FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 nov 2011

A Asociación Érguete Baixo Miño, comprometida coa prevención na transmisión do VIH/Sida




Érguete Baixo Miño
  
A Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO está implicada no compromiso da prevención na transmisión do VIH/Sida. No Día Mundial do VIH/Sida, que se celebra o xoves 1 de decembro, participamos na proposta de ONUSIDA en relación á Campaña “Lights for rights” a través da cal fai unha chamada de atención á poboación sobre o VIH e os dereitos das persoas afectadas.

Lograr unha maior accesibilidade da mocidade a mensaxes e materiais de prevención forma parte dos obxectivos para conmemorar este día.

A proba do VIH pode realizarse nos centros sanitarios da rede pública de maneira gratuíta e confidencial:
- Centros de atención primaria: médico/a de cabeceira.
- Centros de planificación familiar.

Tamén se poden facer en:
- Laboratorios de análises clínicos.
 
Visita o enlace da Cruz Vermella para máis información detallada: http://www.cruzroja.es/vih/ ou no teléfono gratuíto 900 111 000.

Lembra que na Asociación, contamos cun Servizo de Información e de Asesoramento sobre VIH/Sida así como de Facilitación de Preservativos e de Xiringas totalmente gratuítos e confidenciais, abertos durante de todo ano. Tamén realizamos Talleres preventivos con mozas e mozos sobre Afectividade e Sexualidade, incidindo sobre un uso axeitado do preservativo.

29 nov 2011

EXPOSICIÓN NA GUARDA DO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO EUROPEO COMENIUS REGIO. 3-10 DE DECEMBRO



Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

O obradoiro iniciouse o pasado mes de outubro, e nel interveñen un total de 15 alumnos dos diferentes Centros do Baixo Miño participantes no Proxecto europeo Comenius Regio.

1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)

2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)

3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de Primaria)

4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)
 
Ao longo das 12 sesións que durou o Obradoiro, a especialista Inés Montenegro* traballou aspectos como: explicacións teóricas, visionado de imaxes e técnicas fotográficas, de cara a sacar o maior proveito posible a cámara. Ter en conta a luz e a cor, a contar unha historia a través da fotografía, a reflexionar antes de premer o disparador…

A exposición “Capacidade/Discapacidade”, resultado deste obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso (Praza do Reló de A Guarda), a partir do sábado día 3, ata o 10 de decembro, no seguinte horario:

Mañás de 11,30 a 13 h.

Tardes de 17,30 a 20 h.

O sábado e os días 6 e 8 de decembro (festivos), horario só de mañá: 11,30 – 13 h.

Colabora o Concello de A Guarda.

*Inés Montenegro é fotógrafa oficial da ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación fotográfica en varios centros educativos. As súas fotografías poden verse na web: www.inesmontenegro.com 

28 nov 2011

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL GAÑA O 1º PREMIO DA PRIMEIRA SECCIÓN NO V CERTAME GALEGO DE BANDAS 2011



O domingo 27 de novembro celebrouse no Auditorio de Galicia, a terceira e última xornada do V Certame Galego de Bandas de Música, que proclamou á Agrupación Musical do Rosal como vencedora do 1º premio da Primeira Sección. (Foto: Suso)

O xurado, que estaba formado por Juan Durán, Pilar Vañó, Mercedes Padilla e Xosé Carlos Seráns Oliveira entregou o primeiro premio, dotado con 2500 €, á Agrupación da vila, que interpretou a obra obrigada A lenda da Santa Compaña, do compositor Diego David Cuevas Sánchez, e a obra de libre elección Apocalypse de Derek Burgeois, conseguindo un total de 366 puntos.

Dende Noticias O Rosal, dobre noraboa á Agrupación Musical por este novo premio, que coincide ademais, neste 2011, co seu 25 Aniversario.

Máis información aquí.

NIÑO DO CORVO SERÁ O DESTINO FINAL DO PROGRAMA TURÍSTICO-CULTURAL "O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO"



Este sábado 3 de decembro, se acompaña o bo tempo, celebrarase a última andaina do programa turístico-cultural "O Rosal. Coñece o teu concello". Desta vez percorrerase a zona do Niño do Corvo.


Lembramos a anterior camiñata, a de novembro, por San Miguel e San Xoán de Tabagón e As Eiras, á que asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente alcalde Mª Carmen Alonso, a concelleira de Educación, Mabel Franco Pérez e o historiador local, Xoán Martínez Tamuxe.

Máis información desta actividade nos departamentos de Cultura e Turismo municipais ou no teléfono 986 62 50 00. 

ESTE XOVES, NA TAPERÍA PANDEMILLO DE TOMIÑO, CELEBRARASE UNHA CATA DE VIÑOS GALEGOS CON MARIDAXE



O próximo xoves día 1 de decembro terá lugar na Tapería Pandemillo de Tomiño unha Cata de Viños Galegos con Maridaxe coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (AGV), a cal ven realizando por todo o país catas de viño para poder ensinar aos consumidores dos viños galegos.


“Temos que borrar esa etiqueta de que non temos viños á altura de Rioja ou Ribera del Duero, nós non temos que envexar nada a esas zoas, temos viños que están a esa altura ou superiores” coméntanos Jorge Cardoso Mariño, coordinador da AGV no Baixo Miño.

“O por que de facelo en Tomiño é porque este concello ten unha gran cultura de viños e de viticultura. David, Marcos e Susana, os tres irmáns que rexentan a Tapería Pandemillo, apostan polos viños e produtos galegos” palabras do coordinador da AGV, que insiste en levalo por todo o país.




D.O. RÍAS BAIXAS

• GRAN NOVÁS (Albariño)

• ALBANTA (Albariño)

• ALTOS DE TORONA (Rosal)

• QUINTA DE COUSELO (Rosal)

D.O. RIBEIRA SACRA

• REGINA VIARUM

• CASA MOURE

D.O. MONTERREI

• ALMA DE TINTO

• SOUTO DO REI

O evento será conducido polo sumillier Nacho Costoya, Campión de España 2010 no concurso de xefes de sala-metre realizado no I.F.E.M.A. de Madrid, no que se catarán catro viños brancos e catro viños tintos de denominación de orixe galegas, que se maridarán con polbo, bacallau, carrilleiras de porco e zamburiñas, entre outras cousas.

O prezo para asistir a este evento será de 25€ por persoa e pódense anotar chamando ao teléfono 673 935 350.

24 nov 2011

O equipo feminino de baloncesto do San Xerome, CAMPIÓN DE GALICIA na categoría adaptada. A nosa noraboa



Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

Despois da celebración ao longo do ano 2011 das tres xornadas deportivas, o mércores día 23 de novembro o equipo feminino da categoría adaptada proclamouse CAMPIÓN GALEGO.

Nesta terceira xornada, disputada no Pavillón de O Porriño, o club do Baixo Miño derrotou con claridade aos equipos Aspanaex e Méndez Núñez de Vigo.

Ao remate da xornada, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, fixo entrega ás flamantes campionas do trofeo e as medallas individuais correspondentes. 

Noraboa ás deportistas, Paula, Jenifer, Amparo, Rosalía, María, Maite e Nuria; e graciñas ao grupo de adestradores voluntarios polo seu incansable traballo dos martes e sábado.

A próxima cita do Club será para os deportistas de fútbol sala o sábado 10 de decembro no Pavillón do Berbés de Vigo, no Torneo organizado pola Fundación Míchel Salgado.






Cruz Roja abre o prazo do curso para voluntariado de "Animación y estimulación gerontológica"

Cruz Roja Española, desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de sus acciones formativas un monográfico de Animación y estimulación gerontológica dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de Cruz Roja en el Baixo Miño.

La acción formativa se desarrollará los días 19 y 21 de diciembre en horario de 10.00 a 14.00 h.; 22 y 23 de diciembre de 16.00 a 19.00 h.

Los objetivos son dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a desarrollar actividades efectivas y prácticas con personas mayores.

En su estructura incluye los siguientes módulos:

Módulo 1. OCIO Y TIEMPO LIBRE CON LA PERSONAS MAYORES.

Módulo 2. TÉCNICAS PARA LA COORDINACIÓN DE GRUPOS.

Módulo 3. PSICOMOTRICIDAD Y JUEGOS DE MOVIMIENTO.

Módulo 4. PSICOESTIMULACIÓN. ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR LA MENTE.

Los nuevos voluntarios que se formen en este curso podrán participar en las diversas actividades que desarrolla Cruz Roja Baixo Miño con mayores. Estas son: taller de estimulación de la memoria, taller de gimnasia de mantenimiento, taller de alfabetización, taller del uso del teléfono móvil…

Todas las personas que estén interesadas y/o deseen recibir más información, sobre esta formación o sobre las actividades que Cruz Roja desarrolla con mayores pueden dirigirse a:

 
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfonos: 986614609 / 606 348 471 /

O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia que existe contra a Muller


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Española

Es imprescindible el compromiso de toda la sociedad para acabar con la violencia de género

Durante 2010, Cruz Roja Española prestó su apoyo a más de 22.000 mujeres en dificultad social
 
Cruz Roja Juventud aprovecha la fecha para sensibilizar a la ciudadanía con su actividad “No a la violencia de género, ni hoy, ni nunca”
 
En torno al 98% de las agresiones que se dan en el entorno familiar son a mujeres; y una mujer de cada cinco en Europa ha sufrido algún tipo de violencia por parte de su pareja, según datos de Naciones Unidas.
 
En España, 679 mujeres han sido asesinadas en los últimos diez años. Aunque se está haciendo un gran esfuerzo para eliminar la violencia de género, el número tan alarmante de mujeres que ha muerto de mano de sus parejas o exparejas lleva a plantearse que: “la erradicación debe ser un compromiso de todos y todas”, asegura Paloma Cemillán, responsable de los programas de mujer en dificultad social de Cruz Roja Española. “Es muy importante sensibilizar y formar a todos los profesionales que se relacionan con la violencia de género: cuerpos de seguridad, legislatura, profesionales de la educación, profesionales de la acción social, etc.”, continúa.
 
“Como también es fundamental hacer un acompañamiento a las víctimas y que conozcan las herramientas que tienen al alcance para ayudarlas y para que no sigan “invisibilizadas”. “Si una mujer no denuncia, es invisible”, concluye Cemillán.
 
En 2010, Cruz Roja Española atendió a 22.023 mujeres dentro de sus programas dirigidos a mujeres en dificultad social, que abarcan una serie de estrategias para ayudar a las mujeres a mejorar sus vidas y superar la situación de vulnerabilidad que sufren. Dentro de ellos, se realizan actividades de acogida, atención y prevención, orientación y asesoramiento, enfocadas a la inclusión social.
 
En esta misma línea de trabajo, y bajo el lema “¡No a la Violencia de Género! ¡Ni hoy, ni nunca!, la sección juvenil de la organización, Cruz Roja Juventud, desarrolla acciones con el objetivo de sensibilizar a la sociedad de la importancia de tener un posicionamiento personal y colectivo ante la violencia de género, que contribuya a su erradicación. La campaña incluye, además, una amplia difusión a través de redes sociales, donde cada día se recuerda a la sociedad con un mensaje que diga NO a la violencia de género, NO al control de sus vidas, NO a la trata de personas, y sí a su derecho a decidir libremente…
 
La violencia de género es aquella que sufren las mujeres por el mero hecho de serlo. “Es fundamental educar a la infancia y la juventud para erradicar la lacra social de la violencia machista”, resalta Ylia Aguilar, responsable de la campaña de Cruz Roja Juventud.

Reportaxe da ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2011 celebrada no Rosal

 
Despois dos retrasos obrigados polas choivas, celebrouse a romaría na honra de San Martiño de Tours.

O santo, levado en procesión ao son da gaita, saíu da igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal o pasado domingo 20 de novembro ás 10:30 horas da mañá, para chegar á súa capela no alto do monte da Valga, a repique de campá, ás 12 horas.

A referencia histórica máis antiga que coñecemos da capela data do século XVI e sabemos que pertencía ao Mosteiro de Santa María a Real de Oia.

Os devotos de San Martiño, avogado das espullas, realizaron como sempre, a solemne e ritual parada no lugar do “Pouso”.

Xa na capela, a misa foi oficiada polo abade párroco, Rvdo. D. Julio Ramos, auxiliado por dous “Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis”.

Logo da cerimonia -con homilía- saíu a procesión arredor da capela. Os fieis de San Martiño, rematada a subhasta das ofrendas, foron collendo sitio polas inmediacións da ermida, para xantar de campo.

Os mordomos -“Os da Torre”- e convidados, como é tradicional, ocuparon as mesas de pedra preto da capela.

Sobre as 4 da tarde o Santo deixou a ermida e en procesión, facendo diferentes paradas, foise baixando ata o punto de partida, a igrexa parroquial de Santa Mariña.

23 nov 2011

XEROCK E THE RUNAWAYS, NO IES A SANGRIÑA, COMO DESPEDIDA DO PROXECTO “DEMOCRACIA PARTICIPATIVA”


Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

O vindeiro venres 25 de novembro o Centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comezou o pasado 1 de decembro do 2010.

Este acto consiste nun concerto do grupo XEROCK do Centro San Xerome Emiliani e o grupo The Runaways composto por mozos de A Guarda. Con este concerto pretendemos celebrar un encontro da xuventude guardesa na que se coñeza cal foi o itinerario pola democracia levado por un grupo de oito mozos do Centro San Xerome Emiliani e Avelaíña e por outros oito de Vilafranca de Xira en Portugal.

Pretendemos dar a coñecer tamén que Europa non é so unha entidade política económica senón que dende programas como o de Juventud en Acción tamén se apoia iniciativas de mozos en aras da súa participación, formación e achegamento ata a democracia. A música sempre está unida á xuventude e con este concerto e a golpe de Rock, pretendemos achegar a Unión Europea aos mozos de A Guarda.

O concerto terá lugar ás 12:30 h., no Salón de Actos do Instituto de A Sangriña.

Durante a actividade imos a proxectar algúns dos momentos que protagonizaron o grupo de Democracia Participativa no seu itinerario pola democracia, dende a visita ao Concello da Guarda, á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Sanidade, Política Social e de Igualdade ata chegar á Comisión Europea en Bruselas, pasando polos Parlamentos, autonómico, nacional e o europeo. Toda esta viaxe remata compartindo eses momentos cos nosos compañeiros e compañeiras coa banda sonora de fondo dos músicos de Xerock e The Runaways.


Concerto da Agrupación Musical do Rosal con vistas a súa participación no V Certame Galego de Bandas




Informa: Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical do Rosal

Con motivo da participación da Agrupación Musical do Rosal na sección primeira do V Certame Galego de Bandas realizaremos un concerto de presentación das obras que interpretaremos. O concerto terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal este sábado día 26 ás 17,00 h. e o programa será o seguinte:

- Adiós Tomiño! de Ademar Álvarez

- A lenda da Santa Compaña de David Cuevas

- Apocalypse de Derek Bourgeois

O día seguinte, domingo 27, a partir das 16,30 h. no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela terá lugar o Certame Galego de Bandas, participando na primeira sección as seguintes bandas, por esta orde:

- Banda Recreativa e Cultural de Bandeira

- Agrupación Musical do Rosal

- Agrupación Musical de Vincios

- Banda de Música de Valga

- Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
 
Se algunha persoa está interesada en acompañar á Banda en autobús, poden anotarse na oficina da Agrupación ou no teléfono 986.62.63.11. O prezo da viaxe son 10 euros.

21 nov 2011

Nuria e María disfrutaron do seu premio no BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA




O sábado 19 de decembro, Nuria González Adrover e María Senra Álvarez, integrantes do equipo "AS VITAMINAS", décimas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, tamén disfrutaron do seu premio.

Este non era outro que unha cea no BAR TAPERÍA A COMPETENCIA* (O Rosal), xentileza do seu propietario, José Enrique Rodríguez Vicente.

*O BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA atópase en plena Praza do Calvario. Se queredes contactar para pedir información dos seus bocadillos, tapas e demais, deixámosvos o seu teléfono: 671 636 576.

¡¡Dende Noticias O Rosal, graciñas Enrique!!

O BAR RESTAURANTE PARADELA premia a FUSIÓN, equipo feminino de futbolín



O pasado venres 18 de novembro, Luisa Fernández Álvarez e Rebeca Rodríguez Rodríguez, integrantes do equipo "FUSIÓN", oitavas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, foron premiadas cunha fantástica cea no BAR RESTAURANTE PARADELA* (San Xoán de Tabagón) cortesía do seu propietario, Delmiro Pereira Barros.


Ata alí se achegaron tamén Rubén Santos Paz e Sergio Casal Fernández, secretario e vicepresidente -respectivamente- da Asociación Os Cabaqueiros do Futbolín, coorganizadora do "Feminino Noticias O Rosal".

*O BAR RESTAURANTE PARADELA está emprazado en San Xoán de Tabagón, na estrada que vai ás Eiras. Para máis información sobre o seu servizo, os seus menús, comidas e ceas, podedes contactar sen compromiso no teléfono 986 611488 e no 671 289 570.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa gratitude Miro!!

Studio 88 estará no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo



Informa: Josué Álvarez Alonso / Asociación Studio 88
 
A Asociación Studio 88 estará o  domingo 27 de novembro no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo, "Open Internacional Standar y Latino", dende as 14:00 ás 20:00 horas, no pavillón municipal.

Dende a Asociación recomendamos a asistencia, xa que sen dúbida constitúe todo un espectáculo, e nos tempos que corren é bo apoiar a todas esas parellas que se dedican a un deporte moi pouco valorado.

Organiza o evento: Pasos. Colabora: o Concello de Tui. A entrada custará 6 €.


Encontro galego-portugués no Centro San Xerome Emiliani



Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

 A pasada fin de semana, do 18 ao 20 de novembro reuniuse no Centro San Xerome Emiliani o equipo de Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción.


O grupo da Cercipovoa de Vilafranca de Xira (Portugal) viaxou nesta ocasión a A Guarda para facer o derradeiro encontro Galego - Portugués do proxecto. O grupo está constituído por oito mozos de Vilafranca de Xira e oito do Centro San Xerome Emiliani e da Asociación Avelaíña.

 
O traballo que desenrolado é unha posta en común dos resultados das reunións previas de cada grupo nas institucións locais, autonómica (só no caso galego) e nacionais. O segundo punto na orde do día foi valorar cales foron os cambios persoais e o crecemento como cidadáns neste camiño que fixemos polas nosas institucións. Por último e como unha das cuestións máis importantes, valoráronse os proxectos que queremos desenrolar no futuro, xa sexa dentro da Acción de Democracia Participativa ou noutras áreas do programa Xuventude en Acción da Unión Europea.
 
A anterior ocasión na que o grupo se xuntou foi a viaxe a Bruselas, onde tivemos reunións cos responsables técnicos da área da discapacidade da Comisión Europea e coñecemos máis de preto o Parlamento Europeo, onde tivemos a ocasión de entrevistarnos con algúns europarlamentarios galegos e portugueses.

Dende o Centro San Xerome Emiliani, promotor desta iniciativa, estamos moi satisfeitos con este proxecto e con todo o conquerido nesta viaxe pola democracia.

A fotografía corresponde á recente visita á Comisión Europea en Bruxelas do grupo galego-portugués dentro do primeiro dos programas (Juventud en Acción – Democracia participativa).

A nosa noraboa a Jonathan, que estivo a piques de pasar á final do concurso "Jóvenes Modelos 2011"



Informa: José Luis Rodríguez Fernández

O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, que conseguira pasar á final local do concurso “Jóvenes Modelos", organizado por El Corte Inglés e Faro de Vigo, non puido acceder á ultima proba a nivel de Galicia, pese a ser un dos favoritos do público.

El Corte Inglés de Vigo acolleu o pasado mércores 16 de novembro unha gala na que o xurado decidiu que os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional sexan os seguintes: Michelle Teijeiro Calvo, Manuel Severo Rodríguez González, Sara Mª Tesouro, Damián Novo, Noelia Vila e Elías Armando de la Cruz.

Estes rapaces e rapazas competirán cos gañadoras de A Coruña e Santiago no centro comercial Marineda o xoves 24 de novembro. Desta final sairá a "Parella de Moda Galicia 2011".




16 nov 2011

Últimas prazas para participar no Curso de Primeiros Auxilios no Fogar




Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
 
Cruz Roja Española en el Baixo Miño informa de las últimas plazas vacantes para el curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios en el hogar.

El curso de Primeros Auxilios en el hogar, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico-prácticas. Las fechas serán los días 19 y 26 de noviembre de 2011.

El objetivo general es proporcionar los conocimientos más elementales para poder ofrecer una ayuda eficaz a las personas que han sufrido una situación de emergencia, sea por accidente o enfermedad en el hogar. De este modo se podrán afrontar esos decisivos primeros minutos con la máxima seguridad.

En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:

Módulo 1. Los Riesgos en el Hogar. Módulo 2. Objetivos; Módulo 3. ¿Qué es el socorrismo? Módulo 4. Pautas Generales de actuación ante una situación de emergencia. Módulo 5. La cadena de supervivencia. Proteger, Socorrer y avisar. Módulo 6. Conceptos de PPAA. Módulo 7. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos. Módulo 8. Posición Lateral de seguridad. Módulo 9. Movilidad y manejo urgente de las víctimas. Módulo 10. Exploración Secundaria. Módulo 11. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño. Módulo 12. Hemorragias. Módulo 13. Quemaduras. Módulo 14. Electrocución. Módulo 15. Heridas. Módulo 16. Traumatismos. Módulo 17. Intoxicaciones. Módulo 18. Mordeduras y picaduras de animales. Módulo 19. Urgencias médicas. Módulo 20. El Botiquín. Módulo 21. Prevención de accidentes. 21.2. Pautas generales en los diferentes accidentes.

La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986 61 46 09, en horario de 8:00 a 15:00 h. y de 16:00 a 19:00 h.

El plazo de inscripción acaba el 18 de noviembre. El número de plazas es limitado y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 40€.

14 nov 2011

A Peluquería Ignacio do Rosal premia ás gañadoras do "Feminino"


A "Peluquería Ignacio" do Rosal obsequiou a Mary Domínguez e Ruth Martínez, gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, cunha sesión de perruquería.



Os irmáns Ignacio e Sonsoles González Rivas atenderon amablemente o pasado venres ás vencedoras do "Feminino", que se peinaron, cortaron o cabelo e aínda se fixeron mechas. ¡¡A nosa gratitude para eles!!

10 nov 2011

O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, na final local de "El Joven Modelo El Corte Inglés 2011"


Informa: José Luis Rodríguez Fernández

O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez* consegue pasar á final do concurso “El Corte Inglés de Galicia elige El Joven y La Joven Modelo El Corte Inglés Galicia 2011”, onde participan rapaces e rapazas de entre 14 e 22 anos de idade.

Este mércores 16 de novembro celébrase a final local, sendo durante esta gala cando se elixan os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional.

O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no campo da moda, a imaxe e a publicidade, así como representantes das firmas organizadoras.

Os finalistas das diferentes fases locais participarán na “Gran Gala de la Moda”, que se celebrará o 24 de novembro en El Corte Inglés de Marineda City (A Coruña).

Dende Noticias O Rosal, ¡¡moita sorte!!


*Jonathan ten 15 anos, vive en Martín e estuda no colexio Manuel Suárez Marquier do Rosal. Ademais, o noso veciño é porteiro de fútbol do Sporting Guardés, categoría cadete.

O grupo LIROLAI actuará este venres no programa LUAR da TVG



Mañá, venres 11 de novembro, LIROLAI actuará no programa LUAR da TVG, interpretando a canción "A Cabaqueira".

O grupo rosaleiro está composto por Gloria de la Peña, Miguel Proba, Fátima Pereira, Celso Diego, Rafael Martínez, Serafín Luna, Rafael Domínguez, Sara Proba, Chelo Pereira, Sol Rodríguez, Berta Caride, Esther Vicente e Carmen Rodríguez.

O grupo de pandereteiras/os e música tradicional Lirolai nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.

O grupo consta de doce compoñentes, cinco homes e sete mulleres que interpretan repertorio cantando, pezas de pandereteiras, temas... instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así como versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.
Lirolai fixo a súa presentación o 1 de marzo de 2008 no Centro Social de Estás (Tomiño) e desde entón actúan en diversos eventos culturais: Centro Cultura da Guarda, auditorio do centro cultural Hélios de Bembrive, casa cultural e veciñal de Camposancos e auditorio do Rosal.

Tamén asisten a diferentes festas coma San Gregorio e festa das Letras Galegas do Rosal, I Festa do Kiwi en Tomiño, XVI Festa Luso-Galaica en Vilanova de Cerveira, así como infinidade de seráns e foliadas dos concellos do Rosal, Oia, Tomiño, Tui e Porriño.

Igualmente ten feito colaboracións coa coral da Agrupación Musical do Rosal e co grupo Folk Deixandar, tamén do Rosal. No mes de novembro do 2009 desprázase ata Vitoria para actuar no Centro galego desta cidade, acadando un importante recoñecemento por parte do público asistente. (Fonte: Lirolai)

7 nov 2011

Conchi, Vanesa, Mary, Ruth, Noelia e Maite, ao Campionato de España de Futbolín tras gañar o "Feminino"



O domingo 6 de novembro, no Centro Social Polivalente da vila, tivo lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, que organizou esta web conxuntamente coa Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e a colaboración do Concello do Rosal.

Un total de 20 rapazas disputaron este torneo os días 29 e 30 de outubro no Bar Floro, Bar D’Bute e Bar Troya. As tres primeiras parellas clasificadas (Hai Chapa, As Divinas e Bar Floro) xogarán directamente o Campionato de España de Futbolín que se celebrará os días 8, 9 e 10 de decembro en Padrón (A Coruña).

Lembrar que as gañadoras, Mary Domínguez e Ruth Martínez, revalidan o seu título –invictas- pois venceran tamén na primeira edición, a de 2010. Igualmente Mary foi elixida entre as propias participantes como a mellor xogadora do torneo e Ruth como a mellor porteira.

Todas as participantes foron obsequiadas cun novidoso diploma conmemorativo, libros, trofeos e diferentes agasallos. Entre eles, dúas tartas para as campionas, xentileza de Confitería Rogelio (O Rosal), ceas para dúas persoas cortesía do Restaurante Juan, Restaurante Paradela e Bar A Competencia (O Rosal), así como do Woody Pool (Tomiño), ademais dunha noite na casa rural Casa Cabaqueiros (O Rosal).

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente o exemplar comportamento e deportividade das xogadoras inscritas no torneo, así como a colaboración de todas as persoas e entidades que o fixeron posible.

Esta foi a clasificación final do II Campionato Feminino de Futbolín 2011:

1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)

2ª: AS DIVINAS (Conchi Barbosa González e Vanesa Sánchez Fernández)

3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)

4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)

5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)

6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)

7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)

8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)

9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)

10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)





6 nov 2011

Hoxe domingo, a entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín


Mary e Ruth, gañadoras das dúas edicións do Feminino

Hoxe, domingo 6 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Social Polivalente da vila, terá lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, organizado pola nosa web e a Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín coa colaboración do Concello do Rosal.

Lembramos de seguido a clasificación final da segunda edición deste innovador torneo, exclusivo para as mulleres do Baixo Miño.

1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)

2ª: AS DIVINAS (Conchi Barbosa González e Vanesa Sánchez Fernández)

3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)

4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)

5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)

6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)

7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)

8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)

9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)

10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)

A Xunta de Galicia ingresa 47.000 € ao Centro San Xerome

Informa: Xunta Directiva do Centro San Xerome

 
O venres 4 de novembro, a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia ingresou 47.000 € correspondentes ao contrato de servizos do Centro de día e Centro ocupacional relativos á facturación do pasado mes de agosto.

Con este importe fíxose efectivo o pago das nóminas do persoal do Centro, do mes de outubro. Quedan pendentes de ingresar por diferentes conceptos coa Administración, un total de 200.000 €., indispensables para o normal funcionamento das unidades e servizos do Centro San Xerome.

4 nov 2011

II Rally do Tamuxe de Scalextric organizado pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel


O sábado 5 de novembro terá lugar a segunda edición do Rally do Tamuxe de Scalexctric que organiza a Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón.

Haberá catro tramos de competición, comezando os adestramentos libres ás 10:30 horas, para xa ás 16:00 horas dar inicio a este curioso e novidoso Rally do Tamuxe.

Máis información nos teléfonos 986 61 38 69 e 672 085 534.

Resultados do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011



FASE DE GRUPOS

GRUPO A

Camposinas-Fusión: 3-0 (Partidas: 5-1, 5-0, 5-1)

Bar Floro-Evasión: 0-3 (Partidas: 1-5, 4-5, 3-5)

As Divinas-Camposinas: 3-0 (Partidas: 5-3, 5-2, 5-0)

Fusión-Bar Floro: 0-3 (Partidas: 3-5, 2-5, 1-5)

Evasión-As Divinas: 3-2 (Partidas: 5-4, 3-5, 5-4, 4-5, 5-4)

Camposinas-Bar Floro: 1-3 (partidas: 5-2, 3-5, 3-5, 2-5)

Fusión-As Divinas: 0-3 (partidas: 0-5, 4-5, 2-5)

Camposinas-Evasión: 0-3 (partidas: 2-5, 3-5, 3-5)

Bar Floro-As Divinas: 0-3 (Partidas: 2-5, 1-5, 1-5)

Fusión-Evasión: 0-3 (Partidas: 3-5, 1-5, 2-5)


Fase de Grupos. 2ª VOLTA

Bar Floro-Evasión: 1-3 (partidas: 5-1, 4-5, 4-5, 2-5)

Bar Floro-Fusión: 3-1 (Partidas: 5-0, 4-5, 5-4, 5-1)

Bar Floro-Camposinas: 0-3 (Partidas: 2-5, 2-5, 2-5)

Bar Floro-As Divinas: 0-3 (Partidas: 4-5, 2-5, 0-5)

Camposinas-Fusión: 3-0 (Partidas: 5-1, 5-2, 5-2)

Evasión-As Divinas: 0-3 (Partidas: 1-5, 2-5, 3-5)

As Divinas-Camposinas: 3-2 (Partidas: 5-1, 4-5, 4-5, 5-4, 5-4)

Fusión-Evasión: 1-3 (Partidas: 0-5, 5-2, 1-5, 3-5)

Camposinas-Evasión: 3-2 (partidas: 5-2, 3-5, 5-2, 3-5, 5-0)

Fusión-As Divinas: 0-3 (Partidas: 0-5, 2-5, 0-5)

CLASIFICACIÓN DO GRUPO A NA PRIMEIRA VOLTA

1ª: Evasión: 4 vitorias, 0 derrotas

2ª: As Divinas: 3 vitorias, 1 derrota

3ª: Bar Floro: 2 vitorias, 2 derrotas

4ª: Camposinas: 1 vitoria, 3 derrotas.

5ª: Fusión: 0 vitorias, 4 derrotas.

CLASIFICACIÓN FINAL GRUPO A

1ª: AS DIVINAS: 21 puntos (7 vitorias, 1 derrota)

2ª: EVASIÓN: 18 puntos (6 vitorias, 2 derrotas)

3ª: CAMPOSINAS: 12 puntos (4 vitorias, 4 derrotas)

4ª: BAR FLORO: 9 puntos (3 vitorias, 5 derrotas)

5ª: FUSIÓN: 0 puntos (0 vitorias, 8 derrotas)


GRUPO B

Xa Estamos aquí – Hai Chapa: 0-3 (Partidas: 0-5, 1-5, 4-5)

Tapería A Pousada-As Vitaminas: 3-0 (Partidas: 5-1, 5-2, 5-0)

Marvan-Xa Estamos Aquí: 1-3 (Partidas: 5-4, 3-5, 4-5, 2-5)

Hai Chapa-Tapería A Pousada: 3-1 (Partidas: 5-0, 2-5, 5-3, 5-1)

As Vitaminas-Marvan: 1-3 (partidas: 5-3, 2-5, 3-5, 1-5)

Xa Estamos Aquí-Tapería A Pousada: 0-3 (partidas: 0-5, 2-5, 4-5)

Hai Chapa- Marvan: 3-0 (partidas: 5-1, 5-2, 5-0)

Xa Estamos Aquí-As Vitaminas: 3-0 (partidas: 5-4, 5-1, 5-0)

Tapería A Pousada-Marvan: 3-0 (partidas: 5-1, 5-1. 5-2)

Hai Chapa-As Vitaminas: 3-0 (Partidas: 5-1, 5-1, 5-0)

Fase de Grupos. 2ª VOLTA

Tapería A Pousada – As Vitaminas: 3-0 (partidas: 5-0, 5-1, 5-0)

Xa Estamos Aquí-Hai Chapa: 2-3 (partidas: 5-4, 3-5, 4-5, 5-3, 3-5)

As Vitaminas-Marvan: 0-3 (partidas: 3-5, 2-5, 1-5)

Xa Estamos Aquí-As Vitaminas: 3-0 (partidas 5-0, 5-0, 5-1)

Marvan-Xa Estamos Aquí: 0-3 (Partidas: 0-5, 2-5, 0-5)

Hai Chapa-As Vitaminas: 3-0 (Partidas: 5-1, 5-0, 5-1)

Hai Chapa-Marvan: 3-0 (Partidas: 5-0, 5-0, 5-3)

Tapería A Pousada-Hai Chapa: 2-3 (partidas: 5-4. 5-4, 4-5, 3-5, 3-5)

Tapería A Pousada-Xa Estamos Aquí: 2-3 (partidas: 5-4, 3-5, 5-4, 2-5, 4-5)

Tapería A Pousada-Marvan: 3-0 (partidas: 5-2, 5-0, 5-1)


CLASIFICACIÓN DO GRUPO B NA PRIMEIRA VOLTA

1ª: Hai Chapa: 4 vitorias, 0 derrotas

2ª: Tapería A Pousada: 3 vitorias, 1 derrota

3ª: Xa Estamos Aquí: 2 vitorias, 2 derrotas

4ª: Marvan: 1 vitoria, 3 derrotas

5ª: As Vitaminas: 0 vitorias, 4 derrotas
 
CLASIFICACIÓN FINAL GRUPO B

1ª: HAI CHAPA: 24 puntos (8 vitorias, 0 derrotas)

2ª: TAPERÍA A POUSADA: 15 puntos (5 vitorias, 3 derrotas)

3ª: XA ESTAMOS AQUÍ: 15 puntos (5 vitorias, 3 derrotas)

4ª: MARVAN: 6 puntos (2 vitorias, 6 derrotas)

5ª: AS VITAMINAS: 0 puntos (0 vitorias, 8 derrotas)


FASE FINAL

2ª A – 5ª B

EVASIÓN – AS VITAMINAS: 3-0 (Partidas: 5-0, 5-1, 5-2)

4ª A – 3ª B

BAR FLORO-XA ESTAMOS AQUÍ: 3-2 (partidas: (1-5, 1-5, 5-4, 5-2, 5-2)

3ª A – 4ª B

CAMPOSINAS – MARVAN: 3-0 (partidas: 5-0, 5-1, 5-3)

5ª A – 2ª B

FUSIÓN- TAPERÍA A POUSADA: 0-3 (partidas: 0-5, 1-5, 1-5)


FASE FINAL. 5º a 10º POSTO

MARVAN – AS VITAMINAS: 3-0 (partidas: (5-0, 5-4, 5-1)

AS VITAMINAS – XA ESTAMOS AQUÍ: 0-3 (partidas: 0-5, 1-5, 2-5)

MARVAN – FUSIÓN: 2-3 (partidas: 5-3, 5-3, 3-5, 2-5, 3-5)

FUSIÓN – XA ESTAMOS AQUÍ: 1-3 (Partidas: 5-4, 4-5, 0-5, 4-5)

EVASIÓN – TAPERIA POUSADA: 2-3 (partidas: 5-4, 0-5, 5-2, 2-5, 4-5)
 
CUARTOS DE FINAL

EVASIÓN – BAR FLORO: 2-4 (partidas: 4-5, 1-5, 5-4, 3-5, 5-4, 4-5)

CAMPOSINAS – TAPERIA POUSADA: 4-0 (partidas. 5-3, 5-2, 5-1, 5-2)


 

SEMIFINAIS

CAMPOSINAS – AS DIVINAS: 4-5 (partidas: 5-4, 3-5, 0-5, 4-5, 5-3, 5-3, 3-5, 5-2, 1-5)

HAI CHAPA – BAR FLORO: 5-0 (partidas: 5-0, 5-2, 5-3, 5-1, 5-3)
 
TERCEIRO E CUARTO POSTO

BAR FLORO – CAMPOSINAS: 5-3 (partidas: 2-5, 5-2, 5-2, 3-5, 5-2, 5-2, 2-5, 5-2)


FINAL DO II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL 2011

AS DIVINAS – HAI CHAPA: 2-7 (partidas: 5-4, 5-1, 4-5, 4-5, 2-5, 2-5, 2-5, 3-5, 0-5)

CAMPIONAS: HAI CHAPA (MARY E RUTH)

CLASIFICACIÓN DO II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL 2011



1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)

2ª: AS DIVINAS (Conchi Barbosa González e Vanesa Sánchez Fernández)

3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)

4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)

5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)

6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)

7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)

8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)

9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)

10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)


2 nov 2011

Mary Domínguez e Ruth Martínez gañan o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011





O equipo HAI CHAPA, formado por Mary Domínguez e Ruth Martínez, vencen na gran final a Vanesa Sánchez e Conchi Barbosa (AS DIVINAS) e revalidan o seu título, gañando o II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL 2011.



O terceiro posto foi para o equipo BAR FLORO, integrado por Noelia Álvarez e Maite Martínez, tras vencer a Bea Rodríguez e María Martínez (AS CAMPOSINAS).



A ENTREGA DE PREMIOS do II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL terá lugar este DOMINGO 6 de novembro ás 20:00 horas no CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO ROSAL. A entrada será libre.

Esta é a clasificación final do II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN 2011:
 
1ª: HAI CHAPA (Mary e Ruth)

2ª: AS DIVINAS (Conchi e Vanesa S.)

3ª: BAR FLORO (Maite e Noe)

4ª: CAMPOSINAS (Bea e María M.)

5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofi e Xuru)

6ª: EVASIÓN (Eva e Tania)

7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara e Jenni)

8ª: FUSIÓN (Rebeca e Luisa)

9ª: MARVAN (Marisa e Vanesa R.)

10ª: AS VITAMINAS (María S. e Nuria)