TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 mar 2011

Noticias O Rosal apoia á cantante Erea Castro



Chega novamente a quenda, o turno de Erea Castro no concurso Recantos que organiza o programa LUAR da TVG para descubrir ás novas promesas da canción galega. Esta cantante de Salvaterra representa á zona do Baixo Miño e do Condado-Paradanta.

Durante o programa -que comeza os venres ás 22:00 horas- estiveron abertas as liñas telefónicas para que os fans e espectadores poidesen votar por Erea Castro. Había que marcar o número que indicaba o presentador do programa, Xosé Ramón Gayoso, para votar e apoiar á nosa representante. Agora xa está no tramo final, cun esixente xurado no propio escenario do Luar...


EREA CASTRO

O seu nome completo é Erea Castro Alfonso e -como dixemos- na actualidade é a representante do Baixo Miño, Condado e Paradanta na sección "Recantos" do programa Luar, da TVG.

Aínda que a súa traxectoria non é precisamente ampla -dado que só ten 22 aniños- é unha alegre e simpática rapaza, natural de Salvaterra de Miño que estuda na Universidade de Santiago de Compostela o seu cuarto ano de Historia da Arte, especializándose en Historia da Música e en Patrimonio.

Segundo nos conta Erea, xa dende moi pequena dedicouse á música participando en numerosos coros, como solista nas actividades realizadas polo seu instituto. Ademais estudou ata o grao elemental de piano no Conservatorio de Ponteareas e aínda recibiu formación de canto lírico.

No pasado 2010 tamén asistiu a clases na Escola Estudio de Jazz de Santiago de Compostela, sendo a cantante dun pequeno grupo, traballando así mesmo na orquestra Alaska.

Ten participado en dous concursos, un en 2009, no concello de Ordes, gañando o segundo premio na categoría profesional e o outro o Karaoke Internacional de Salvaterra de Miño, acadando o terceiro premio.

Confésanos Erea que participará no programa "Recantos" con toda a ilusión do mundo e intentará deixar o pavillón do Baixo Miño, Condado e Paradanta o máis alto posible.

0 comentarios:

Publicar un comentario