 3 anos de experiencia no sector da hostalería ou como formador/a.

Valórase formación en metodoloxía didáctica e coñecementos de protocolo.

Total liberdade para organizar as clases, seguindo os obxectivos programados.

Material propio ou disposición para preparalo. Dispoñibilidade inmediata.

As persoas interesadas en impartir este curso dirixido a desempregados/as da Comarca do Baixo Miño, teñen que deixar o seu Currículum Vitae no local da Asociación sita na R/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda –Pontevedra, por fax 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org.

O prazo está a aberto ata o día 20 de setembro. A duración da actividade formativa será de 240 horas repartidas durante os meses de outubro e novembro, de luns a venres en horario de mañá.

Para máis información, contacta coa Asociación Érguete Baixo Miño na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407, no email: info@erguete.org ou en facebook.com/erguetebm

6 sept 2012

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NO ROSAL

Velaquí vos deixamos as actividades socioculturais que se celebrarán no Rosal coordinadas dende o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural.

Os cursos nos que aínda quedan prazas son: automaquillaxe, repostería, arte floral iniciación, informática básica para maiores, aeróbic infantil e xuvenil, batuka...

Hai que lembrar que se realizan actividades anuais como pintura para nenos e adultos, memoria, ximnasia de mantemento, ximnasia funcional, pilates, patinaxe para adultos, etc.

4 sept 2012

CURSO DE TÉCNICAS DE ASEO E HIXIENE Á PERSOA DEPENDENTE NO ROSAL


Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal en outubro comezará na vila un "Curso de Técnicas de Aseo e Hixiene á Persoa Dependente".

O curso terá unha duración de 40 horas. O prazo de inscrición rematará o 19 de setembro.

Para máis información poden achegarse ata o Centro Social Polivalente (rúa Cabaqueiros) ou ben chamando ao teléfono 986 60 94 50.

CINEMA NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO



Informa: A.C. A Velha na Horta

Todos os mércores de setembro, a partir das 21:00 horas, terá lugar no Centro Social Fuscalho (A Guarda) a proxección dunha película (Sempre Xonxa, El viento que agita la cebada, O lapis do carpinteiro e La doctrina del shock).



O ROSAL XA CONTA CO SEU ESCUDO E BANDEIRA MUNICIPAIS LEGALIZADOS



O pasado venres 13 de xullo durante a inauguración da XX Feira do Viño do Rosal, presentábase o tríptico Novo Escudo Heráldico Municipal e a súa Bandeira, da autoría do recoñecido escritor e historiador local, Xoán Martínez Tamuxe. Tras recibir moitas preguntas relacionadas co tema, queremos dende Noticias O Rosal lembrar e explicar aquí o por que dese cambio. 

En primeiro lugar, a "Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia obrigou a abandonar aqueles motivos relixiosos de tradición, tal como a Virxe do Pilar e a Cruz de Santiago. Conservouse tan só a Ponte do Tamuxe sobre ondas. No brasón incorpórase agora un cacho de uvas, entre dúas follas de viña. Na bordura óllanse catro rosas, que aluden ás catro parroquias do Concello, todas elas colleiteiras de viño e con notorias adegas".


Segundo afirma Tamuxe O Concello do Rosal considerou conveniente legalizar e organizar correctamente "o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de Heráldica".

O historiador rosaleiro sinala que a nosa vila constituíuse en 1847 en "municipio independen-
te ao desmembrarse do da Guarda", aparecendo un ano despois (1848) o primeiro emblema municipal, nun "cuño" no que estaba gravado unha mata de rosas e no que se podía ollar na súa bordura "Alcaldía y Ayuntamiento del Rosal". Así mesmo, Tamuxe lembra que o rei Alfonso XII concedeulle a O Rosal o título de Vila en 1879.

O brasón heráldico sofre a súa primeira modificación no 1898, enriquecéndose con outros motivos que aluden á historia e á tradición. No Libro de Actas dese ano óllase a Virxe do Pilar, antiga devoción con capela no lugar do Souto (Martín) dende o século XVIII; un arbusto, a planta de rosáceas con varias rosas, que fan referencia ao noso pobo: O Rosal. Tamén a Cruz de Santiago Apóstolo, devoción, así mesmo con capela, en Sandián, citada xa no século XIII. E finalmente, unha ponte (a do Tamuxe), cuxa obra data de 1845, e atopándose no lugar doutra moi anterior, posiblemente, romano-medieval. A súa contorna reza: "Ayuntamiento de la Muy Leal Villa de El Rosal".


Polo tanto, o actual e xa legalizado escudo rosaleiro, como dixemos, ten unha ponte e un cruceiro, que representan a ponte sobre o río Tamuxe na súa desembocadura ao Miño; a cor sinople simboliza o ambiente, os recursos agrícolas, gandeiros e forestais; o acio e as follas aluden á riqueza vitivinícola do municipio e as rosas fan referencia á simboloxía popular do propio nome do Rosal e, polo seu número, ás catro parroquias que conforman o termo municipal.


En canto á referencia máis antiga que se coñece sobre a bandeira municipal, temos que dicir que data de 1918. Trátase da "enseña nacional, figurando na parte central, unha franxa amarela e sobre ela outra franxa branca máis estreita, lembrando á galega. E enriba desta, o escudo municipal tradicional".

A bandeira legalizada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia foi aprobada e organizada deste xeito: pano dividido por tres franxas verticais de verde, branco e azul; a de branco, cunha rosa heráldica ao natural.


A cor verde simboliza o ambiente, os recursos agrícolas, gandeiros e forestais; as cores branca e azul, representan o río Tamuxe e a súa desembocadura ao Miño; e a rosa fai referencia á simboloxía popular do propio nome do Rosal".

Esta información é unha síntese da monografía histórica O Rosal: Brasón heráldico municipal e a súa bandeira. 1848 a 2012 da autoría do historiador Xoán Martínez Tamuxe e que se atopa en preparación.

3 sept 2012

CRUZ ROJA ORGANIZA E IMPARTE NA GUARDA UN NOVO CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS




 
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Debido al interés generado por el primer curso de Primeros Auxilios en bebés y niños y para dar respuesta a toda la demanda recibida de personas interesadas en formarse, Cruz Roja Española en Baixo Miño convoca de nuevo un curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.


El curso de Primeros Auxilios en bebés y niños, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico-prácticas. Las fechas serán los días 20 y 27 de octubre, en horario de 09:00 a 14:00 h.


El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.


En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:


a. El envejecimiento; b. Objetivos; c. ¿Qué es el socorrismo?; d. Pautas Generales de actuación ante una situación de emergencia; e. La cadena de supervivencia; e. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición lateral de seguridad; h. Movilidad y manejo urgente de las víctimas; i. Exploración secundaria; j. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño; k. Hemorragias; l. Quemaduras; m. Electrocución; n. Heridas; o. Traumatismos; p. Intoxicaciones; q. Mordeduras y picaduras de animales; r. Urgencias médicas; s. El Botiquín; t. Prevención de accidentes; u. Bibliografía.


La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda. Todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986 61 46 09, en horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00 h.


El plazo de inscripción acaba el 17 octubre. El número de plazas es limitado y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 30€.