FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 jul 2008

A Biblioteca Municipal, pechada ata o 18 de agosto

Comunícannos que a Biblioteca Municipal do Rosal permanecerá pechada ata o 18 de agosto por vacacións do seu persoal. Para máis información, no Concello ou nos seus teléfonos: 986 62 50 00 e 986 62 50 17.

O rosalés Iván Fernández Correa, a piques de cumprir dous anos ao fronte de Guess Music

Con motivo das Festas do Monte de Santa Trega 2008, Guess Music, o disco-pub do rosalés de Marzán, Iván Fernán-
dez Correa, ten programado unha axenda repleta de ocio, regalos e sorpresas. Guess Music abrirá tódolos días da Semana do Monte, de luns a luns (do 4 ao 11 de agosto). Haberá sorteo de entradas para o concerto do grupo El Canto del Loco, que actuará en Vigo o día 23 de agosto. O pub de Iván, que en novembro cumpre dous anos ao seu fronte, está na rúa Ourense nº 10, na vila da Guarda, con música latina, house, dance... Como eles mesmos din, o Guess "é o local de moda, lugar ideal para atoparse cos amigos e comezar a noite, moi boa música, festas e un montón de sorpresas que non te podes perder". Para máis información facede click na súa páxina: http://www.guessmusic.es/

Festa do Campo e Floral 2008 en San Miguel de Tabagón

A Sociedade Recreativa e Cultural Centro San Miguel organiza estes días dous concursos, un floral e outro de produtos do campo. No Concurso Floral os traballos deben reali-
zarse na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel o día 1 de agosto ás 20:00 horas. Non optarán ao premio os ramos ou centros que xa veñan feitos da casa. As flores -din- "deben ser do voso xardín". En canto ao Concurso Produtos do Campo os traballos débense entregar na Sociedade a partir do día 29 de xullo ata o 1 de agosto, podéndose empregar só productos da "vosa horta ou xardín". A entrega de premios será o domingo 3 de agosto ás 17:00 horas.

30 jul 2008

O sábado 2 de agosto, "Cine na Rúa"

A concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo infórmanos que este sábado, ás 22:30 horas na Praza do Calvario (en caso de choiva no Auditorio) proxectarase a película "The Holiday" (Vacacións). A súa sinopse é a seguinte: Amanda (Cameron Díaz), unha muller americana con problemas cos homes, e Iris (Kate Winslet), unha británica de Londres cos mesmos problemas, se intercambian as súas respectivas residencias durante o Nadal para saír da súa cidade e probar novos ambientes (FILMAFFINITY).
"Una película primorosamente escrita alrededor de asuntos intemporales (...) Con unos diálogos muy creíbles, un exquisito gusto por la réplica afilada y hasta trascendente, y una realización muy elegante" (Javier Ocaña: Diario El País)

Nace unha nova revista: Cultura Baixomiñota

Saíu á luz este mes de xullo o primeiro número da revista Cultura Baixomiñota. Toda a axenda do Baixo Miño: Cultura, Ocio, Turismo. Trátase dunha publicación mensual, dirixida e coordinada por Enrique Álvarez. A súa redacción corre a cargo de Beti Rey e está editada pola Asociación Terras do Baixo Miño. Nas súas propias palabras esta revista "nace co desexo de cubrir a necesidade dunha axenda diaria de cultura e ocio, tanto dos concellos coma das distintas asociacións integradas na comarca do Baixo Miño".
Cultura Baixomiñota está redactada tanto en castelán como en galego, con fotos a toda cor e cun deseño atractivo. Neste nº 1 atopamos seccións de gastronomía, reportaxes dedicadas ás praias fluviais, onde non podía faltar a das Eiras, ou por exemplo unha "escapada" ao Monte Aloia (Tui).

28 jul 2008

David Gómez estará nos Xogos Olímpicos de Pekín

O rosalés David Gómez conseguiu esta fin de semana o billete para os Xogos Olímpicos de Pekín tras proclamarse Campión de España de Decathlon en Tenerife cunha marca de 7736 puntos, conseguindo a tan ansiada mínima B requerida. Esta será a segunda Olimpíada para David, pois participou fai catro anos en Atenas. Un novo éxito na súa carreira xa que fora Campión de España Absoluto de Decathlon (2004 e 2007) ou Subcampión do Mundo Junior no ano 2000, entre outros moitos títulos. A nosa noraboa! Máis información na súa páxina: http://davidgomez.interatletismo.es/

Descendentes de emigrantes galegos, de ruta polos Muíños do Folón e do Picón

O domingo 27 de xullo, previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, realizouse unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. Acompañados polo guía do Concello, Juan Ramón Martínez Barbosa, quen se encargou das pertinentes explicacións, máis de 40 rapaces de Arxentina, Uruguay, Venezuela, México e Chile, coordinados por Rogelio Rivas, fixeron o percorrido dos Muíños dentro do programa da Dirección Xeral de Xuventude, no que colabora Emigración, chamado "Rutas coñece Galicia". Este programa está aberto a descendentes de galegos entre os 14 e os 20 anos, que vivan en países con gran presencia da emigración galega, fundamental-
mente, América Latina.

26 jul 2008

Festas patronais do Concello do Rosal

Detalle da procesión dando a volta á Praza do Calvario

O venres 25 de xullo e ás 12 da mañá, celebrouse na igrexa parroquial de Santa Mariña a misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santiago Apóstol e a Virxe do Pilar. Foi oficiada polo párroco D. Julio Ramos, asistido por D. Isaac Penela. Nesta misa recibiron a Primeira Comunión diferentes nenos da parroquia. Finalizada a mesma tivo lugar a procesión que fixo o itinerario de costume, sendo presidida pola clerecía e a Corporación Municipal, acompañadas da Banda de Música da Vila.

25 jul 2008

XV Encontro dos Pobos no Auditorio Municipal

O sábado día 26 de xullo e ás 22:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal o espectáculo "A Maxia do Cabaret de Anyo e Conchi". Xa o domingo 27 celebra-
rase tamén no Auditorio da Vila, ás 21:00 horas, o XV Encontro dos Pobos que contará coa actuación dos grupos Doina de Bucarest, Coros y Danzas Virgen de Finibusterre (Toledo) e o guardés Do Lusco ó Fusco:
(http://www.doluscoofusco.8m.com/index_files/page0004.htm). Na fotografía, facendo a entrada na Praza do Calvario no ano 2006.

22 jul 2008

Festas do Pilar

Dende a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo infórmannos que o xoves día 24 a partir das 22:30 horas haberá unha gran verbena amenizada polas orquestras Magos de España e Pontevedra.
O venres 25 ás 11 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música da Agrupación M. do Rosal. A misa solemne das 12 será cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Xa pola noite e ás 21:00 horas, terá lugar un concerto da citada Banda do Rosal na Praza do Calvario.
O broche final a estas festas o poñerá a orquestra Ilusión.

21 jul 2008

Resumo da XVI Feira do Viño do Rosal 2008

Degustando viños e tapiñas nunha "terraza" na Praza do Calvario
Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe, a modo de resumo, desta XVI Feira do Viño do Rosal 2008. Nela incluímos as fotografías da inauguración, coas diferentes intervencións que se produciron, tanto do alcalde Sr. Fernández Portela, do pregoeiro Ánxo Vázquez e do presidente da Deputación, Sr. Louzán. Así mesmo tamén reflectimos diferentes detalles das exposicións que houbo no Concello e da degustación dos exquisitos viños rosaleses. Click no seguinte enlace: http://es.youtube.com/watch?v=_cfpVlPhNb8

Exposición dos pintores Waldo Álvarez Álvarez e María del Carmen Varela Velasco

Como xa tiñamos anunciado, a oferta cultural dentro desta edición da Feira do Viño foi múltiple e variada. Achegámonos ata as instalacións da "Cámara Agraria" onde expuñan a súa obra os pintores autodidactas Waldo Álvarez Álvarez e Mª del Carmen Varela Velasco. O primeiro é natural do Rosal, residindo na actualidade na parroquia de San Xoán de Tabagón. O seu estilo é figurativo, empregando como técnica o óleo sobre lenzo, con temas tan variados que van dende certas paisaxes mariñas ata retratos. Waldo tamén realiza fermosos mosaicos con gres esmaltado e azulexo.
María del Carmen Varela Velasco (Mary Varela) é natural de Sober (Lugo) e vive dende fai tres anos no Rosal, concretamente en Couselo. Preguntándolle sobre os motivos da súa obra coméntanos que "son unha namorada da natureza, pero coas miñas cores. O que quero reflexar tenme que emocionar. Gústame xogar coa realidade e poñerlle un pouquiño da miña fantasía". Esta é a segunda exposición de Mary Varela no Rosal, pois a súa obra tamén estivo cara ao público co gallo da Festa do Cabaqueiro do ano 2005. (Facede click nas fotografías para aumentalas)

20 jul 2008

Inauguración da XVI Feira do Viño do Rosal 2008

Anxo Vázquez foi o encargado de dar lectura ao pregón deste ano
O venres 18 de xullo inaugurouse oficialmente a XVI Feira do Viño do Rosal 2008. O acto tivo lugar diante da balconada do Concello, cunha primeira intervención do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, presentando de seguido ao pregoeiro deste ano, Anxo Vázquez, director do programa da TVG "O Agro" quen realizou numerosas loubanzas dos nosos viños. En último lugar -e como xa advertíramos- o encargado de dar luz verde ao comezo desta Feira anual rosalesa foi o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Velaquí vos deixamos precisamente en forma de vídeo o momento da inauguración desta XVI Feira do Viño 2008. Facede click no seguinte enlace:http://es.youtube.com/watch?v=UPWLF6k-nxE

O luns 21 de xullo, as reportaxes da Feira do Viño do Rosal 2008

O luns publicaremos as distintas reportaxes e entrevistas con motivo da XVI Feira do Viño do Rosal. Faremos un repaso polos momentos máis destacados da inauguración, do pregón, das diferentes exposicións de pintura e escultura, da mostra filatélica e por suposto da degustación destes afamados caldos do Rosal.

15 jul 2008

O Rosal quenta motores con vistas á Feira do Viño 2008

Vista xeral da pasada edición da Feira do Viño 2007

Este venres 18 de xullo e ás 20:00 horas dará comezo a XVI Feira do Viño do Rosal 2008. Como é habitual nos últimos anos o encargado de inaugurar esta exaltación do viño e produtos típicos rosaleses será o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Poderanse degustar os exquisitos viños que producen as bodegas da zona, sempre acompañados duns "pitiscos" dos distintos postos que se instalarán para a ocasión. Amenizará este tempo de lecer a charanga Os Jalácticos. Xa o sábado 19, a Feira abrirá as súas portas ás 11 da mañá.

14 jul 2008

A nova e flamante Biblioteca Municipal

Achegámonos ata a Biblioteca Municipal, na planta baixa do Concello para facer esta pequena reportaxe visual. Temos que lembrar que o seu horario de verán será do 1 de xullo ao 29 de agosto, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas. Libros, enciclopedias, contos, xornais e revistas do Rosal, Baixo Miño, etc... pódense consultar neste espazo cultural de tódolos rosaleses.

13 jul 2008

Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal"

Aínda que este colectivo se funda no ano 1997, a I Exposición Filatélica xurde en 1994 coincidindo coa II Feira do Viño do Rosal. Agora, 14 anos despois, os seus membros presentan a XV Exposición Filatélica con gran entusiasmo e experiencia, dando a coñecer, cos seus paneis cheos de selos e sobres mataselados, este atractivo mundo da Filatelia, atraendo a novos afeccionados a reunir e seleccionar selos. O Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" xestiona ante a Dirección Xeral de Correos a concesión dos sucesivos mataselos conmemorativos, que nesta XV edición amosa un detalle do artístico retábulo do altar maior da igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal.

Exposicións culturais na Vila

Con motivo da XVI Feira do Viño do Rosal, a Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo ofrécenos a posibilidade de asistir a exposicións de pintura, escultura ou mesmo filatélica.

Na Sala de Exposicións do Concello: Pinturas de Alfonso Rodríguez Fouces
Esculturas de Julio Martínez Martínez e Félix Gómez Fidalgo
XV Exposición Filatélica

Na Cámara Agraria:
Pinturas de Mª del Carmen Varela Velasco e Waldo Álvarez Álvarez.

No Centro Social:
Pinturas do colectivo de alumnos do Concello do Rosal.


Horarios das exposicións
De 11:00 a 13:00 horas
De 19:00 a 22:00 horas

A Reitoral, en obras

Costeadas pola parroquia de Santa Mariña, estanse acometendo unha serie de melloras na Casa Reitoral ubicada na rúa Ramón Franco, tales como o reforzamento da praca ou a substitución do tellado con tella nova envellecida. Segundo nos informa o párroco D. Julio Ramos estas obras teñen un presuposto superior aos 20.000 euros. Avanzounos así mesmo que dentro de pouco realizaranse novas actuacións de reparación na igrexa parroquial.

Curso de Informática de Usuario

Cun grupo de 15 alumnos e alumnas comezou no Rosal o curso de INFORMÁTICA DE USUARIO/A para demandantes de emprego dentro do Plan de Formación e Inserción Profesional (FIP) concedido pola Consellería de Traballo. Este curso, que ten unha duración de 225 horas, está coordinado por Mª Carmen Galiñanes González, sendo os profesores do mesmo Víctor e Isa (Informática Scape - O Rosal).
O seu temario é o seguinte:
·Introdución ao ordenador e periféricos (40 horas)
·Iniciación á Transmisión de Datos (60 horas)
·Procesador de Textos (20 horas)
·Folla de Cálculo (20 horas)
·Bases de Datos (20 horas)
·Presentacións Gráficas (20 horas)
·Iniciación a Internet (20 horas)
·Inserción Laboral (15 horas)
·Formación para a Igualdade (10 horas)

10 jul 2008

Tres rosaleses (rosaleiros) representan a Galicia no Campionato de España de Billar

Despois da Liga Regular e dunha durísima Final Provincial, celebrada en Ponteareas, o equipo POOL CHAOS "OS ELECTRÓNS", formado por tres rosaleiros, Rafael Martínez Alonso, Sergio Rodríguez Rodríguez e Juan Carlos Treinta Martínez, logran facerse coa praza para loitar polo Campionato de España de Billar Pool Bola 8. A este torneo acuden os 64 mellores equipos nacionais.

Pois ben, o venres día 4 de xullo celebrouse na cidade de Lugo e no Pazo de Feiras e Congresos o dito campionato estatal, onde os nosos rosaleiros acudiron ao certame representando á Selección Galega de Billar Pool Bola 8.
Despois de varios encontros conseguen clasificarse dentro dos 32 mellores equipos de España, pero resultan eliminados contra un dos conxuntos que eran favoritos á vitoria final.

Ese mesmo día, xa pola noite, tivo lugar a entrega de trofeos, sendo presentado o evento por Fernando Romay (ex-xogador de baloncesto do Real Madrid e da Selección Española) e Vania Millán (Miss España 2002) outorgándolle ao clube Pool Chaos da Guarda, onde entrenan os nosos xogadores, o título de mellor clube de España. Recolleu o premio o seu activo presidente, o tamén rosaleiro Saúl Carrera, de San Miguel de Tabagón.
A nosa noraboa!

9 jul 2008

Actuacións da Agrupación Musical no Rosal

Dentro das actividades programadas para os meses de xullo e agosto, a Concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, informa que o sábado día 12 de xullo, no Auditorio Municipal e ás 21 horas, terá lugar un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. A próxima actuación na Vila será con motivo das Festas do Pilar o día 25, a partir das 11 da mañá, facendo un pasarrúas, antes da misa solemne das 12 horas, que será cantada pola Coral da A. M. do Rosal. Xa pola noite, ás 21 horas a Agrupación tamén ofrecerá un concerto na Praza do Calvario.

8 jul 2008

D. Julio, recuperado e de novo na parroquia

D. Julio no seu despacho parroquial
Despois de varios meses convalecente, o crego D. Julio Ramos volta a facerse cargo da tarefa pastoral da parroquia de Santa Mariña do Rosal. Aproveitamos para deixar constancia dalgúns datos biográficos do párroco.
D. Julio Ramos Rodríguez naceu o 11 de setembro de 1949 na parroquia de Santa Cruz de Sendelle (Crecente). Estudou Latín e Humanidades no Seminario Menor de San Paio de Tui e rematou Filosofía e Teoloxía no Maior de San Xosé de Vigo. Foi ordenado sacerdote en Vigo o 14 de setembro de 1975. Entre outros destinos estivo de abade en Vilasobroso, San Salvador de Teis ou na parroquia do Sagrado Corazón de Xesús, en Vigo. En canto a cargos, a nivel diocesano, que alternou coa pastoral, anótanse os de:
-Membro do Consello Diocesano de Economía (do ano 1981 ó 2001).
-Vicerreitor, administrador e profesor do Seminario Maior (de outubro de 1985 a xuño de 1997).
-Administrador da Escola de Maxisterio de Vigo (dende outubro de 1974 a setembro de 2004).
-Colaborador da Administración da Diócese (dende o ano 1983 ata o 2000).
Lembramos que foi nomeado abade-párroco de Santa Mariña da Vila do Rosal polo bispo Monseñor D. José Reboredo, tomando posesión o 1º de novembro de 2006, Día de Tódolos Santos.

3 jul 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. V)

Seguindo con esta sección, e a modo de curiosidade, deixámosvos unha imaxe e un vídeo da Agrupación Musical do Rosal, a finais da década dos 80. Non ten desperdicio... Para visualizar o vídeo facede click en: http://es.youtube.com/watch?v=1cB3dQuDN74

2 jul 2008

Oficina de Información Turística do Folón

O día 2 de xullo, abriu as súas portas a Oficina de Información Turística do Folón, ubicada no primeiro muíño ("Muíño das Laxes"). O seu horario será, de mércores a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Lémbrannos dende a Concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, que tamén está dispoñible o servizo de guía gratuíto no caso de desexar facer unha ruta polos muíños. Para máis información, no Concello ou nos teléfonos:
986 62 50 00 e 986 62 50 17.

Novos horarios do Concello

Dende o Concello infórmannos que a partir do día 1 de xullo o horario de atención ao público da Alcaldía será a partires da 9:30 horas. O Concello do Rosal modifica o seu horario de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro das 8:00 horas ás 14:00 horas. O horario da Biblioteca do 1 de xullo ao 29 de agosto é de luns a venres de 9:00 a 13:00. Nos meses de xullo e agosto non estarán en funcionamento os seguintes servizos: DNI, Unidade móbil ITV vehículos. O Consello Regulador reanudará a súa actividade para a campaña 2008-2009 no mes de novembro.

Actividades de verán coa mocidade

Segundo nos contan dende a Oficina de Información Xuvenil, ata o 17 de xullo estará aberto o prazo de inscrición nas actividades seguintes coa mocidade para realizar durante o verán: • Capoeira • Grafitti • Masaxes • Baile • Efectos especiais de Maquillaxe • Fotografía dixital no entorno • Pintura e estampado de camisetas • Automaquillaxe • Cócteles sen alcohol • Obradoiro de caricaturas As persoas interesadas poden anotarse no Centro Social Polivalente ou no teléfono 986 609450. Unha vez que se reúna o mínimo de persoas preinscritas que faga posible e viable a realización da actividade porémonos en contacto cos interesados aínda que non rematara o prazo de inscrición.

1 jul 2008

XVI Feira do Viño do Rosal

Os días 18, 19 e 20 de xullo terá lugar a XVI Feira do Viño do Rosal. O venres 18, ás 20:00 horas procederase á inauguración da Feira a cargo do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal. Haberá como tódolos anos visita aos expositores e degustación de viños do Rosal, todo isto acompaña-
dos da Charanga Os Jalácticos. O sábado 19 de xullo o recinto feiral abrirá as súas portas ás 11 da mañá, celebrándose unha "Cata Comen-
tada" á mesma hora, impartida por un profesional que comentará os caldos que se expoñen durante estes tres días de feira. A cata está dirixida a profesionais do eido vinícola. Para información e reservas: na Oficina Agraria Comarcal do Rosal e no teléfono 986 625166. Tamén sábado, pero pola tarde terá lugar o torneo I Minifútbol Feira do Viño no Campo de Fútbol da Mata. A partir das oito actuará a Charanga NBA. O domingo 20, clausurarase esta XVI Feira do Viño. A Charanga Apeles fará a súa aparición a partir das 20:00 horas. A Feira rematará ás 24:00 horas. Durante todos estes tres días e para acompaña-los viños, serán instalados diversos postos de produtos gastronómicos.
Durante os días da Feira, haberá SERVIZO GRATUÍTO DE AUTOBUSES. A saída da Guarda, a partir das 18:30 horas; os autobuses sairán "ás medias" da Guarda e a "en punto" do Rosal ata as 2:00 da mañá, agás o domingo, que rematará ás 24:00 horas.

Entrega de diplomas no Centro Cultural da Guarda

Como xa tiñamos anunciado, celebrouse hoxe día 1 de xullo, no Centro Cultural da Guarda a entrega de diplomas ás 38 asistentes do "Taller de estimulación de memoria", organizado pola Cruz Vermella do Baixo Miño. Lembramos que dende o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal desta asociación, desenrolan un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos, sendo os seus usuarios da Guarda, O Rosal e Oia. Presidiron o acto o Presidente Comarcal de Cruz Vermella, Paulino Baz Martínez, a Concelleira de Asuntos Sociais da Guarda, Mª Teresa Vicente Baz e o coñecido empresario José María Salcidos. As voluntarias e técnicas de Cruz Vermella foron as encargadas de entregar os diplomas, nun ambiente moi ameno e de amizade. Seguidamente, procedeuse nas instalacións do Centro Cultural a tomar un aperitivo. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe da nosa asistencia ao acto: http://es.youtube.com/watch?v=Fdqe0GEDZJs