TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 feb 2011

Orixinal conxunto de esculturas no Torroso





Reportaxe fotográfica: Claudio Martínez Rodríguez

Velaquí vos deixamos esta interesante reportaxe fotográfica dun curioso conxunto artístico gravado en pedra nos montes do Torroso (O Rosal/Salcidos). As imaxes son propiedade de Claudio Martínez Rodríguez, que estivo acompañado nesa visita polo seu irmán Martín Martínez Rodríguez e Ana Elena Castro Dorna.

Segundo as nosas investigacións esta orixinal idea xurde hai uns quince anos aproximadamente, cando os escultores Pepe Antúnez Pousa, Félix G. Fidalgo e Alejandro Durán acordan facer estes gravados no monte, aproveitando certas formas que tiñan as pedras.

O recoñecido artista tomiñés Antúnez Pousa, en declaracións a Noticias O Rosal, afirma que a partir desas figuras naturais das rochas foron completando o que a pedra insinuaba, unido isto -pensamos nós- a unha extraordinaria creatividade e imaxinación, traballando só os domingos. Así mesmo que entre elas había labradas un aguilucho, dúas tartarugas, un polbiño, unha cabeza así como unha imaxe da Virxe. Un ano despois de comezar ese proxecto -confésanos- esa imaxe mariana foi sustraída.



Lembra Antúnez con morriña que con esta obra de arte ao aire libre e nun formidable emprazamento, marabilloso miradoiro cara ao Océano Atlántico, querían crear un pequeno recuncho de paz, tranquilidade, amizade, harmonía e ata de espiritualidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario